Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

P2111204 - Desenvolvemento e Aplicación dos Métodos para a Avaliación da Toxicidade (Módulo II: Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses
  • Áreas: Toxicoloxía
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MELGAR RIOL, MARIA JULIA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Dada a necesidade de investigación en organismos vivos para o desenvolvemento das Ciencias Biomédicas, este curso pretende:
    1. Iniciar no ámbito da Ecotoxicoloxía o estudo de diversas metodoloxías tanto químicas coma biolóxicas que sexan capaces de abordar os problemas de contaminación medioambiental.
    2. Enfocar as metodoloxías para substituír, reducir e/ou refinar o uso de animais que axuden á investigación e o diagnóstico en Toxicoloxía, inclúen o estudo de Biomarcadores.
    3. Cumprir as Normas éticas que deben rexer os diversos procesos sen que se vexa afectada a calidade dos resultados.

    Contidos
    PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
    1. Metodoloxía química segundo a natureza química dos tóxicos. Fundamentos e aplicacións.
    2. Metodoloxía biolóxica: Toxicoloxía experimental: In vivo e in Vitro. 3.- Lexislación: UE, Nacional, Autonómica….Regulamento REACH. Ética na toxicoloxía experimental.
    3. Aplicación á Toxicoloxía Ambiental: Ecotoxicoloxía, métodos de diagnóstico.
    4. Prevención.


    PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
    1. Técnicas instrumentais en toxicoloxía
    2. Técnicas biolóxicas: cultivos celulares
    3. Programas informáticos aplicados a problemas toxicolóxicos
    4. Medios audiovisuais.
    5. Busca de Lexislación.


    SEMINARIOS
    Traballos monográficos. Casos prácticos.

    Bibliografía básica e complementaria
    APHA.AWWA. WPCF. Métodos normalizados para el análisis de aguas potables y residuales. Díaz de Santos. Madrid. 1992.
    ANDERSON, D. and CONNING, D.M. Experimental Toxicology: The Basic issues. 2nd Edition. Royal Society of Chemistry. Cambridge. 1993.
    BALLS, M., RIDDELL, RJ and WORDEN, A. Animals and Alternatives in Toxicity Testing. Academic Press, Inc. London. 1983.
    CAPO MARTÍ, M. Principios de Ecotoxicología: Diagnóstico, tratamiento y gestión del medio ambiente. MCGraw-Hill. Madrid. 2002.
    CHANG, L.W. Toxicology of metals. Ed. Lewis Publishers. Boca Ratón. 1996.
    DAVIS, JM. Basic Cell Culture: A practical approach. PAS. Oxford. 1996.
    FAN,A.M.; CHANG, L.W. Toxicology and risk assessment. Principles, methods, and applications. Ed. Marcel Dekker, Inc., Nueva York. 1996.
    FRESHNEY, RI. Animal Cell Culture: A practical approach. PAS. Oxford. 1995.
    GAFO, J. Ética e ecoloxía. Publicacións da Universidade de Comillas. Madrid.1991.
    HILL, M. Nitrates and nitrites in food and water. Ellis Horwood, Nueva York.1991
    HODGSON, E.; SMART, R.C. Introduction to Biochemical Toxicology. 3ª ed. Ed. Wiley-Interscience, Nueva York. 2001
    KATZ, E. Quantitative Analysis using Chromatographic Techniques. John Wiley. Chichester. 1988.
    KLAASSEN, C.D. CASARETT & DOULL'S TOXICOLOGY: THE Basic Science of Poisons. Ed. McGraw-Hill. 5ª ed. New York, 1995
    LAGADIC, L, CAQUET, T., AMIARD, JC and RAMADE, F. Biomarqueurs en Écotoxicologie : Aspects fondamentaux. Masson. Paris. 1997.
    LÓPEZ-RIVADULLA M. Casarett y Doull. Fundamentos de Toxicología. Ed. McGraw-Hill Interamericana. Madrid. 2005.
    MELGAR, MJ. Métodos de evaluación ecotoxicológica, en: La gestión ambiental en la administración local de Galicia. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo. Lugo.2005.
    RAMADE, F. Précis d’ecotoxicologie. Ed. Masson, Paris. 1992.
    SHAYNE C. GAD. In vitro Toxicology. Raven Press.New Cork.1994.
    SHAYNE C. GAD. Animal Models in Toxicolgoy. Taylor and Francis, 2ª Ed. Boca Raton.2007.
    TYSON, CA and FRAZIER JM. In vitro Biological Systems. Academic Press. London. 1993.
    TYSON, CA and FRAZIER JM. In vitro Toxicity Indicators. Academic Press. London. 1994.
    WALLACE HAYES, A. Principles and Methods of Toxicology. Raven Press, 2ª Ed. New York. 1989.

    Competencias
    Os contidos específicos do curso:
    Adquirir un vocabulario e terminoloxía toxicolóxica específica. Preocuparse por temas de interese xeral e/ou social en relación coa toxicoloxía (catástrofes ambientais). Saber utilizar os recursos de información toxicolóxica para a resolución de casos concretos e prácticos. Coñecer os recursos metodolóxicos e técnicos para a resolución de problemas medioambientais, así como saber interpretar os resultados máis comúns das probas de avaliación de toxicidade e dunha investigación toxicolóxica. Estimular a investigación na Área de Toxicoloxía.

    As competencias xerais:
    Desenvolver unha visión crítica sobre as aplicacións da Toxicoloxía na tarefa cotiá e saber expresar e debater os problemas que van xurdindo conforme avanza o curso. Utilizar de forma crítica as fontes bibliográficas. Manexo da metodoloxía informática (TIC), familiarizándose e afondando en Programas informáticos aplicados, Internet e USC-virtual. Aplicar e mellorar no uso do Inglés como idioma científico e que constitúe unha ferramenta indispensable para o achegamento do alumno á Toxicoloxía. Debe ler publicacións e coñecer os contidos xerais de revistas científicas neste campo.

    A actitude ante os demais:
    Fomentar o traballo en equipo e a comunicación interpersoal para mellorar a propia iniciativa e a creatividade mediante a preparación de Seminarios. Mellorar a súa expresión escrita e oral mediante a entrega dunha Memoria e exposición dos traballos propostos como Seminarios. Desenvolver e resolver problemas de toxicoloxía medioambiental con responsabilidade e sentido ético.

    Metodoloxía da ensinanza
    Exposicións con métodos audiovisuais en clases teóricas, de traballos monográficos e casos prácticos. Titorías para orientar no traballo persoal. Seguimento de traballos prácticos de laboratorio con presentación de memoria explicativa. USC-virtual.
    Sistema de evaluación
    Participación en clases teóricas, desenvolvemento de clases prácticas (30%). Traballo monográfico: participación, contido e exposición (30%). Exame final (40%).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clases teóricas: 15h
    Clases prácticas: 15h
    Traballo monográfico con titorías 35 h
    Titorías: 5 h
    Exame Teórico e práctico e revisión 5 h
    Total: 75 h