P2091105 - Medicina Veterinaria: Manexo de Animais e Mostras Biolóxicas (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias Clínicas Veterinarias
- Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO atractivo deste seminario radica no seu especial interese para a túa vida profesional xa que un correcto manexo e toma de mostras, tanto en grandes como en pequenos animais, é esencial para o desenvolvemento da clínica veterinaria.
Logo de realizar este seminario, debedes ser capaces de:
- Realizar un correcto manexo de animais en función das patoloxías que padecen.
- Ser capaces de obter diferentes tipos de mostras en función das patoloxías que presentan os pacientes, que nos axudarán para aproximar o diagnóstico.
- Realizar un correcto manexo das mostras obtidas.
- Suscitar un protocolo de investigación e toma de mostras, tanto para resolver problemas concretos, como para previr alteracións futuras.
ContidosPROGRAMA DE CLASES TEÓRICO/PRACTICAS
Tema 1. Manexo de animais e toma de mostras de pacientes con patoloxías cardio-respiratorias.
Tema 2. Manexo de animais e toma de mostras en pacientes con patoloxías gastrointestinales.
Tema 3. Manexo de animais e toma de mostras en pacientes con patoloxías nefrourinarias e endocrinas.
Tema 4. Manexo de animais e toma de mostras en pacientes con patoloxías nerviosas.
Bibliografía básica e complementariaKittleson, M.D., Kienle, R.D. (2000) Medicina cardiovascular de pequeños animales. Multimédica, Barcelona.
Fuentes, V.L., Swift, S.T. (2000) Manual de medicina y cirugía cardiorrespiratoria en pequeños animales. Colección BSAVA. Ediciones S, Barcelona.
Tams, T.R. (2005) Manual de gastroenterología en animales pequeños. 2ª ed. Intermédica.
Osborne, C.A., Finco, D.R. (1995) Canine and feline nephrology and urology. Lippincott: Williams & Wilkins, Philadelphia.
Oliver, J.E., Lorenz, M.D., Kornegay, J.N. (2003). Manual de neurología veterinaria. 3ª ed. Multimédica, Barcelona.
Melián, C, Pérez MD, Kooistra H, Peterson ME, Díaz M (2008). Manual de endocrinología de pequeños animales. Multimédica.
King, L.G. (2006). Enfermedades respiratorias del perro y el gato. Multimédica.
http://www.vmth.ucdavis.edu/vmth/clientinfo/info/k9rentrans.html
PubMed/Web of Science: revisión bibliográfica actualizada.
http://www.vetlearn.com/
http://www.vin.com/
CompetenciasCompetencias/destrezas/habilidades que debe desenvolver o alumno:
Unha vez desenvolvido este seminario serás capaz de:
- Manexar animais con diferentes patoloxías.
- Tomar diferentes tipos de mostras en función das patoloxías.
- Realizar un correcto manexo das mostras tomadas.
- Buscar e interpretar adecuadamente información actualizada sobre o manexo de animais e toma de mostras e terás capacidade de traballo autónomo a partir das mesmas.
- Toma de decisións sobre otipo de mostras que serán máis útiles para chegar a un diagnóstico.
Metodoloxía da ensinanza Combinarase o ensino teórico coa práctica. A teórica desenvolverase mediante presentacións Power-Point, tentando a máxima participación dos alumnos. Os últimos minutos dedicaranse a preguntas e debate.
Na parte práctica contarán con animais sobre os que desenvolver os coñecementos adquiridos na parte teórica.
Sistema de evaluaciónValorarase a asistencia ás clases teóricas, ás prácticas e aos seminarios, así como, o nivel de aproveitamento mediante avaliación continua.
Tempo de estudo e traballo persoal Horas presencias Factor traballo autónomo Horas totais ECTS
Teórico-práctico20 2.4 48 68 2.8
Tutorías 6 0 0 6 0.2
Total 27 48 75 3.0
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia a clase
Participación activa
Estudo continuado