G2091247 - Enxeñaría Xenética Animal (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 25.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 7.00
- Clase Interactiva Seminario: 5.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 38.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Xenética
- Áreas: Xenética
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecemento e comprensión da tecnoloxía do ADN recombinante de cara á súa aplicación para a transxénesis e en xeral para a mellora da cría e produción animal.
Coñecemento das importantes repercusións sociais e legais da enxeñería xenética na actualidade.
As actividades interactivas permitirán achegar ao estudante á resolución de problemas e experimentación no ámbito da enxeñería xenética, e á discusión e debate ao redor das súas repercusións sociais.
ContidosTema 1. Estrutura e organización dos xenomas (2 horas)
Tamaño dos xenomas. Complexidade de secuencias. Estrutura dos xenomas de virus e procariotas. Organización dos xenomas eucarióticos. ADN repetido. Familias xénicas.
Tema 2. Técnicas bioquímicas para a análise de ADN. (3 horas)
Illamento e marcaxe de Ácidos Nucleicos. Encimas utilizados e propiedades: polimerización, dixestión, modificación, ligazón. Encimas de restrición.
Tema 3. Técnicas de análise xenética de fragmentos de ADN (3 horas)
Secuenciación de ADN. Síntese de oligonucleótidos. Reacción en cadea da polimerasa (PCR). Análise por blotting.
Tema 4. Clonación. Análise e illamento de produtos clonados. (3 horas)
Clonación de ADN: modelo xeral. Vectores. Hóspedes: Transformación e transfección. Selección de colonias: métodos.
Tema 5. Librerías xenéticas. (2 horas)
Librerías xenómicas. Librerías de cDNA. Librerías especializadas. Rastrexo dunha librería. Obtención de sondas. Librerías de expresión. Paseo cromosómico. Mutaxéneses dirixida.
Tema 6. Transferencia xénica en eucariotas. Transxénicos (2 horas)
Transferencia en fermentos. Tipos de vectores. Cromosomas artificiais (YACs). Transferencia en células de mamífero. Vectores. Transferencia xénica en animais. Microinxección de xenes. Vectores víricos. Animais transxénicos e clónicos. Transferencia xénica en plantas. O plásmido Ti de Agrobacterium tumefaciens. Vectores víricos. O canón de xenes.
Tema 7. Análise xenómico e Xenómica funcional (3 horas)
Fragmentación dos xenomas. Illamento de cromosomas. Microdisección. Vectores: YACs, BACs e PACs. Mapas físicos e mapas xenéticos. Integración dos diferentes mapas. Secuenciación de xenomas. Xenómica funcional. Bioinformática e bases de datos. Microarrays. Xenómica comparada.
Tema 8. Aplicacións á Medicina clínica e forense (4 horas)
Patróns de herdanza das enfermidades. Diagnóstico preimplantacional e diagnóstico prenatal. Diagnóstico molecular. Enfermidades complexas: aproximacións xenéticas. Cancro: perfís moleculares e terapia. As impresións dixitais do ADN. Identificación e parentesco.
Tema 9. Aplicacións á mellora xenética animal e vexetal (3 horas)
Marcadores xenéticos e trazabilidad xenealóxica. Parentescos moleculares. Selección asistida por marcadores. Xenes maiores e QTLs. Detección e localización de QTLs. Clonación posicional.
CLASES INTERACTIVAS DE LABORATORIO
PRÁCTICA 1. Illamento de ADN, PCR e RT-qPCR en especies de peixes (2 horas)
PRÁCTICA 2. Secuenciación e análises de parentesco mediante marcadores moleculares en especies de peixes (2 horas)
PRÁCTICA 3. Morfolinos e transxénese en peixe cebra (3 horas)
Bibliografía básica e complementariaLIBROS
BROOKER R.J. 1999. Genetics. Analysis and Principles. Benjamin Cummings. California.
BROWN T.A. 1999. Genomes. BIOS Scientific Publishers Ltd, Oxford.
BU’LOCK. 1992. Biotecnología Básica. Ed. Acribia S.A.
GRIFFITHS A.J.F., MILLER J.H. SUZUKI D.T., LEWONTIN R.C. & GELBART W.M. 2002. Genética (7ª ed.). McGraw-Hill Interamericana.
HARTL D.L. & JONES E.W. 1998. Genetics. Principles and Analysis. (4ª ed.). Jones and Bartlett Publishers. Sudbury, Massachusetts.
HARTL, D.L. Y JONES, E.W. 2002. "Essential Genetics: A Genomic Perspective". (3ª Ed.). Jones and Bartlett Publishers. Sudbury, Massachusetts.
HOWE C. 1995. Gene Cloning and Manipulation. Cambridge University Press, Cambridge.
IZQUIERDO M. 1999. Ingeniería Genética y Transferencia Génica. Ed. Pirámide, Madrid.
JAGNOW. 1992. Biotecnología. Introducción con experimentos modelo. Ed. Acribia S.A.
KLUG, W.S. Y CUMMINGS, M.R. 1999. "Conceptos de Genética". (5ª Ed.). Prentice Hall Iberia, Madrid.
KLUG, W.S. Y CUMMINGS, M.R. 2002. Essentials of Genetics (4ª Ed.). Prentice Hall Inc., New Jersey.
MIESFELD R.L. 1999. Applied Molecular Genetics. Wiley and Son. New York.
NICHOLL D.S.T. 2002. An Introduction to Genetic Engineering. Cambridge University Press. Cambridge.
PRIMROSE S.B. 1998. Principles of Genome Analysis. (2ª ed). Blackwell Science Ltd, Oxford.
PRIMROSE S.B., TWYMAN R.M. & OLD R.W. 2003. Principles of genome analysis and Genomics. (3ª ed.) Blackwell Science Ltd, Oxford.
PRIMROSE S.B. &TWYMAN R.M. 2001. Principles of gene manipulation. (6ª ed.) Blackwell Science Ltd, Oxford.
PUERTAS M.J. 1999. Genética. Fundamentos y Perspectivas. (2ª ed.) Ed. Interamericana-McGraw-Hill. Madrid.
SINGER M. & BERG P. 1993. Genes y Genomas. Una Perspectiva Cambiante. Ed. Omega, Barcelona.
STRACHAN, T. Y READ, A.P. 1999. Genética Molecular Humana. Ediciones Omega. Barcelona.
TAMARIN R.H. 1996. Principios de Genética. Ed. Reverté. Barcelona.
THOMPSON J.N., HELLACK J.J., BRAVER G. & DURICA D.S. 1997. Primer of Genetic Analysis: A Problems Approach. (2ª ed.). Cambridge University Press, Cambridge.
WATSON J.D., GILMAN M., WITKOWSKI J. & ZOLLER M. 1992. Recombinant DNA. (2ª ed.) Scientific American Books, New York.
CompetenciasCompetencias Xenéricas
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC03. Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
GVUSC07. Habilidade para traballar en un contexto internacional.
GVUSC08. Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades
Competencias Disciplinares
CEDVUSC 03. Cría, mellora, manexo e benestar dos animais.
CEDVUSC 04. Bases físicas, químicas e moleculares dos principais procesos que teñen lugar no organismo animal.
CEDVUSC 05. Principios básicos e aplicados da resposta inmune.
CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
CEDVUSC 10. Coñecer as técnicas aplicables ós animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saúde animal e humana.
CEDVUSC 11. Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente.
CEDVUSC 12. Principios da Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. Control de Calidade dos alimentos elaborados e Seguridade Alimentaria.
Competencias Profesionais
D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
D1VUSC 09. Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reprodutiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución de problemas obstétricos.
D1VUSC 16. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
Competencias Académicas
CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente
Competencias Transversais
CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CTVUSC 02. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza DOCENCIA EXPOSITIVA
Para o grupo completo, trataranse os contidos específicos de cada un dos temas do programa. O desenvolvemento dos contidos farase con axuda dunha presentación PowerPoint, específica para cada tema, xunto con transparencias, vídeos, animacións, encerado e calquera outro material que axude e facilite a comprensión dos conceptos que se estuden.
DOCENCIA INTERACTIVA
Prácticas de laboratorio: Contan cun guión específico que o profesor presentará ao comezo da práctica ao grupo de estudantes. A realización das prácticas farase en grupos de 2 persoas. Ao terminar cada práctica os estudantes completarán e entregarán un cuestionario específico que o profesor avaliará.
Seminarios prácticos:
- Resolución dos boletíns de problemas.
- Presentación de seminarios nos que se presenten aplicacións específicas da enxeñería xenética á produción animal, a clínica veterinaria e a tecnoloxía de alimentos. A presentación/defensa de devandito traballo será no aula ao grupo completo cunha duración de 15 minutos.
- Lectura, resumo e discusión dun libro relacionado coas aplicacións da Enxeñería xenética ao campo da clínica.
Titorías en grupo:
Resolución, discusión e presentación de problemas e casos prácticos propostos polo profesor.
Sistema de evaluación- Exame escrito dos contidos do programa (Teoría e problemas): 70% da puntuación final.
- Elaboración e presentación dun seminario: 20% da puntuación final.
- Lectura do libro e resumo: 10% da puntuación final.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais: 38
Horas Expositivas: 25
Seminarios de encerado: 2.5
Prácticas de laboratorio: 7
Presentación de seminarios: 2.5
Titorías en grupo: 1
Horas non presenciais: 37
Total volume de traballo: créditos ECTS 3.0
Recomendacións para o estudo da materiaPara mellorar a eficacia na consecución dos obxectivos da materia recoméndase ao alumno:
Asistir ás clases e realizar todas as prácticas de laboratorio.
Facer uso das titorías.
Consultar polo menos parte da bibliografía proposta.
Resolver problemas adicionais aos propostos nos boletíns.
Participar nas clases: consultas, formulación de dúbidas, etc..