G2091244 - Anatomía de Peixes, Anfibios, reptís e Aves Silvestres (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clínicos EEES: 6.00
- Clase Expositiva: 15.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 14.00
- Horas de Titorías: 2.50
- Total: 37.5
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Anatomía e Produción Animal
- Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAdquisición de coñecementos básicos, centrados na anatomía comparada, de peixes, anfibios, réptiles e aves, orientados á súa aplicación clínica e/ou de produción.
Completar a formación anatómica do estudante de veterinaria interesado nas especies que se indican.
ContidosPROGRAMA TEÓRICO
Capítulo I: Peixes
Tema-1. Introdución e xeneralidades. Clases de peixes.
Tema-2. Principais diferenzas entre peixes de auga doce e salgada.
Tema-3. Morfoloxía externa e interna.
Tema-4. Outros aspectos relacionados. Probas de diagnóstico rápido en ictiopatoloxía.
Capítulo II: Anfibios e Réptiles
Tema-5. Introdución e xeneralidades da Clase Amphibia. Ciclo vital.
Tema-6. Anfibios. Aparello locomotor. Esplacnoloxía. Integumento común. Sistema nervioso e órganos dos sentidos.
Tema-7. Introdución e xeneralidades da Clase Reptilia. Ciclo vital.
Tema-8. Tartarugas. Aparello locomotor. Esplacnoloxía. Integumento común (caparazón).
Tema-9. Lagartos. Aparello locomotor. Esplacnoloxía.
Tema-10. Serpes. Aparello locomotor. Esplacnoloxía. Integumento común e muda. Sistema nervioso e órganos dos sentidos. Mecanismos de defensa (produción de veneno).
Tema-11. Crocodilos. Aparello locomotor. Esplacnoloxía. Integumento común.
Capítulo III: Aves
Tema-12. Introdución e xeneralidades. Orixe e evolución das aves. Clasificación.
Tema-13. Integumento común. O pico. Plumas e plumaxes.
Tema-14. Aparello locomotor I. Osteoloxía e mioloxía.
Tema-15. Aparello locomotor II. Ás e o voo. Patas: estrutura e modificacións.
Tema-16. Aparello dixestivo e alimentación.
Tema-17. Sistema respiratorio e control do calor.
Tema-18. Aparellos urinario e xenital. Reprodución.
Tema-19. Sistema circulatorio.
Tema-20. Sistema nervioso. Órganos dos sentidos.
PROGRAMA PRÁCTICO
Prácticas de laboratorio
Actividades que se realizan:
PEIXES. Observación e recoñecemento da anatomía externa. Disección de especies salmoniformes e observación e recoñecemento da anatomía interna. Toma de mostras e probas de diagnóstico rápido empregadas habitualmente en ictiopatoloxía. Observación ao microscopio de mostras de sangue, pel, branquia, ril anterior, bazo, timo e tractos dixestivo e xenital.
ANFIBIOS e RÉPTILES. Identificación de especímenes de anfibios (anuros e urodelos) e réptiles (lagartos, serpes, tartarugas e crocodilo). Recoñecemento e topografía de órganos. Disección de especímenes dispoñibles. Proxección de vídeos e observación de diverso material de interese, relativo ás especies de estudo.
AVES. Observación e recoñecemento de especímenes de aves silvestres. Estudo comparado do esqueleto e as súas adaptacións. Disección de aves e observación do aparello locomotor destinado ao voo, os sistemas viscerales e a cavidade corporal e os sacos aéreos. Sexaje de cada exemplar.
Visitas activas
Actividades que se realizan:
Visita a instalacións de diversa natureza relacionadas coas especies obxecto de estudo: parques naturais, acuarios, centros de recuperación de fauna, etc. Sempre en función da dispoñibilidade de recursos para afrontar o desprazamento dos alumnos en cada curso académico
Bibliografía básica e complementariaPEIXES
• Brown L. 2000. Acuicultura para veterinarios. Ed. Acribia. Zaragoza.
• Roberts H.E. 2009. Fundamentals of ornamental fish health. Ed. Wiley-Blackwell. USA.
• Genten F., Terwinghe E., Danguy A. 2009. Atlas of fish histology. Ed. Science Publishers
• Ferguson H.W. 2006. Systemic Pathology of Fish. 2nd ed. Ed. Scotian Press.
• Noga E. J. 2003. Fish Disease. Diagnosis and Treatment. Ed. Wiley-Blackwell
ANFIBIOS E RÉPTILES
• Ackerman L. 1997. The Biology, Husbandry and Health Care of Reptiles. Vol I - The Biology of Reptiles. Ed. T.F.H. Publications, Inc. USA
• Bauchot R (editor). 1994. Snakes: A Natural History. Ed. Sterling Publishing Co., Inc. USA. Reimpresión 1997.
• Burnie D. (editor). 2002. Animal: la Definitiva e Impactante Guía Visual de la Vida Salvaje en Nuestro Planeta. Ed. Pearson Educación. Madrid.
• Halliday T.R., Alder K. (editores) 1991. Anfibios y Reptiles. Colección Animales del Mundo. Ediciones Folio. Navarra.
• Hofrichter R. 2000. The Enciclopedia of Amphibians. Ed. Key Porter Books Limited, Canada.
• Levy C. 2003. Crocodiles and Alligators. Colección Endangered Species. Ed. Eagle Editions Ltd. U.K.
• Martín Orti R., Marín García P., González Soriano J. 2004. Atlas de Anatomía de Animales Exóticos. Ed. Masson S.A.
AVES
• Causey Whitow C., editor. 2000. Sturkie´s Avian Physiology. 5th ed. Ed. Academic Press (New York - London).
• Farner D.S. & King J.R., editors. 1971-1975 Avian Biology. Vols. I-V. Ed. Academic Press (New York - London).
• Ghetie V., Chitescu S.T., Cotofan V. & Hillebrand A. 1981. Atlas de anatomía de las aves domésticas, Ed. Acribia.
• King A.S. & McLelland J. 1979-1985. Form and Function in Birds. Vols 1-4. Ed. Academic Press (London).
• König H.E. & Liebich H.G. 2001. Anatomie und Propädeutik des Geflügels. Ed. Schattauer.
• Nickel R., Schummer A. & Seiferle E. 1977. Anatomy of the domestic birds, Verlag Paul Parey.
CompetenciasOs alumnos adquirirán coñecementos básicos sobre a constitución e o manexo das especies estudadas.
Competencias Xenéricas do Grao en Veterinaria:
Adquirir:
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC04. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
Competencias Específicas disciplinares:
CEDVUSC02. Adquirir o coñecemento sobre a estrutura e función dos animais sans.
Competencias Específicas académicas
CEAVUSC08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
Competencias transversais
CTVUSC02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
Metodoloxía da ensinanza •Clases maxistrais con apoio TIC
•Traballo práctico supervisado polo profesor
•Estudo independente de cada alumno
•Titorías
A asistencia a clases teóricas e prácticas é obrigatoria.
Os alumnos asistirán ás clases maxistrais e poderán intervir nos debates que se susciten.
O traballo práctico realizarase utilizando o material biolóxico e/ou os modelos anatómicos dispoñibles, servíndose de guías así como da bibliografía que se considere oportuna.
Para o estudo independente o alumno pode recorrer á bibliografía recomendada e calquera outro material recompilado durante as clases maxistrais e as sesións prácticas.
Sistema de evaluaciónAsistencia obrigatoria ás sesións teóricas e prácticas.
Realizarase un exame do total da materia, con tres partes ben diferenciadas correspondentes a cada un dos bloques temáticos de que consta. Cada unha das partes debe superarse por separado, e a media do tres constituirá a nota final obtida.
ASPECTO: Contidos teórico-prácticos da materia
CRITERIO: Dominio dos coñocementos GLOBAIS
INSTRUMENTO: Exame final da materia completa
PESO NA NOTA FINAL: 80%
ASPECTO: Contido práctico da materia
CRITERIO: Dominio de los coñocementos teórico-prácticos
INSTRUMENTO: Avaliación continua durante desenvolvemento das prácticas
PESO NA NOTA FINAL: 20%
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases maxistrais 15 horas
Prácticas de laboratorio 14 horas
Visitas activas 6 horas
Titorías en grupo reducido 2.5 horas
Total horas de traballo presencial: 37.5 horas
TRABALLO PERSOAL DO/DA ESTUDANTE
Estudo individual 31.5 horas
Revisión bibliográfica, biblioteca, etc. 2 horas
Realización de exames 2 horas
Asistencia a charlas e outras actividades 2 horas
Total horas de traballo persoal do/da estudante: 37.5 horas
TOTAL HORAS DO/DA ESTUDANTE: 75 horas
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase asistir regularmente ás clases teóricas e prácticas, así como consultar a bibliografía proposta.
Ademais, aconséllase acudir ás titorías personalizadas para resolver as dúbidas que xurdan na preparación dos exames.