P2091203 - Medicina Veterinaria: Investigación en Metabolismo Animal (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias Clínicas Veterinarias
- Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO atractivo deste seminario radica no seu especial interese para a túa vida profesional xa que el coñecemento do metabolismo animal, tanto en grandes como en pequenos animais, é esencial para o desenvolvemento da clínica veterinaria. Trataremos de afondar máis alá da clínica habitual centrándonos fundamentalmente en protocolos de actuación para o control e prevención de enfermidades metabólicas no gando vacún de producción leiteira.
Despois de realizar este seminario, teredes que ser capaces de:
• Recoñecer na práctica clínica diferentes enfermidades metabólicas.
• Propoñer as diagnoses diferenciais partindo dun protocolo e seleccionar as técnicas máis adecuadas que permitan concretar a diagnose.
• Propor diferentes alternativas de tratamento.
• Coñecer as medidas profilácticas que se deben establecer, no só individualmente senón na colectividade.
• Propoñer un protocolo de investigación, tanto para resolver problemas concretos, como para previr alteracións futuras.
ContidosPROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
Tema 1. Metabolismo enerxético: Cetose bovina. Síndrome da vaca gorda. Medicina da producción: profilaxe e control.
Tema 2. Alteracións do metabolismo do calcio e fósforo. Hipocalcemia. Profilaxe e control.
Tema 3. Alteracións do metabolismo do magnesio. Tetania hipomagnesémica.
Tema 4. Metabolismo dos minerais traza: implicacións na fertilidade bovina.
Tema 5. Estudio e exposición dun protocolo de investigación para resolver un problema real.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
Práctica 1. Protocolo de control de cetose e enfermidades do postparto. Toma de mostras.
Práctica 2. Protocolo de tratamento e profilaxe de hipocalcemia.
Práctica 3. Prevención e control de hipomagnesemia.
Práctica 4. Protocolo de tratamento e control de desequilibrios minerais. Toma de mostras.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía:
• Andrieu S (2008). Is there a role for organic trace element supplements in transition cow health? Vet J. 176:77-83.
• DeGaris PJ, Lean IJ (2008). Milk fever in dairy cows: A review of pathophysiology and control principles. Vet J. 176:58-69.
• Radostits, O.M., Gay, C.G., Clive, C., Blood, D.C., Hinchcliff, K.W. (2001). Medicina Veterinaria: Tratado de las enfermedades del ganado vacuno, ovino, porcino, caprino y equino. Interamericana-McGrawHill. Madrid.
• Smith, B.P. (2008). Large animal internal medicine. 4rd ed. Mosby Inc, St. Louis.
• Underwood, E.J., Suttle, N.F. (2002) Los minerales en la nutrición del ganado. 3ª ed. Acribia, Zaragoza.
• PubMed/Web of Science: revisión bibliográfica actualizada.
CompetenciasUna vez cursado este seminario serás capaz:
• Buscar e interpretar adecuadamente información actualizada acerca do metabolismo animal a partir das fontes de información actuais e terás capacidade de traballo autónomo a partir de las mesmas.
• Estructurar correctamente unha charla para satisfacer las expectativas da audiencia e facer unha presentación eficaz da información a transmitir.
• Toma de decisións, este aspecto desenvolverase maioritariamente nas clases prácticas.
• Capacidade de comunicarse con persoas de diferentes entidades para resolver los problemas propostos.
• Capacidade de aplicar coñecementos na práctica. Este aspecto desenvolverase durante a abordaxe dos diferentes casos clínicos.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos do seminario estructuranse fundamentalmente en clases teóricas (cunha asignación de 10 horas). Estas clases serán expostas con axuda de ferramentas informáticas audiovisuais (PowerPoint, clips de vídeo dixital, etc.) e bases de datos para dispoñer de bibliografía actualizada. As clases prácticas (cunha asignación de 10 horas) estimulan a capacidade de relación entre os coñecementos teóricos e os prácticos reforzando ambos. No obstante, o obxectivo primordial será a participación activa do alumnado. Os alumnos deberán desenvolver e expoñer un caso.
Sistema de evaluaciónAvaliación continua: teranse en conta factores como a atención e dedicación dos alumnos ao traballo teórico e práctico (50%)
Realización e exposición do caso (50%)
Tempo de estudo e traballo persoalParticipación activa na clase e estudio e exposición dun caso
H. presenciais Factor H. traballo autónomo Horas totais ECTS
Teóricas 10 1.5 15 25 1
Titorías 6 0 0 6 0.2
Caso clínico 1 13 13 14 0.6
Prácticas 10 2 20 30 1.2
Total 27 48 75 3.0
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia a clase
Participación activa, tanto en clases teóricas como prácticas
Estudio continuado