Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091249 - Zooloxía Aplicada (Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 10.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Clase Interactiva Seminario: 2.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 30.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Zooloxía e Antropoloxía Física
  • Áreas: Zooloxía
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
RODRIGUEZ LOPEZ, MARIA TERESA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Coñecemento das bases biolóxicas nas que se basea a explotación polo home dos diferentes grupos animais, en particular dos invertebrados.
    - Estudo de diferentes aspectos de interese protagonizados por animais (pragas, transmisores de enfermidades, velenosos e urticantes).

    Contidos
    PROGRAMA TEÓRICO
    1. - Explotación de poboacións animais naturais: Marisqueo, pesca e caza.
    Marisqueo.- Especies comerciais de Moluscos, Crustáceos e Equinodermos. Sistemas de captura e explotación. Pesca. - Especies comerciais de Condrictios e Osteictios. Sistemas de captura e explotación. Caza. - Especies cinexéticas. Sistemas de caza. (Clase expositiva. Duración aprox.: 1 h)
    2. - Bases biolóxicas da explotación de Moluscos (Caracol, Mexillón, Ostra, Ameixa).
    Helicicultura.- Definición. Historia. Especies que se cultivan. Bioloxía do caracol común. Requirimentos ambientais. Depredadores. Enfermidades. Sistemas de cultivo. O sistema mixto. Mitilicultura.- Definición. Historia. Bioloxía do mexillón. Técnicas de explotación en Galicia. Control sanitario. Depuración. Ostricultura.- Definición. Historia. Especies que se cultivan. Bioloxía das ostras. Sistemas de cultivo e explotación. Cultivo de ameixas.- Especies utilizadas. Bioloxía das ameixas. Sistemas de cultivo e explotación. (Clase expositiva. Duración aprox.: 1:30 h).
    3. - Bases biolóxicas da explotación de Anélidos (Miñoca).
    Lumbricultura.- Definición. Ecoloxía das lombrigas de terra: Modos de vida. Importancia ecolóxica. Historia do seu coñecemento. Especies de interese. Características das especies cultivables. Sistemas de compostaxe e vermicompostaxe. Produtos que se obteñen do cultivo. A "miñoca vermella de californiana". (Clase expositiva. Duración aprox.: 1 h).
    4. - Bases biolóxicas da explotación de Crustáceos (Cangrexos de río).
    Astacicultura: Definición. Bioloxía do cangrexo de río: Modo de vida. Especies presentes na Península Ibérica. Ameazas sobre a especie autóctona: enfermidades. Cultivo: historia. Tipos de cultivo. Cultivos extensivo, semiextensivo e intensivo. (Clase expositiva. Duración aprox.: 1 h).
    5. - Bases biolóxicas da explotación de Insectos (Abella, Verme de seda).
    Apicultura.- Definición. Bioloxía da abella: Castas; Modo de vida. Cultivo: Técnicas de cultivo; Produtos que se obteñen. Enfermidades. Sericicultura.- definición. Bioloxía do verme da seda: Morfoloxía xeral; Ciclo vital; Fases do desenvolvemento. Cultivo: Historia da sericicultura; Fases do cultivo; A seda. (Clase expositiva. Duración aprox.: 2 h).
    6. - Bases biolóxicas da explotación de Peixes.
    Piscicultura.- Definición; Historia. Especies que se cultivan; vantaxes da produción no medio acuático. Tipos de cultivo de peixes; Ciclo do cultivo e as súas fases. Exemplos de cultivos mariño e doceacuícola. (Duración aprox.: 1:30 h).
    7. - Bases biolóxicas da explotación de Anfibios (Ra).
    Ranicultura.- Definición. Especies de interese: ra touro, ra temporaria e ra perezi. Cultivo: requisitos; ciclo do cultivo; factores a ter en conta. (Clase expositiva. Duración aprox.: 30 min).
    8. - As pragas: especies parasitas de plantas. Control biolóxico.
    Praga. - Definición. Animais que poden ser praga: Nematodos; Moluscos gasterópodos; Insectos (Ortópteros; Hemípteros; Lepidópteros; Coleópteros; Dípteros); Vertebrados (Aves e Mamíferos). (Clase expositiva. Duración aprox.: 45 min).
    9. - Animais transmisores de enfermidades. Animais velenosos ou urticantes.
    Animais transmisores de enfermidades. - Moluscos gasterópodos; Artrópodos. Animais velenosos ou urticantes.- Cnidarios; Anélidos; Moluscos; Artrópodos (escorpións, arañas, insectos); Equinodermos; Vertebrados (peixes, anfibios, réptiles, aves, mamíferos). (Clase expositiva. Duración aprox.: 45 h).

    PROGRAMA PRÁCTICO
    1. - Observación e estudo de especies de interese económico de invertebrados.
    Expoñeranse exemplares de 68 especies de invertebrados (pertencentes a 6 Filos) con interese comercial (a meirande parte son mariscos). Se aportará información sobre as súas características distintivas, bioloxía, talla mínima comercial e artes de marisqueo para a súa captura. (Sesión práctica de 2 h).
    2. - Observación e estudo de especies de interese económico de vertebrados.
    Expoñeranse exemplares de 65 especies de peixes doceacuícolas, anfibios, réptiles, aves e mamíferos con valor comercial (a meirande parte pódense cazar ou pescar), e algunhas son especies protexidas. Se aportará información sobre as características distintivas, bioloxía e tallas. (Sesión práctica de 2 h).
    3.- Identificación con chaves, de especies de peixes mariños con valor comercial.
    Se exercitará cunha clave dicotómica para la identificación de exemplares de peixes mariños con interese comercial (Sesión práctica de 2 h).
    4.- Identificación con chaves de especies de insectos praga.
    Exercitaranse con unha chave dicotómica para la identificación da Orden ao que pertencen varios exemplares de insectos e, posteriormente, se expoñerán os procedementos para identificar a aqueles que poida ser pragas para los cultivos (Sesión práctica de 2 h).
    5.- Montaxe no laboratorio dun sistema de cría de miñocas e outro de caracois.
    Se prepararán caixas de cultivo de miñocas (Eisenia andrei) e caracois (Cornu aspersum) para observar as fases dos seus ciclos vitais, e para experimentar co ritmo de crecemento dos exemplares. Os datos recollidos servirán para a elaboración dun traballo (10 sesións prácticas de 30 min. Ao longo de 5 semanas, para o mantemento e control do peso dos animais).

    Bibliografía básica e complementaria
    - BARNABÉ, G. 1996. Bases biológicas y ecológicas de la acuicultura. Acribia, Zaragoza.
    - BUXADÉ, C. 1997. Zootecnia. Bases de la producción animal. Tomo XII. Producciones cinegéticas, apícolas y otras. Mundi-Prensa, Madrid.
    - CABELLO, T.; TORRES, M. y BARANCO, P. 1997. Plagas de los cultivos: guía de identificación. Servicio de Publicaciones, Universidad de Almería, Manuales, 1, 163 pp.
    - DE LIÑÁN, C. 1998. Entomología agroforestal. Ácaros e insectos que dañan montes, cultivos y jardines. Agrotécnica, Madrid, 1309 pp.
    - HARWOOD, R.F. y JAMES, M.T. 1987. Entomología médica y veterinaria. Limusa, México, 615 pp.
    - HICKMAN, C.P.; ROBERTS, L.S y LARSON, A. 1998. Principios integrales de Zoología. Mc Graw Hill-Interamericana, Madrid, 921 pp.
    - ILLESCAS, J.L. 2008. Pescados y mariscos : guía práctica. Empresa Nacional Mercasa, Madrid, 211 pp.
    - PADILLA, F. 2009. Fundamentos de acuicultura. Servicio de Publicaciones, Universidad de Córdoba, 189 pp.
    - PADILLA, F. & Cuesta López, A. 2003. Zoología Aplicada. Díaz de Santos, D.L., Madrid, 462 pp.
    - RAMONELL, R. 1985. Guía dos mariscos de Galiza. Galaxia, Vigo, 293 pp.
    - RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. Galiza. Natureza. Tomos XXXVII, XXXVIII, XXXIX e XL. Hércules Edicións, A Coruña.
    - TELLERÍA, J.L. 1991. Zoología evolutiva de los vertebrados. Síntesis, Madrid.
    - VALLEDOR DE LOZOYA, A. 1994. Envenenamientos por animales. Animales venenosos y urticantes del mundo. Díaz de Santos, Madrid, 340 pp..

    Competencias
    Competencias xerais:
    - GVUSC01.- Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
    - GVUSC02.- Capacidade de análise e de síntese.
    - GVUSC03.- Coñecementos xerais sobre o área de traballo.
    - GVUSC04.- Planificación e xestión do traballo.
    - GVUSC05.- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
    - GVUSC06.- Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
    - GVUSC09.- Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
    - GVUSC10.- Compromiso ético e asunción de responsabilidades

    Competencias específicas disciplinares (saber):
    -CEDVUSC 11.- Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio ambiente.

    Competencias específicas profesionais (saber facer):
    - D1VUSC 03.- Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
    - D1VUSC 16.- Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.

    Competencias específicas académicas (querer facer):
    - CEAVUSC 03.- Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
    - CEAVUSC 04.- Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
    - CEAVUSC 05.- Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
    - CEAVUSC 06.- Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
    - CEAVUSC 08.- Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.

    Competencias transversais:
    - CTVUSC 01.- Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    - CTVUSC 02.- Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
    - CTVUSC 03.- Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
    - CTVUSC 04.- Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
    - CTVUSC 05.- Habilidade no manexo das TICs.
    - CTVUSC 06.- Utilización de información en lingua estranxeira.
    - CTVUSC 07.- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases maxistrais consistirán na explicación dos contidos da materia, por parte do profesorado e axudándose do encerado e dos medios audiovisuais. Os seminarios son actividades complementarias que serán impartidas polo profesorado, para a exposición de aspectos relacionados coas prácticas de laboratorio e do traballo que terán que presentar os alumnos.
    As prácticas de laboratorio servirán para a ilustración dos contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o/a estudante adquira habilidades e experiencia prácticas.
    Todas as tarefas do/a estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría.
    Docencia teórica:
    - Explicación ao estilo lección maxistral, apoiada na proxección de presentacións.
    - Un resumo do contido de cada lección, acompañado dunha selección gráfica, inserirase na páxina web da materia.

    Docencia práctica:
    - Breve introdución por parte do profesor.
    - Realización da práctica polos alumnos, seguindo as directrices marcadas por un guión, baixo o seguimento e a supervisión do profesor.
    - Os guións de prácticas inseriranse na páxina web da materia, a disposición dos alumnos.

    USC-virtual:
    - Utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para prover aos alumnos do material necesario para o desenrolo da materia (presentacións, apuntes, textos de apoio, bibliografía, etc.) e para establecer unha comunicación fluída co profesor.

    Sistema de evaluación
    A cualificación da materia obterase a partir dos resultados dun exame teórico (70% da nota final), a elaboración e presentación dun traballo sobre os resultados da práctica 5 (15% da nota final), e dunha avaliación continua (15% da nota final). Dentro da avaliación continua inclúese o aproveitamento das clases, seminarios e prácticas de laboratorio. As prácticas serán obrigatorias e a non asistencia a elas supón ter que presentarse a un exame práctico ao final do curso.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tratase dunha materia de 3 créditos, polo que o traballo máximo do alumno non lle debe ocupar mais de 75 horas totais.
    Traballo presencial na aula:
    - Clases Expositivas: 12 h (10 h clases maxistrais + 2 h seminarios)
    - Clases Interactivas: 15 h
    - Horas de Titorías: 3 h
    Total traballo presencial= 30 horas.
    Traballo persoal do estudante:
    - Estudo individual: 30 h (25 h estudo teoría + 5 h revisión bibliográfica).
    - Elaboración de traballos: 10 h (8 h traballo + 2 h presentacións orais).
    - Realización de exames: 3 h
    - Asistencias a charlas e outras actividades recomendadas: 2 h
    Total horas traballo persoal do estudante= 45 h
    Total horas presenciais + non presenciais: 75 h

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia a clase.
    - Traballo diario de fixación de conceptos, polo menos unha vez finalizada a explicación de cada lección.
    - Actualización dos conceptos adquiridos na materia Ciencias Fundamentais (Zooloxía), xa cursada.