Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

P2091206 - Fotografía Dixital Aplicada á Investigación en Veterinaria (Módulo Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Anatomía e Produción Animal
  • Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BERMUDEZ POSE, ROBERTO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Co seguinte curso preténdese que os alumnos adquiran coñecementos e habilidades xerais en:
    -Fotografía Dixital macroscópica e microscópica.
    -O emprego da cámara dixital.
    -O Fotomicroscopio.
    -Os programas de retoque fotográfico.
    - O manexo e impresión dos arquivos fotográficos.

    O obxetivo fundamental do curso é que os alumnos sexan capaces de aplicar estes coñecementos á Fotografía Científica.

    Contidos
    1. A cámara dixital.
    A cámara dixital vs. a cámara analóxica.
    O fotomicroscopio.
    O enfoque: os obxetivos, o autofoco, o desenfoque, a profundidade de campo.
    A exposición: a luz e o seu tratamento ca cámara dixital, ¿coma miden a luz as cámaras dixitais?, a sensibilidade, o ruído da imaxe, os histogramas, o balance de brancos.
    Resolución da imaxe dixital.
    Fotografía co flash.

    2. Normas básicas do encadre e da composición fotográfica en fotografía para veterinarios: o encadre, os elementos que nos interesa resaltar, os fondos,..

    3. O programa de retoque fotográfico:
    Preparar a fotografía e axeitar a composición.
    Emprego de máscaras, filtros e capas.
    Colorear partes, mellorar a cor da fotografía.
    Restaurar imperfeccións.
    Eliminar ruído.
    Enfoque e desenfoque.
    Luces e sombras.
    Eliminar manchas, pelos, sombras, moscas,..
    Da fotografía en cor ó branco e negro, corrección da lente, outras técnicas de reparación da imaxe.
    Tratamento da imaxe por zonas: ferramentas de selección, técnicas de selección, máscara de luminancia.
    Preimpresión: axustes previos á saída, tamaño de saída, interpolación, virados, degradados, viñetado.

    Bibliografía básica e complementaria
    Caplin, Steve.Photoshop CS3. (2008). Retoque y montaje. Ed. Anaya

    Mellado, José María. (2007). Fotografía digital de alta calidad. Ed. Artual, Multimedia. Madrid.S.L.4ª Ed.. Barcelona.

    Competencias
    - Adquisición de coñecementos básicos no manexo da cámara dixital.
    - Emprego de diversos programas de retoque fotográfico.
    - Elaboración dunha bibliografía correcta, coherente cas normas internacionais, actualizable e fácil de implementar na edición final do manuscrito.
    - Adquisición dunhas normas elementais de ortotipografía e edición.
    - Recoñecemento das normas ortográficas básicas, uso de traducións, siglas e abreviaturas universais.
    - Emprego de ferramentas informáticas e dixitais mais habituais.

    Metodoloxía da ensinanza
    Los alumnos recibirán clases teórico-prácticas sobre coma realizar fotografías científicas, tanto macroscópicas coma microscópicas, a partir do material proporcionado.
    As clases impartiranse co equipamento dispoñible no Departamento de Anatomía e Produción Animal e cos ordenadores portátiles dos propios alumnos – especialmente nos aspectos relacionados co tratamento dos arquivos fotográficos- ademais de facilitarlles unha colección de arquivos suficiente para poder realizar as prácticas adecuadamente.
    Os alumnos realizarán as prácticas de retoque fotográfico nos seus ordenadores e finalmente expoñerán nun exercicio de presentación os resultados obtidos e as diversas técnicas empregadas.

    Sistema de evaluación
    Os alumnos evaluaránse mediante un sistema de evaluación continua que terá en conta:
    Asistencia ó curso
    Participación no mesmo
    Resultados da presentación do seu traballo persoal

    Tempo de estudo e traballo persoal
    -Tempo non presencial: 1 hora de estudio persoal por hora de clase teórico-práctica
    -2h para a elaboración da presentación final do curso

    Recomendacións para o estudo da materia
    É desexable ter coñecementos básicos sobre o funcionamento da cámara dixital a empregar. Do mesmo xeito, recoméndase acudir o curso dotado/a cunha cámara dixital e un ordenador portátil, de xeito que se poidan realizar as leccións teórico-prácticas pertinentes.