Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091243 - Anatomía de Mamíferos Exóticos (Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clínicos EEES: 6.00
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 11.00
  • Horas de Titorías: 2.50
  • Total: 37.5

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Anatomía e Produción Animal
  • Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ALEMAÑ POSADAS, NURIA VICENTA.NON
YLLERA FERNANDEZ, MARIA DEL MAR.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLI_EEES01OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES02OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES03OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo /CLI_EEES04OrdinarioClínicos EEESNONNON
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Coñecementos básicos de pequenos mamíferos e cetáceos, centrados na anatomía comparada e orientados a súa aplicación clínica e/ou de produción.
    Completar a formación anatómica do estudante de veterinaria interesado nas especies que se indican.
    Contidos
    PROGRAMA TEÓRICO

    PEQUENOS MAMÍFEROS (13 horas)
    Tema-1. Roedores de laboratorio: rata, rato e cobaia. Principais características anatómicas e fisiolóxicas. Aspectos aplicados á exploración clínica e á experimentación animal. Manexo, comportamento e alimentación.
    Tema-2. Outros roedores de interese veterinario: hámster, xerbo, esquío, chinchilla. Principais características anatómicas e fisiolóxicas. Aspectos aplicados á exploración clínica. Manexo, comportamento e alimentación.
    Tema-3. Lagomorfos. Principais características anatómicas e fisiolóxicas. Aspectos aplicados á exploración clínica e á experimentación animal. Manexo, comportamento e alimentación.
    Tema-4. Mustélidos. Principais características anatómicas e fisiolóxicas. Aspectos aplicados á exploración clínica e á experimentación animal. Manexo, comportamento e alimentación.
    Tema-5. Outros mamíferos exóticos de interese veterinario. Principais características anatómicas e fisiolóxicas. Aspectos aplicados á exploración clínica. Manexo, comportamento e alimentación.

    CETÁCEOS (8 horas)
    Tema-1. Introdución e xeneralidades da Orde Cetacea (Suborden Mysticeti -misticetos- e Suborden Odontoceti -odontocetos).
    Tema-2. Integumento común. Características.
    Tema-3. Aparello locomotor. Osteoloxía e mioloxía.
    Tema-4. Esplacnoloxía: aparello dixestivo, aparello respiratorio, aparello xenitourinario e sistema cardiovascular.
    Tema-5. Sistema nervioso e órganos dos sentidos. Comportamento. Outros aspectos relacionados.

    PROGRAMA PRÁCTICO

    PEQUENOS MAMÍFEROS (6 horas)
    Práctica-1. Disección da rata e do rato de laboratorio.
    Práctica-2. Disección de lagomorfos
    Práctica-3. Disección de mustélidos e de outros pequenos mamíferos.

    CETÁCEOS (3 horas)
    Práctica única. Observación e estudo de diversos materiais de interese relativos ás especies estudadas (esqueletos, dentes, barbas, cadáveres completos ou cabezas…). Proxección de vídeos, diapositivas e outras actividades que aborden aspectos relativos ós cetáceos.
    Bibliografía básica e complementaria
    PEQUENOS MAMÍFEROS
    • Chiasson, R.B. 1958. Laboratory anatomy of the white rat 5th ed. McGraw-Hill. USA.
    • Flecknell, P. 2002. Manual de medicina y cirugía del conejo. Ediciones S
    • Hebel, R y Stromberg, MW. (1986) Anatomy and Embryology of the Laboratory Rat. BioMed Verlag. Alemania.
    • Hillyer, E.V. y Quesenberry, K.E. 1997. Ferrets, Rabbits and Rodents. Clinical Medicine and Surgery. Saunders Co. Philadelphia, USA.
    • Krinke, G.J. 2000. The laboratory rat. Academic Press. Boston.
    • Martín Ortí, R, P. Marín García y J. González Soriano. 2004. Atlas de anatomía de animales exóticos. Masson, Barcelona.
    • McCracken, T:O: and R:A: Kainer with D. Carlson. 2008. Color Atlas of Small Animal Anatomy: The Essentials. Blackwell Publishing, Oxford.
    • Olds, R.J. & Olds, J.R. 1979. A colour atlas of the Rat - dissection guide. Wolf medical publications. Londres.
    • O´Malley, B. Anatomía y fisiología de animales exóticos. 2007. Servet, Zaragoza.
    • Popesko, P, V. Rajtová and J. Horák. 1992. A Coour atlas or the Anatomy of Small Laboratory Animals. Volume One: Rabbit, Guinea Pig. Wolfe Publishing Ltd, London.
    • Popesko, P, V. Rajtová and J. Horák. 1992. A Coour atlas or the Anatomy of Small Laboratory Animals. Volume Two: Rat, mouse, Golden Hamster. Wolfe Publishing Ltd, London.
    • Waynforth, H.B. & Flecknell, P.A. 1992. Experimental and surgical technique in the rat. Academic Press. London.

    CETÁCEOS
    • A. Berta y J. L. Sumich. 2003. Marine mammals: evolutionary biology. 2ª edición. Academic Press.
    • J. E. Reynolds III y S. A. Rommel. 1999. Biology of marine mammals. Smithsonian Institution Press.
    • L. A. Dierauf y F. M. D. Gulland. 2001. CRC handbook of marine mammal medicine. 2ª edición. CRC Press.
    • S. H. Ridway. 1972. Mammals of the sea: biology and medicine. Charles C. Thomas Publisher.
    • W. F. Perrin, B. Würsig y J. G. M. Thewissen. 2002. Encyclopaedia of marine mammals. 1ª edición. Academic Press.
    Competencias
    Competencias Xenéricas do grao en veterinaria.-
    Adquirir:
    1.- Capacidade de aprendizaxe e adaptación (GVUSC 01).
    2.- Capacidade de análise e síntese (GVUSC 02).
    3.- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica (GVUSC 05).
    4.- Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo (GVUSC 06).

    Competencias Específicas disciplinares:
    - Adquirir o coñecemento sobre a estrutura e función dos animais sans (CEDVUSC 02).

    Competencias Específicas académicas
    - Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente (CEAVUSC 02).

    Competencias transversais
    - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e internet, e analiza-la dun xeito crítico (CTVUSC 02).
    - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible (CTVUSC 03).
    .
    Metodoloxía da ensinanza
    - Clases maxistrais con apoio de TIC. Os alumnos asistirán ás clases maxistrais e poderán intervir nos debates que se susciten.
    - Traballo práctico autónomo e supervisado polo profesor. O traballo práctico realizarase en grupos reducidos, utilizando o material biolóxico e/ou os modelos anatómicos correspondentes a cada bloque temático e servíndose das guías ou manuais que se lles proporcionase, así como de canta bibliografía se considere oportuna.
    - Elaboración de traballos voluntarios. Os alumnos poderán elabora un traballo relacionado co contido da materia que será exposto/defendido polo autore ó final do semestre.
    - Estudo independente de cada alumno. Para elo o alumno poderá recorrer á bibliografía recomendada e a calquera outro material recompilado durante as clases maxistrais e as sesións prácticas.
    - Titorías. En estas sesións resolveranse cuestións relativas á elaboración do traballo e dúbidas sobre o contido da materia.
    Sistema de evaluación
    Asistencia regular ás sesións teóricas e asistencia obrigatoria ás sesións prácticas.
    Realizarase un exame do total da materia, con dúas partes ben diferenciadas correspondentes a cada un dos bloques temáticos de que consta. Cada unha das partes debe superarse por separado e a media das dúas constituirá o 80% da nota final.
    A nota obtida na avaliación continua das sesións prácticas constituirá o 20% da nota final.
    Os traballos voluntarios permitirán incrementar a nota global da materia.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL:
    - Clases teóricas: 21 horas
    - Clases prácticas: 9 horas
    - Presentación de traballos: 5 horas
    - Titorías: 2,5 horas
    Horas totais de traballo presencial do estudante: 37.5 horas

    TRABALLO AUTÓNOMO:
    - Estudo independente: 28 horas
    - Elaboración do traballo: 3,5 horas
    - Búsqueda bibliográfica, consulta en biblioteca, etc.: 3 horas
    - Presentación oral: 1 hora
    - Exame: 2 horas
    Horas totais de traballo autónomo do estudante: 37,5 horas

    HORAS TOTAIS: 75
    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistir ás clases teóricas e prácticas.