Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

P2111202 - Comportamento e Protección Animal (Módulo II: Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Anatomía e Produción Animal
  • Áreas: Produción Animal
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
IGLESIAS BECERRA, ANTONIO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1.Coñecer os test de comportamento animal
    2.Introducir a importáncia da xenética do comportamento
    3.Redactar programas comunitarios de protección animal
    4.Coñecer e discutir a lexislación sobre protección animal
    Contidos
    PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS

    1.Xeitos científicos da protección animal.
    2.Bases do comportamento animal; análise dos distintos test de comportamento.
    3.A xenética do comportamento animal.
    4.Protocolos e procedimentos de traballo na protección animal.
    5.Programas comunitarios.

    PROGRAMA DE CLASES PRÁTICAS

    Sistemas de observación do comportamento
    Elaboración de protocolos.

    SEMINÁRIOS

    Análise crítico dos test de comportamento utilizados en investigación animal para distintas espécies gandeiras. Suposto prático dun protocolo de protección animal
    Bibliografía básica e complementaria
    Broom D.M., Johnson K.G. 1993. Stress and animal welfare. Chapman Hall, Londres.
    Campo J.L., Gil M.G., Dávila S.G. 2002. El bienestar de los animales domésticos. XI Reunión de Mejora Genética, Pamplona.
    Cantalapiedra, J. 2008. Manual de formación en material de transporte animal. Xunta de Galicia.
    Fraser A.F., Broom D.M. 1990. Farm animal behaviour and welfare. Balliere Tindall,
    Herranz, A., López J. 2002. Bienestar animal. Ed. Agrícola. Española.
    LondoNicholas F.W. 1996. Introduction to veterinary genetics. Oxford University Press, Oxford.

    Competencias
    Coñecemento dos xeitos que afectan o comportamento no vacún e adaptación do ganando os sistemas de cria. Coñecemento da lexislación de protección animal e a sua aplicación prática
    Metodoloxía da ensinanza
    As clases teóricas conxugarán-se coa resolución simultánea de casos práticos xurdidos da nosa prática diária como entidade prestataria de servizos, permitindo ver a importáncia real das actividades relacionadas con esta matéria. Consideramos que este proceso xunto co traballo autónomo favorecerá a comprensión da matéria, da sua importáncia e aplicacións na vida profesional.
    Xerará-se un curso virtual dentro da WebCT da Universidade, onde se exporán os diferentes temas teóricos expostos polos profesores, xeraranse foros para as dúbidas e suxestións, asi como un foro específico para cada un dos traballos a realizar os alumnos, onde se entregarán e poderán preguntar dúbidas e discutir entre eles mesmos as posíbeis solucións e resultados

    Sistema de evaluación
    Para superar a matéria será suficiente con asistir ás actividades presenciais, a exposición dun seminário e a elaboración das correspondientes memórias. A avaliación será contínua. Convocrase a exame os alumnos que por causas xustificadas non podan asistir ou realizar algunha das actividades programadas.

    Aspecto Criterio Peso Puntuación

    Teoría Asistencia 30% 3

    Seminarios Elaboración, exposición e asistencia 30% 3
    Visitas Asistencia, participación e presentación de memoria 20% 2
    Tutorías Asistencia 20% 2
    Total 100% 10


    Será suficiente con atinxir o 50% da puntuación total, para superar a matéria. En caso contrário realizará-se un exame escrito que incluirá contidos da teoria, seminários e visitas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Asistencia a clases teóricas: 15h (Sala informática)
    Asistencia a clases prácticas: 15h (Sala informática)
    Seminarios para realizar traballos: (1,5+1,5h) x2 6h (Seminarios)
    Traballo autónomo (19h por traballo) 38h
    Revisión de la puntuación 1h
    TOTAL 75h

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia a clases e lecturas recomendadas, seguimento da elaboración de protocolos