Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

P2091204 - Dermatoloxía Veterinaria (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
GOICOA VALDEVIRA, ANA MARIA.SI
LOPEZ PEÑA, MONICA.NON
SUAREZ REY, MARIA LUISA.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O principal obxectivo da materia será a ensinanza dos principais métodos diagnósticos en dermatopatía veterinaria, baseándonos nunha correcta obtención da historia clínica do doente, correlacionando coas lesións e outros signos que presente o animal enfermo. A partires delo, o alumno debe ser quen de emitir aqueles diagnósticos probables, aqueles posibles pero menos probables e finalmente aqueles que fosen imposibles ou moi improbables. Para elo apoiaranse na metodoloxía directa de observación do material dermatolóxico usando microscopía óptica e outros métodos laboratoriais de diagnóstico.
    Contidos
    PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
    Aproximación ao diagnóstico clínico en Dermatoloxía Veterinaria.(2 horas)
    Dermatitis alérxicas (2 horas)
    Dermatopatías autoinmunes (2 horas)
    Alopecias hereditarias, conxénitas e adquiridas (1 horas)
    Neoplasias dérmicas (2 horas)
    PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
    Obtención de mostras e o seu procesado (2 horas)
    Identificación de las lesiones (4 horas)
    Tipos de lesions histopatolóxicas (1 horas)
    Interpretación dun informe anatomopatolóxico (1 horas)
    Tumores de pel (2 horas)
    Resolución e interpretación dun caso clínico (2 horas)

    Bibliografía básica e complementaria
    Meuten, D.J. (2002): Tumors in domestic animals. 4ª ed. Blackwell Publisher Ltd. London.
    Medleau, Hnilica: Dermatología de pequeños animales. Elsevier Saunders, 2ª edición, 2007.
    Moulton , J. E. (1990): Tumors in domestic animals. 3ª ed. University of California Press. California.
    Rejas: Dermatología Práctica en el perro y gato. Consulta de Difusión Veterinaria, 2007
    Scott, D. W., Miller, W. H., Jr., Griffin, C. E. (2001): Muller and Kirk's Small Animal Dermatology. 6ª ed. W. B. Saunders Company. Philadelphia.
    Yager, J. A., Wilcock, B. P. (1994): Color atlas and text of Surgical Pathology of the dog and cat. Vol 1. Dermatopathology and skin tumors. Mosby. London.
    Competencias
    O alumno deberá ser quen de elaborar unha correcta historia clínica, de realizaren unha correcta exploración das lesións que presenta o animal. Será capaz de tomar mostras e realizar todas aquelas probas complementarias ao diagnóstico que sexan precisas, procesalas e a partir de todo elo establecer un correcto protocolo diagnóstico, así coma o tratamento indicado. Así mesmo, aprenderá a interpretar as lesións que se observan nunha preparación histolóxica e de interpretar correctamente un informe anatomopatolóxico.
    Metodoloxía da ensinanza
    O curso impartiráse en clases teóricas e prácticas. As clases prácticas levaránse a cabo nas consultas do Hospital Clínico Veterinario Rof Codina e nas salas de microscopios da Unidad de Anatomía Patolóxica Veterinaria.
    Sistema de evaluación
    Levarase a cabo unha evaluación continua do alumno, tendo en conta o seu rendemento en cada un dos módulos deste seminario.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Os alumnos adicarán 30 horas ao estudio e 24 máis de traballo persoal, adicadas principalmente á elaboración de traballos (8 horas), búsquedas bibliográficas (6 horas), elaboración de informes e resolución e interpretación de casos clínicos (4 horas), presentacions orais (3 horas) e elaboración de memorias de prácticas (3 horas).

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia obrigatoria a tódalas clases teóricas e prácticas. Repaso dos conceptos aprendidos durante a licenciatura nas distintas materias que atinxen á Dermatoloxía.