G2091441 - Ecotoxicoloxía (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 12.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 3.00
- Clase Interactiva Seminario: 9.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 30.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses
- Áreas: Toxicoloxía
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia1.- Obxectivos específicos:
- Complementar os coñecementos adquiridos na disciplina Toxicoloxía Veterinaria.
- Identificar os principais axentes contaminantes do medio, así como a súa persistencia e bioacumulación nos seres vivos.
- Avaliar efectos ecotoxicolóxicos aplicando metodoloxía química e biolóxica.
- Estudar os procesos tóxicos que sofren os ecosistemas e que teñen interese nas ciencias veterinarias.
- Propoñer medidas de protección do medio hídrico e biorremediación.
2.- Obxectivos complementarios:
- Integrar a dimensión ecotoxicolóxica na formación dos futuros veterinarios de acordo coas esixencias actuais da sociedade, de tal forma que se sensibilicen e contribúan a unha xestión que mellore a calidade do medio.
- Establecer un foro de debate e estudo que aborde a situación ambiental no ámbito rural e urbano, os problemas e carencias que consideren máis importantes, así como as posibles solucións que se deberán adoptar para fomentando a sostibilidade.
En definitiva, que o alumno adquira unha cultura ecotoxicolóxica.
ContidosPROGRAMA TEÓRICO DE ECOTOXICOLOXÍA:
Tema 1. - Introdución á ecotoxicoloxía. Conceptos. Contaminación dos ecosistemas. Bioética do medio (1 hora).
Tema 2. - Procesos tóxicos nos ecosistemas. Tipos de contaminantes. Contaminantes persistentes: Biomagnificación. Bioacumulación: eutrofización (1 hora).
Tema 3. - Contaminación do medio acuático. Orixe, tipo, avaliación química da contaminación hídrica. Protección do medio hídrico: Monitorización e Lexislación (1 hora).
Tema 4. - Metodoloxía biolóxica para a avaliación da contaminación: Bioindicadores e Biomarcadores. Bioensayos en medio. Biosensores (1 hora).
Tema 5. - Intoxicación por contaminantes ambientais: Fluor (1,5 hora).
Tema 6. - Intoxicación por contaminantes ambientais: Nitratos e Nitritos (1,5 hora).
Tema 7. - Intoxicación por contaminantes ambientais: Praguicidas-Herbicidas e Funxicidas (3 hora).
Tema 8. - Intoxicación por contaminantes ambientais: Metais Pesados (I)-Cadmio (1 hora).
Tema 9. - Intoxicación por contaminantes ambientais: Metais Pesados (II)-Arsénico (1 hora).
Tema 10. - Intoxicación por outros Metais ambientais (III)- Mercurio (1 hora).
Tema 11. - Xestión ambiental. Depuración das augas. Biorremediación (1 hora).
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS PRÁCTICAS:
- LABORATORIO: Determinación cuantitativa de Nitratos en auga de bebida.
- PRÁCTICA DE CAMPO: Visita práctica á Estación Depuradora municipal (EDAR) de Lugo.
SEMINARIOS:
- Resolución de casos de impacto ambiental
- Exposición de traballos monográficos polos estudantes
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA* Y COMPLEMENTARIA:
APHA.AWWA. WPCF. Métodos normalizados para el análisis de aguas potables y residuales. Díaz de Santos. Madrid. 1992.
Buck WB*, Osweiler GD, Van Gelder GA. Toxicología Veterinaria Clínica y Diagnóstica. Ed Acribia. Zaragoza, 1981.
Capó Martí, M*. Incidencia ecotoxicológica de los metales pesados en poblaciones humanas. Ciencias Veterinarias-CGCVE, Volumen XX. Madrid, 1990
Capó Martí, M*. Principios de Ecotoxicología: Diagnóstico, Tratamiento y Gestión del Medio Ambiente. McGraw-Hill Profesional. Madrid, 2002.
Duffus, JH*. Toxicología Ambiental. Omega. Barcelona, 1983.
Easo, C and O’Halloran K. Biomarkers in toxicology versus ecological risk assessment. Toxicology, 2002.
Gafo J y otros. Ética y Ecología. Publicaciones de la Universidad Pontificaia de Comilllas. Madrid, 1991.
Hill M. Nitrates and nitrites in food and water. Ellis Horwood. New York, 1991.
Hodgson, E. A Textbook of Modern Toxicology. 3ª ed. Ed. Wiley-Interscience, New York, 2004
Humphreys DJ*. Veterinary Toxicology. Ed. Baillière Tindall. 3ª ed. London, 1988.
Jurado Couto, R*. Toxicología Veterianria. Ed. Salvat 2ª ed. Madrid, 1989.
Lagadic, L et al*. Biomarqueurs en écotoxicologie : aspects fondamentaux. Edt Masson. París, 1997.
Lagadic, L et al*. Utilisation de biomarqueurs pour la surveillance de la qualité de l’environnement. Tec & Doc Lavoisier, D.L. París, 1998.
McCarty, LS. Issues at the interface between ecology and toxicology. Toxicology, 2002. 181-182: 497-503.
Melgar, MJ. Métodos de evaluación ecotoxicológica, en: La gestión ambiental en la administración local de Galicia. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo. Lugo.2005.
Melgar Riol, MJ. Desafío a la Contaminación Medioambiental Hídrica mediante la Ecotoxicología y la Ética. Academia de Farmacia de Galicia. Santiago de Compostela, 2011.
Muniategui Lorenzo, S. Medioambiente y salud: Una visión analítica sobre los contaminantes prioritarios y de interés emergente. Academia de Farmacia de Galicia. Santiago de Compostela, 2013.
Nelson, W. Environmental contaminants in wildlife: interpreting tissue concentration. Lewis P.. Boca Raton, 1996.
Peña Castiñeira, FJ. y Melgar Riol MJ. A Xestión Ambiental nos Concellos Galegos. Curso de verano USC, 2009.
Peña Castiñeira, FJ. y Melgar Riol MJ. Xestión Integral de Residuos en Galicia. Curso de verano USC, 2010.
Ramade, F*. Précis d’écotoxicologie. Masson. París, 1992.
Reverte López, I. Fundamentos de Toxicología ambiental. Procompal. Almería, 2009.
Wayne GL, Ming-Ho Y. Introduction to environmental toxicology: impacts of Chemicals upon ecological Systems. Lewis cop. Boca Raton, 1995.
Competencias- Xenerais do Título de Grao en Veterinaria:
*GVUSC01- Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
*GVUSC02- Capacidade de análise e síntese.
*GVUSC03- Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
*GVUSC04- Planificación e xestión do traballo.
*GVUSC05- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
*GVUSC06- Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
*GVUSCO7- Habilidade para traballar nun contexto internacional.
*GVUSC08- Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
*GVUSC09- Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
*GVUSC10- Compromiso ético e asunción de responsabilidades.
-Específicas Disciplinares (saber):
*CEDVUSC11- Coñecemento das bases do funcionamento e optimación dos sistemas de produción animal e vexetal e as súas repercusións sobre o medio.
* CEDVUSC 14- Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os Regulamentos sobre os animais e o seu comercio.
*CEDVUSC 15- Coñecer os dereitos e deberes do Veterinario, facendo especial incidencia nos principios éticos.
*CEDVUSC 16- Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
-Específicas Profesionais (saber facer):
*D1VUSC02- Recoller e remitir especimenes co seu correspondente informe.
*D1VUSC03- Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
*D1VUSC11- Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, ambientais e de benestar, buscando a súa optimización.
*D1VUSC14- Realizar análise de risco, incluíndo os ambientais e de bioseguridade, así como a súa valoración, xestión e supervisión de sistemas de xestión da calidade.
*D1VUSC15- Asesoramento e xestión, técnica e económica, de empresas de ámbito veterinario nun contexto de sostibilidade. Aplicar os métodos de identificación individual dos animais.
*D1VUSC17- Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.
*D1VUSC18- Aplicar os coñecementos de raio-protección naqueles procedementos diagnósticos que requiran o uso de radiacións ionizantes.
- Específicas Académicas (querer facer):
*CEAVD1VUSC01- Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
*CEAVD1VUSC02- Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
*CEAVD1VUSC03- Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
*CEAVD1VUSC04- Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
*CEAVD1VUSC05- Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
*CEAVD1VUSC06- Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
*CEAVD1VUSC07- Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
*CEAVD1VUSC08- Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
- Transversais:
*CTVD1VUSC01- Capacidade para o razoamento e a argumentación.
*CTVD1VUSC02- Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
*CTVD1VUSC03- Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
*CTVD1VUSC04- Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
*CTVD1VUSC05- Habilidade no manexo de TICs.
*CTVD1VUSC06- Utilización de información en lingua estranxeira.
*CTVD1VUSC07- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza TOTAL HORAS DO ALUMNO 75: 30 horas traballo presencial e 45 horas traballo persoal do alumno.
TRABALLO PRESENCIAL EN AULA (10x n.º ECTS): 30 h.
Distribución temporal presencial:
- 12 horas de Clases Expositivas
- 3 horas de Clases Interactivas de Laboratorio
- 3 horas de Clases Prácticas de Campo
- 6 h de Clases Interactivas de Seminario
- 6 h de Titorías en grupos
- Atención complementaria a través de Ensino virtual: Plataforma no Campus virtual USC.
Nas clases expositivas utilizaranse medios audiovisuais xunto coas explicacións orais do profesor. Esporadicamente o profesor poderá interrelacionarse cos alumnos realizando preguntas para a súa contestación inmediata, e periodicamente (mensual) pediranse por escrito as respostas a todos os alumnos.
Na clase interactiva de Laboratorio, dando continuación a unha das clases interactivas tipo Seminario no que se presenta un caso clínico de intoxicación causada pola auga de bebida, proponse ao alumno, no Laboratorio de Toxicoloxía un diagnóstico analítico toxicolóxico: a determinación espectrofotométrica por luz U.V. de Nitratos en auga de bebida. Na súa resolución, os alumnos deben preparar reactivos e disolucións patrón para obter unha recta de calibrado fronte a un branco e aplicar sobre os resultados analíticos o programa informático excel. Finalmente, deben interpretar os resultados da auga problema á luz da Normativa vixente.
Na clase práctica de Campo, o alumno desprazarase á Estación Depuradora municipal (EDAR) de
Lugo, onde visitarán as instalacións co seu funcionamento, e posteriormente se obterá información das determinacións (análises químicas) dos parámetros rutineiros. Finalmente, o alumno elaborará un informe sobre o aprendido con criterios de saúde ambiental e sostibilidade.
Nas Titorías grupais, aos alumnos propoñeráselles, con carácter obrigatorio, un traballo monográfico, realizándose un seguimento por parte do profesor en cada hora de titoría.
Finalmente, os traballos de cada grupo serán expostos a todos os alumnos, nas horas destinadas a Seminarios. Os contidos constituirán parte da materia avaliable no exame final.
Sistema de evaluación- Para SUPERAR a materia, é obrigatoria a asistencia e participación activa en:
* Clases Interactivas de Laboratorio (20%): participación na realización da práctica no laboratorio ou asistencia á visita EDAR, valorando a actitude, boletíns-memorias debidamente cumplimentar (resultados, unidades, interpretación...) en tempo e forma.
* Titorías en grupos: elaboración de traballo monográfico.
* Clases Interactivas de Seminario: exposición de traballo monográfico (20%)
- A asistencia a Clases Expositivas é opcional. A asistencia ao 100% exime de realizar o exame final, pero a non asistencia implica a avaliación a través dun Exame Final tipo test e/ou conceptual (60%).
CALENDARIO DE ACTIVIDADES DOCENTES: http://www.facveterinarialugo.org/
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (15x Nº ECTS):
- Estudo individual: 20 h
- Elaboración de memorias de prácticas: 5 h
- Elaboración de traballos: 7 h
- Revisión bibliográfica, biblioteca, etc: 2 h
- Asistencia a charlas, u outras actividades recomendadas: 2 h
- Resolución de casos/problemas: 2 h
- Presentaciones oraies: 5 h
- Realización de exames: 2 h
Total horas de traballo persoal do alumno: 45 h
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia a clases expositivas.
- Consulta da Bibliografía básica
- Completar as clases expositivas e interactivas con Bibliografía complementaria
- Contar co apoio de titorías individuais e a USC-virtual para resolver cuestións
- Estudo personalizado ao día
- Estudo, atención e retención de conceptos, ideas... e evitar datos superfluos (secundarios). Secundar advertencias do profesor en clase.
ObservaciónsHorario de Tutorías individuais:
As horas de tutoría da profesora figuran oficialmente no taboleiro do Departamento (Pavillón 2).
Profesora Horario
M Julia Melgar Riol Martes, xoves e venres: 11-13 h