Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

P2091201 - Artroloxía e Cirurxía Articular (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Anatomía e Produción Animal, Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas, Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ALEMAÑ POSADAS, NURIA VICENTA.NON
Cifuentes Martinez, Jose Manuel.SI
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecer a estrutura anatómica e as propiedades biomecánicas das articulacións, especialmente das que máis frecuentemente son asento de patoloxías (as de extremidades e columna vertebral).

    Familiarizar ó alumno coas técnicas de Cirurxía Articular máis utilizadas nos protocolos clínicos e de investigación.
    Contidos
    PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS:
    - Artroloxía: definición, clasificación, tipos de articulacións, biomecánica.
    - Membro torácico: articulacións de ombro, cóbado, carpo, metacarpo e dedos. Anatomía, abordaxes e técnicas cirúrxicas.
    - Membro pelviano: articulacións de cadeira, xeonllo, tarso, metatarso e dedos. Anatomía, abordaxes e técnicas cirúrxicas.
    - Columna vertebral: articulacións intervertebrais. Anatomía, abordaxes e técnicas cirúrxicas.

    PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS:
    - Disección das articulacións en varias especies animais.
    - Abordaxes cirúrxicos ás diferentes articulacións.
    - Tratamento cirúrxico de diferentes patoloxías: luxacións, fracturas, osteocondrite.
    Bibliografía básica e complementaria
    Denny HR. A guide to canine and feline orthopaedics surgery. Oxford: Blackwell Scientific Publications, 1993.
    Denny HR. Equine fractures. Londres: Butterworth Co., 1989.
    Denny HR. Treatment of equine fractures. Londres: Wright, 1989.
    Denny M. Fundamentos de cirugía ortopédica. Zaragoza: Acribia, 1982.
    Dyce KM, Sack WO, Wensing CJG. Textbook of Veterinary Anatomy. 3ª ed. Philadelphia: Saunders, 2002.
    König HE, Liebich HG. Anatomía de los animales domésticos. Texto y atlas en color. Tomos 1 y 2. 2ª ed. Buenos Aires: Médica Panamericana, 2004.
    Leighton RL. Small animal orthopaedics. Londres: Wolfe, 1993.
    McIlwraith C. Diagnostic and surgical arthroscopy in the horse. 2ª ed. Philadelphia: Lea and Febiger, 1990.
    McIlwraith C. Diagnostic and surgical arthroscopy in the horse. 2ª ed. Philadelphia: Lea and Febiger, 1990.
    McIlwraith CW. Diagnostic and surgical arthroscopy in the horse. Filadelfia: Lea and Febiger, 1986.
    Müller ME, Allgöwer M, Schneider R, Wienegger H. Manual de osteosíntesis. Técnica AO. 2ª ed. Barcelona: Editorial Científico-Médica, 1980.
    Newton CD, Nunamaker DM. Textbook of small animal orthopaedics. Philadelphia: Lippincott Co., 1985.
    Nixon AJ. Equine fracture repair. Philadelphia: WB Saunders Co., 1996.
    Piermattei DL, Flo GL. Brinker, Piermattei, and Flo’s handbook of small animal orthopedics and fracture repair. Filadelfia: WB Saunders Co., 1997.
    Piermattei DL. Atlas de abordajes quirúrgicos de huesos y articulaciones en perros y gatos. 3ª ed. México: McGraw-Hill-Interamericana, 1993.
    Stashack TS. Adam's lameness in horses. Philadelphia: Lea and Febiger, 1987.
    Competencias
    - Coñecemento da estrutura e das propiedades funcionais das articulacións.
    - Coñecemento das patoloxías articulares máis frecuentes.
    - Dominio das abordaxes cirúrxicas ás diferentes articulacións.
    - Emprego dos diferentes tratamentos específicos para as patoloxías articulares.
    Metodoloxía da ensinanza
    Sesións teóricas participativas nas que a exposición de cada profesor será ilustrada cos exemplos e materiais adecuados, de maneira que os conceptos queden claros ao remate de cada sesión.

    Sesións prácticas nas que os alumnos farán diseccións para acceder ás articulacións que se abordaron previamente nas sesións teóricas. Nunha segunda fase se lles mostrarán as abordaxes cirúrxicas ás devanditas articulacións, abordaxes que eles terán que exercitar a continuación de xeito autónomo.

    Asistencia a intervencións de Cirurxía Articular e artroscopias no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, tralo cal os alumnos deberán elaborar un traballo sobre un caso clínico real e presentalo ante o resto de compañeiros e profesores.
    Sistema de evaluación
    Terase en conta a asistencia ás sesións teóricas, prácticas e de presentación de traballos. O traballo elaborado e presentado polo alumno tamén terase en conta para completar a avaliación total da materia. No caso no que esta avaliación continua teña un resultado negativo, levarase a cabo un exame final teórico-práctico.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TOTAL HORAS DE TRABALLO PRESENCIAL: 30 horas
    Sesións teóricas: 9 horas
    Sesións prácticas: 12 horas
    Exposición de traballos: 6 horas
    Titorías: 3 horas

    TOTAL HORAS DE TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE: 45 horas
    Estudo individual (x 1,5): 14 horas
    Asistencia a intervencións cirúrxicas: 15 horas
    Elaboración de traballo: 10 horas
    Revisión bibliográfica: 5 horas
    Realización de exame: 1 hora
    Recomendacións para o estudo da materia
    É necesaria a asistencia ás sesións teóricas, prácticas e de presentación de traballos. Recoméndase a consulta de fontes de información sobre Anatomía e Cirurxía Veterinaria, ase como empregar o tempo destinado as titorías.