P2091101 - Metodoloxías e Técnicas de Laboratorio Aplicadas á Anatomía Macroscópica e Microscópica (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Anatomía e Produción Animal
- Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO propósito desta materia é o de contribuír a desenvolver nos alumnos e alumnas as capacidades que se expresan nos seguintes obxectivos:
1. Comprender os fundamentos das técnicas máis relevantes empregadas nun laboratorio de anatomía macroscópica e microscópica de tal forma que o alumnado poida desenvolver estudos posteriores que requiran a utilización destas metodoloxías.
2. Aplicar os contidos que se estuden a situacións reais da investigación en anatomía macroscópica e microscópica.
3. Estudar de forma intuitiva conceptos que poidan encerrar dificultade nun estudo teórico e fundamental, estimulando aos alumnos e ás alumnas a que propoñan e estuden problemas prácticos, realizando deseños e expondo problemas abertos e fundamentados.
4. Desenvolver destrezas aplicables ao traballo de investigación, tanto de procura de documentación como experimentais.
5. Desenvolver habilidades para a utilización de ditas técnicas de modo práctico mediante a realización de sesións de laboratorio.
Contidos PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
1. Fundamentos da obtención de mostras: protocolos de perfusión e disección.
2. Fixación e preparación dos tecidos.
3. Sistemas de corte: Parafina, conxelación, vibratomo.
4. Procesado de cortes en flotación e sobre portas. Tampóns e solucións máis usuais empregadas.
4. Tincións histolóxicas básicas.
5. Tincións histoquímicas. Marcaxe histoquímico con lectinas.
6. Técnicas inmunohistoquímicas I: Anticorpos monoclonais e policlonais. Concepto. Produción. Caracterización.
7. Técnicas inmunohistoquímicas II: Procedementos.
8. Problemas e solucións desde un enfoque PBL (Problem Based Learning).
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
1. Perfusión e disección.
2. Fixación e inclusión de mostras biolóxicas.
3. Corte en parafina, conxelación, vibratomo.
4. Realización de tincións histolóxicas básicas: Hematoxilina-eosina, Nissl, PAS, Tricrómico de Masson, Orceína-Picroclorhídrico-fucsina e outras tinciones específicas dependendo da natureza do tecido estudado.
5. Marcaxe histoquímico con lectinas sobre portaobxetos.
6. Marcaxe inmunohistoquímico realizado en flotación e sobre portas.
SEMINARIOS
Proporanse temas de traballo que se axusten aos intereses científicos dos alumnos que deberán ser expostos ao termo do curso.
Bibliografía básica e complementariaBANCROFT, J.; STEVENS, A.: Theory and practice of histhological techniques. Ed.Churchill Livingstone, 4ª ed. 1999
PEINADO, M.A.; PEDROSA, J.A.; RODRIGO, J.: Avances en inmunocitoquímica y técnicas relacionadas. Ed. Universidade de Xaén 1996.
Antibody and Beyond. http://antibodybeyond.com
Immunohistochemistry World. http://ihcworld.com
Hanbdbook of immunohistochemical staining methods. 3ª edición. DAKO Thomas Boenisch ed.
Veterinary Histology: http://cal.vet.upenn.edu/projects/histo/Index.htm
http://www.ihcworld.com/_books/books.htm
Competencias1. Afondar no coñecemento do fundamento das técnicas experimentais de laboratorio.
2. Familiarizarse cos procedementos e o material de traballo de uso común nun laboratorio de anatomía macroscópica e microscópica.
3. Aprender as correctas prácticas de laboratorio.
4. Realizar as técnicas de laboratorio básicas seguindo un protocolo regulado.
5. Identificar problemas, recoñecer a sua orixe e adquirir a capacidade para modificar os protocolos.
6. Aprender a seleccionar, en base ao tecido, as técnicas laboratoriales máis adecuadas para a mellor preservación da sua estrutura e antixenicidade .
7. Manexo correcto do microscopio.
8. Aprendizaxe das técnicas básicas de microfotografía.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas: presentacións de Power Point, seminarios opcionais, tutorías personalizadas.
Prácticas de laboratorio.
Sistema de evaluaciónAvaliación continua baseada en controis escritos, traballos de clase, exposición de seminarios e cuestións realizadas ao longo dos períodos de tutoría (100% do total da nota). No caso de que o alumno non alcance o 50% da cualificación, deberá realizar un exame final escrito que promediará coa nota obtida na avaliación continua.
Tempo de estudo e traballo persoal 30 horas presenciais e 45 horas de traballo persoal.
Recomendacións para o estudo da materiaRequire do alumno un coñecemento básico da Anatomía Microscópica e Anatomía Macroscópica veterinarias