Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

P2091104 - Anatomía Patolóxica Aplicada ao Estudo das Enfermidades en Investigación Animal (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ PEÑA, MONICA.NON
QUIROGA BERDEAL, MARIA ISABEL.SI
Vázquez Rodríguez, Sonia.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Aplicar a técnica de necropsia á investigación animal.

    Coñecer a técnica da toma de mostras para microscopía óptica, electrónica e para a realización de análises complementarias: bacteriolóxicos, virolóxicos, serolóxicos, parasitolóxicos, toxicolóxicos,...

    Coñecer os fundamentos e a linguaxe da técnica histopatolóxica.

    Aplicar os coñecementos sobre lesións e patoxenia lesional ás enfermidades obxecto de estudo en investigación animal.

    Ser capaz de interpretar e sintetizar os resultados dun estudo morfopatolóxico, coordinándoos con outros estudos dándolle ó traballo de investigación un carácter multidisciplinar.

    Transmitir os coñecementos fundamentais sobre patoloxía oncolóxica e proporcionar a formación básica para a interpretación, diagnóstico e prognóstico das diferentes neoplasias animais.

    Formar na utilización das fontes bibliográficas.

    Contidos
    PROGRAMA TEÓRICO
    1. A necropsia en investigación animal. Toma de mostras para estudos de microscopía óptica, electrónica e estudos complementarios. Exemplos prácticos. (3 horas presenciais).
    2. A citoloxía en investigación animal. Toma e manexo de mostras. Discriminación de procesos inflamatorios e tumorais (3 horas presenciais).
    3. A oncoloxía en investigación animal. Nomenclatura, clasificación, etiopatoxenia e carcinoxénesis. Métodos de diagnóstico e prognóstico. Marcadores tumorais (3 horas presenciais).

    PROGRAMA PRÁCTICO
    1. A técnica de necropsia en diferentes especies. Realización de fixadores e toma de mostras (4 horas presenciais).
    2. A citoloxía. Toma e manexo de mostras. Discriminación de procesos inflamatorios e tumorais (4 horas presenciais).
    3. Valoración macroscópica e microscópica de neoplasias e a súa diferenciación con outros crecemientos non tumorais. Marcadores tumorais tisulares (4 horas presenciais).

    RESOLUCIÓN DE CASOS
    Cada estudante deberá preparar un caso práctico para a súa presentación pública. A elaboración do caso será titorizado por parte do profesor (durante ese tempo o alumno ocuparase de observar as preparacións histopatolóxicas, expor dúbidas ó profesor, consultar a bibliografía…) e incluirá o traballo individual por parte do alumno para a resolución do caso e a preparación da presentación do caso clínico en soporte gráfico (procura de bibliografía, análise, elaboración da presentación escrita e oral…). A presentación oral realizarase nun máximo de 30 minutos/caso clínico, contando cos medios audiovisuais adecuados para a súa correcta presentación. A asistencia a esta sesión será obrigatoria para os alumnos do curso. Valorarase positivamente a participación dos asistentes na discusión do caso presentado.
    Finalmente, os estudantes entregarán informes dos casos propostos durante o desenvolvemento do curso, acompañados dunha discusión razoada de acordo coa bibliografía consultada.

    Bibliografía básica e complementaria
    ANATOMÍA PATOLÓXICA XERAL
    CHEVILLE, N. F. (2006). Introduction to Veterinary Pathology. 3rd Edition. Blackwell Publishing. Ames. Iowa. USA.
    KITT, T.H. & SCHULTZ, L.C. (1985). Tratado de Anatomía Patológica General para Veterinarios y Estudiantes de Veterinaria. Ed. Labor, Barcelona.
    KUMAR, V., ABBAS, A.K., FAUSTO, N., ASTER J. (2010). Robbins and Cotran Pathologic basis of Disease. 8th Edition. Saunders, Elsevier. Philadelphia.
    McGAVIN, M. D. & Zachary, J.F.(2007). Pathologic basis of Veterinary Disease. 4th ed. Ed. Mosby, St. Louis. Missouri.
    ROBBINS S.L. (1999). Manual de Patología Estructural y Funcional. 7ª Edición. Ed. MacGraw-Hill Interamericana. Madrid.
    SLAUSON D.O. & COOPER B.J. (2002). Mechanisms of Disease. A Textbook of Comparative General Pathology 3rd edition. Ed. Mosby, St. Louis. Missouri.
    THOMSON, R. G. (2001). Anatomía Patológica General Veterinaria. Acribia. Zaragoza.
    ANATOMÍA PATOLÓXICA ESPECIAL
    DAHME, E. & WEISS, E. (1989). Anatomía Patológica Especial Veterinaria. Ed. Acribia, S.A. Zaragoza.
    JONES, T.C., HUNT, R.D. KING, N.W. (1997). Veterinary Pathology. 6th Edition. Ed. WILLIAMS & WILKINS. Baltimore. USA.
    JUBB, K.V.F.; KENNEDY, P.C. & PALMER, N. (2007). 3 tomos. Pathology of Domestic Animals. Ed. M Grant Maxie. 5th ed. Ed. Saunders Elsevier. Edinburgh.
    McGAVIN, M.D., CARLTON, W.W., ZACHARY, J.F. (2001). Thomsom´s Special Veterinary Pathology, 3rd Edition. Mosby, Inc. St. Louis, Missouri. USA.
    McGAVIN, M. D. & Zachary, J.F.(2007). Pathologic basis of Veterinary Disease. 4th ed. Ed. Mosby, St. Louis. Missouri.
    MEUTEN, D. J. (2002). Tumors in domestic animals. 4th ed. Iowa State Press.
    ATLAS
    BLOWEY, R.W. & WEAVER D.A. (2003). 2nd edition. Color Atlas of Diseases and disorders of Cattle. Mosby, London.
    DIJK, J.E., GRUYS, E., MOUWEN, J.M.V.M. (2007). Color atlas of veterinary pathology: general morphological reactions of organs and tissues. 2nd Edition. Saunders-Elsevier, Edinburgh.
    LINKLATER, K.A. & SMITH, M.C. (1993). Color Atlas of Diseases and Disorders of the Sheep and Goat. WOLFE PUBLISING. England.
    MOUWEN, J.M.V.M. & GROOT, E.C.B.M. (1982). A color atlas of veterinary pathology. Wolfe Medical Publications LTD.
    RANDALL, C.J. & REECE, R.L. (1996). Color atlas of avian histopathology. Mosby-Wolfe Inc. London.
    SMITH, W.J., TAYLOR, D.J. & PENNY, R.H.C. (1990). Atlas en color de patología porcina. INTERAMERICANA McGRAW-HILL. Madrid.

    Competencias
    1. Tomar mostras de forma adecuada no cadáver, tanto para estudos histopatolóxicos e complementarios.
    2. Redactar informes de necropsia.
    3. Integrar os resultados dos estudos anatomopatolóxicos coas demais análises complementarias, potenciando a visión interdisciplinar dos problemas.
    4. Relacionar e aplicar os coñecementos a outros ámbitos, valorando a importancia que ten a Anatomía Patolóxica en investigación animal.
    5. Comunicar de maneira oral e escrita os resultados obtidos no seguimento de casos clínicos, tentando mellorar a capacidade de exposición e de síntese.
    6. Potenciar o traballo en equipo e na toma de decisións.
    7. Fomentar a aprendizaxe autónoma empregando a metodoloxía habitual en Anatomía Patolóxica.
    8. Coñecer e usar as fontes bibliográficas, tanto en lingua propia como noutras de relevancia no ámbito científico, especialmente o inglés.

    Metodoloxía da ensinanza
    Basearase, sobre todo, na aprendizaxe baseada na resolución de problemas.
    Sistema de evaluación
    Realizarase avaliación continua ó longo do curso tendo en conta a asistencia a clases presenciais, participación activa dos alumnos nas mesmas e na resolución e presentación do caso clínico proposto.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL NA AULA

    Clases maxistrais: 9 h
    Prácticas de laboratorio: 12 h
    Titorías en grupos reducidos ou individualizadas: 3 h
    Total horas de traballo presencial: 24

    TRABALLO NO PRESENCIAL DO ALUMNO

    Estudo individual: 13,5 h
    Elaboración de memorias de prácticas: 2,5 h
    Elaboración de traballos: 3 h
    Revisión bibliográfica, biblioteca, etc: 2 h
    Resolución de casos/problemas: 24 h
    Presentacións orais: 4 h
    Realización de exames: 2 h
    Total horas de traballo persoal do estudante: 51 h


    TOTAL HORAS DO ESTUDANTE: 75 h

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia a clases presenciais
    - Utilización do material aportado polo profesorado como guía de estudo: artigos de investigación, libros, información a través de Internet…
    - Empleo das fontes bibliográficas recomendadas: libros de texto, atlas de imaxes, páxinas Web …
    - Uso regular das horas de titorías.
    - Traballo constante ó longo de todo o curso.