G2091248 - Informática Aplicada a Veterinaria (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 20.00
- Horas de Titorías: 1.00
- Total: 30.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Electrónica e Computación
- Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo CLE01 | Ordinario | Clase Expositiva | SI | SI |
| Grupo CLIL_01 | Ordinario | Clase Interactiva Laboratorio | NON | NON |
| Grupo TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO proceso de informatización da sociedade trouxo consigo a inclusión da Informática no currículo de todos os niveis da ensinanza e, en especial, na educación superior. Estes coñecementos de informática seranlle de utilidade o alumno tanto durante a propia titulación, como no seu desempeño profesional. Por este motivo a través dista materia o alumno deberá adquirir capacidades importantes relativas o manexo de ferramentas informáticas de gran utilidade no eido da veterinaria. Por outra banda a rápida evolución do software tamén fai necesario que o alumno asimile un determinado vocabulario, entenda importantes conceptos, e adquira disciplinas correctas de formación continua e actualización, que lle permitan facer fronte a unha gran cantidade de software desenrolado para unha mesma actividade e a actualización continua determinada pola acelerada creación de versións do mesmo software.
ContidosTeoría
1. Antecedentes e estado actual das aplicacións da informática en Veterinaria,
2. Ferramentas de cálculo matemático e estatístico para a análise de conxuntos de datos. Ferramentas de programación lineal.
3. Bases de datos e xestores de bases de datos máis frecuentes en veterinaria.
4. Sistemas de información e redes de comunicación: Internet, riscos máis habituais e mecanismos de protección, aspectos da lei orgánica de protección de datos que debe coñecer o veterinario. A utilización de fontes de información europea.
5. Monitorización de sinais biolóxicos e axuda ao diagnóstico.
Prácticas
Uso dun ordenador para a posta en práctica dos aspectos descritos na parte teórica (estructura e funcionamento dun ordenador como ferramena de traballo. Follas de Cálculo e ferramentas para a resolución de problemas de optimización lineal. Uso dun xestor de bases de datos. Formación en competencias informacionais).
Bibliografía básica e complementariaIntroducción á Informática. A. Prieto, A. Lloris, J.C. Torres. McGraw-Hill. 2001. Terceira edición
Sistemas de bases de datos. C.J. Date. Prentice Hall. 2001. Sétima edición
BASE DE DATOS ACCESS "APLICACIONES FUNDAMENTALES Y MANEJO BÁSICO DE UNA BASE DE DATOS", Fernández Pérez, Carlos. ISBN: 9788498391640 . Editorial: Ideas Propias. 2006
Matlab y sus aplicaciones en la ciencia y la tecnología. César Pérez. McGraw-Hill. 2002.
Talbot, RB. Veterinary medical informatics. J Am Vet Med Assoc (1991) vol. 199 (1) pp. 52-7
Smith RD, Williams M. Applications of informatics in veterinary medicine. Bull Med Libr Assoc 2000;88(1):49-55
SHORTLIFFE EH, PERREAULT LE, WIEDERHOLD G, FAGAN LM, EDS. Medical informatics. computer applications in health care. Reading, MA: Addison-Wesley Publishing Company, 1990.
Introducción a las bases de datos Access 2003. Lorenzo Carbonell Soto, Carlos Villagrá Arnedo
Publicaciones de la Universidad de Alicante, D.L. 2004
MATLAB : una introducción con ejemplos prácticos. Gilat, Amos
Barcelona: Reverté, D.L. 2006
CompetenciasXenéricas:
Capacidad de aprendizaje y adaptación
Capacidad de análisis y síntesis.
Conocimientos generales sobre el área de trabajo.
Planificación y gestión del trabajo.
Capacidad de aplicar los conocimientos en la práctica.
Capacidad de trabajar de forma autónoma y en equipo.
Habilidad para trabajar en un contexto internacional.
Capacidad de comunicarse en distintos ámbitos.
Disciplinares:
Conocer los aspectos organizativos, económicos y de gestión en todos aquellos campos de la profesión veterinaria.
Profesionais:
Valorar e interpretar los parámetros productivos y sanitarios de un colectivo animal, considerando los aspectos económicos, medioambientales y de bienestar, buscando su optimización.
Realizar informes técnicos propios de las competencias veterinarias.
Académicas:
Analizar, sintetizar, resolver problemas y tomar decisiones en los ámbitos profesionales del veterinario.
Buscar y gestionar la información relacionada con la actividad del veterinario.
Conocer y aplicar el método científico en la práctica profesional incluyendo la medicina basada en la evidencia.
Ser consciente de la necesidad de mantener actualizados los conocimientos, habilidades y actitudes de las competencias profesionales mediante un proceso de formación permanente.
Transversais:
Capacidad para el razonamiento y la argumentación.
Capacidad para obtener información adecuada, diversa y actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, y analizarla de una forma crítica.
Capacidad para elaborar y presentar un texto organizado y comprensible.
Habilidad en el manejo de TICs.
Capacidad para resolver problemas mediante la aplicación integrada de sus conocimientos.
Metodoloxía da ensinanza Se propón a seguinte programación de actividades:
Actividades presenciais:
Clases maxistrais que consistirán na explicación dos contidos da materia reflectidos na guía docente axudándose do encerado e medios audiovisuais.
Clases prácticas que servirán para a ilustración dos contidos teóricos da materia.
Titorías individualizadas.
Titorías de grupo reducido.
Ó final de cada tema ou grupo de temas se proporá a resolución de cuestionarios que serán avaliados
Durante a realización das prácticas proporase a realización de exercicios prácticos de xeito individual que deben resolverse no laboratorio durante un tempo limitado, estes exercicios serán posteriormente avaliados e permitirán a avaliación continua dos alumnos.
Técnica docente
Propiciarase o uso de medios audiovisuais
A metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe deberá ser construtivista, propiciando a participación activa do alumno, sobre todo nas clases prácticas, de forma que este sexa o protagonista dos seus aprendizaxes e que estes sexan significativos
As clases teóricas consistirán na descrición e exposición dos temas por parte do profesor empregando fundamentalmente, a lección maxistral, intentando empregar o maior número de exemplos que sexa posible para asegurar a asimilación.
Nas clases prácticas os alumnos deberán tomar a compoñente activa do proceso ensinanza-aprendizaxe, resolvendo os distintos exercicios que se lle propoñan.
En interese da formación do alumno, e coincidindo co proxecto de "Campus Virtual" desenvolvido na Universidade de Santiago de Compostela polo Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA), manterase actualizada unha aula virtual asociada á asignatura. Por medio desta aula poderase acceder á información, principalmente de tipo práctico, acerca dos contidos da asignatura. A aula virtual ofrece posibilidades interesantes de apoio a aprendizaxe.
Sistema de evaluaciónA avaliación será continua non sendo necesaria a realización do exame final para aqueles alumnos que teñan superado a AVALICACIÓN CONTINUA. A través de avaluación continuada valorarase a asistencia e a participación nas clases teóricas e prácticas, realización de traballos e cuestionarios, exercicios individuais no laboratorio. Aqueles alumnos que superen esta avaliación continua non terán que presentarse ao exame final da materia.
Valoracións:
- Teoría: realización de traballos e cuestionarios (30% da cualificación final)
- Prácticas: realización de exercicios individuais no laboratorio o final de cada práctica (70% da cualificación final).
Soamente no caso dalgún alumno que non asista as clases ou que non teña superada a avaliación continua terá que realizar un exame final que representaría o 100% da súa cualificación . No caso dalgún alumno que teña superada algunha parte da avaliación continua non terá que realizar os exercicios correspondentes do exame final. O exame incluirá cuestións teóricas e exercicios prácticos semellantes os resoltos no laboratorio.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Estudo individual temas teoría 5h
Elaboración de traballos 12h
Resolución de casos/problemas 25h
Realización de probas de evaluacíon contína 3h
Total horas de traballo persoal do estudante: 45
DISTRIBUCIÓN DE HORAS PRESENCIAIS DO ESTUDIANTE
Clases presenciais de teoría: 9 horas
Prácticas de ordenador: 20 horas
Titoría de grupo reducido: 1 hora
Recomendacións para o estudo da materiaExiste material complementario á disposición dos alumnos no curso da USC virtual asociado á materia, que inclúe as transparencias usadas nas clases de teoría e os guións de prácticas, amais doutro material de interese xeral. É importante a lectura dos guións de prácticas antes de ir o laboratorio, así como revisar os contidos da última clase de teoría impartida polo profesor antes da seguinte clase teórica.