Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

P2091103 - Diagnóstico por Imaxe en Investigación Animal (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Anatomía e Produción Animal, Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas, Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Barreiro Lois, Andrés.SI
Fernández Trocóniz Revuelta, Patricia.NON
Santamarina Pernas, Germán.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Familiarizar ó alumno coas Técnicas de Diagnóstico por Imaxe de uso mais frecuente nos protocolos de investigación.
    Coñecer os riscos asociados á utilización de radiacións ionizantes e as normas de protección.

    Contidos
    PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS:

    SECCION I: ANATOMÍA
    Tema 1: Anatomía topográfica dos órganos torácicos en pequenos animais.

    Tema 2: Anatomía topográfica dos órganos abdominais e pelvianos en pequenos animais.

    SECCIÓN II: RADIOLOXÍA

    Tema 3: RADIACIÓNS IONIZANTES. Natureza, producción e propiedades das radiacións ionizantes. INSTALACIONES e EQUIPOS. Sala de raios X. Equipos de raios X. Tomografía Axial Computarizada. OBTENCIÓN E INTERPRETACIÓN DA IMAXE RADIOGRÁFICA. Factores de exposición. Calidade da imaxe. Medios de contraste. Dixitalización de imaxes.

    Tema 4: RADIOBIOLOXÍA e RADIOPROTECCIÓN. Efectos biolóxicos das radiacións ionizantes. Radioprotección. Lexislación.

    SECCIÓN III: ECOGRAFÍA

    Tema 5: PRINCIPIOS XERAIS EN ECOGRAFÍA. Principios físicos, equipos e material utilizado en ecografía. Modos de imaxe. Interpretación e control da imaxe ecográfica. Terminoloxía utilizada. Artefactos.

    Tema 6: ECOGRAFÍA ABDOMINAL EN PEQUENOS ANIMAIS. Preparación do paciente para a exploración ecográfica abdominal. Protocolo xeral de exploración.

    Tema 7: TÉCNICA XERAL DO EXAME ECOCARDIOGRÁFICO. Exame previo,
    posicionamento, suxección e sedación, ventás ecográficas.

    Tema 8: ECOCARDIOGRAFÍA BIDIMENSIONAL E MODO M: Técnicas de exame e criterios de normalidade. Principios das medias ecocardiográficas. Avaliación da función cardíaca.

    Tema 9: ECOCARDIOGRAFÍA DOPPLER. Doppler de fluxo color, espectral: pulsado e continuo.

    SECCIÓN IV: OUTROS MEDIOS DE DIAGNÓSTICO POR IMAXE

    Tema 10: RESONANCIA MAGNÉTICA. DIAGNÓSTICO MEDIANTE RADIONUCLEIDOS.


    PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS:

    - Topografía dos órganos torácicos en pequenos animais.
    - Topografía dos órganos da cavidade abdominal e pelviana en pequenos animais.
    - Instalación e equipos de raios X. Calidade da imaxe radiográfica.
    - Exploración ecográfica abdominal en pequenos animais.
    - Exploración ecocardiográfica en pequenos animais.


    Bibliografía básica e complementaria
    LIBROS DE CONSULTA:

    BOON, J.A.. Manual of Veterinary Echocardiography. 1st. edition. Williams & Wilkins. Baltimore, Maryland. 1998.

    BURK, R. L. e FEENEY, D. H., Small Animal Radiology and Ultrasonography. A Diagnostic Atlas and Text, W. B. Saunders Company, Philadelphia, 2003.

    FARROW, Ch. S.,Diagnóstico por Imagen del perro y el gato. Multimédica Ediciones Veterinarias, Barcelona, 2005.

    KEALY, J. K. e McALLISTER, H., Diagnostic Radiology and Ultrasonography of the Dog and Cat, 4ª edición, W. B. Saunders Company, Philadelphia, 2004.

    KÖNIG, H.E.; LIEBICH, H.G.. Anatomía de los animales domésticos. Tomos I e II. 2ª edición. Editorial Médica Panamericana. Madrid. 2005.

    NYLAND, T.G.; MATTOON, J.S.. Small Animal Diagnostic Ultrasound. 2nd. edition. W.B. Saunders Company. Philadelphia. 2002.

    THRALL, D. E. Textbook of Veterinary Diagnostic Radiology. 6th Ed. W. B. Saunders Company. Philadelphia. 2013.

    PENNINCK, D.; D'ANJOU, M. A. Atlas de ecografía en pequeños animales. Multimédica. Sant Cugat del Vallés. Barcelona. 2010.


    PÁXINAS WEB DE INTERESE:
    - American College of Veterinary Radiology (http://www.acvr.org/)

    - European Association of Veterinary Diagnostic Imaging (http://www.eavdi.org)

    - “Canine Planar Anatomy Atlas” (http://vanat.cvm.umn.edu/planar)

    Competencias
    - Dominar a anatomía topográfica dos órganos torácicos, abdominais e pelvianos en pequenos animais.
    - Coñecer as medidas de protección radiolóxica aplicables a unha instalación radiactiva.
    - Manexar os equipos de radiodiagnóstico e empregar o material necesario para a exploración radiográfica.
    - Saber o protocolo de actuación na exploración radiolóxica e a utilidade de outros medios de diagnóstico por imaxe en investigación.
    - Manexar os equipos e o material necesario para realizar unha boa exploración ecográfica.
    - Interpretar e controlar a imaxe obtida co ecógrafo.
    - Realizar protocolos de exploración ecográfica abdominal e ecocardiográfica en pequenos animais.


    Metodoloxía da ensinanza
    Docencia Teórica: 10 horas.
    Docencia Práctica: 10 horas por alumno.
    - 3 horas na sala de disección de Anatomía.
    - 7 horas no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina.
    Seminarios: 4 horas.
    Titorías: 4 horas.
    Avaliación: 2 horas.

    Sistema de evaluación
    Realizaremos avaliación continua da materia formulando preguntas curtas nas clases de teoría e nos seminarios e con controis de asistencia e aproveitamento das prácticas. Cando o alumno non acade o resultado desexado na avaliación continua, poderá realizar unha proba final que consistirá nun exame teórico-práctico da materia. Para a CUALIFICACIÓN FINAL terase en conta a avaliación continua e, no seu caso, tamén a proba final, supoñendo o 50% da cualificación final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de estudio e traballo persoal que debe dedicar un estudiante para superar a materia:

    Horas presenciais:30

    Teóricas 10
    Prácticas 10
    Seminarios 4
    Titorías 4
    Avaliación 2


    Horas de traballo autónomo:45

    Teóricas 15
    Prácticas 10
    Seminarios 16
    Titorías 0
    Avaliación 4


    ECTS:3

    Teóricas 1,0
    Prácticas 0,8
    Seminarios 0,8
    Titorías 0,16
    Avaliación 0,24




    Recomendacións para o estudo da materia
    É necesaria a asistencia ás clases teóricas, prácticas e seminarios. Recoméndase consolidar os coñecementos adquiridos mediante consulta de textos e páxinas web de interese, así como facer uso do apoio titorial.