Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091442 - Inglés Técnico Veterinario (Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 14.50
  • Clase Interactiva Laboratorio: 15.00
  • Horas de Titorías: 0.50
  • Total: 30.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
  • Áreas: Filoloxía Inglesa
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ANDERSON MCGUIRE, JODEE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaNONSI
Grupo CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo fundamental do curso é desenrolar as capacidades do alumnado do acordo cos obxectivos xerais e específicos do programa do Grao en Veterinaria, por elo, o estudio da lingua inglesa se fará segundo as necesidades específicas deste programa.
    O alumnado desenvolverá o seu traballo no nivel de B1.2 e B2.1 nesta materia, de este xeito enténdese que xa obtiveron o nivel B1 ao longo da súa formación de secundaria.
    O nivel B1 e B2 veñen marcados polo Marco común europeo de referencia para as linguas. Se describen a continuación:
    Nivel B1: Adquírese ao ser quen de comprender os puntos principais de textos claros e en lingua estándar se tratan sobre cuestións coñecidas, xa sexa en situacións de traballo, de estudo ou de ocio; ao saber desenvolverse na maior parte das situacións que poden xurdir durante unha viaxe por zonas onde se utiliza a lingua; ao ser quen de producir textos sinxelos e coherentes sobre temas familiares ou nos que ten un interese persoal e cando se poden describir experiencias, acontecementos, desexos e aspiracións, así como xustificar brevemente opinións ou explicar plans.

    Nivel B2: Adquírese ao ser quen de entender as ideas principais de textos complexos que traten de temas tanto concretos como abstractos, mesmo se son de carácter técnico sempre que estean dentro do seu campo de especialización; cando a persoa se pode relacionar con falantes nativos e nativas cun grao suficiente de fluidez e naturalidade de modo que a comunicación se realice sen esforzo por parte de ningunha das persoas interlocutoras e cando pode producir textos claros e detallados sobre temas diversos, así como defender un punto de vista sobre temas xerais indicando os pros e os contras das distintas opcións.

    Contidos
    GRAMÁTICA
    A parte teórica deste materia tense deseñado para proporcionarlle o alumnado un modo de revisar os aspectos mais importantes da gramática inglesa e a súa aplicación na construción do discurso.

    VOCABULARIO
    Outro propósito é proporcionarlle unha revisión deste nivel intermedio estándar de vocabulario en inglés, así como a adquisición de novo vocabulario técnico, ou terminos que son específicos do rexistro científico, e tamén, semi-técnicos, por exemplo, non específicos pero de uso común en textos científicos e actuacións clínicas.

    Bibliografía básica e complementaria
    Gramática:
    Leech, G. N. e J. Svartvik. 1993. A Communicative Grammar of English. Londres e Nova York: Longman.
    McCarthy, M. & O’Dell, F. 1997. English Vocabulary in Use. Cambridge: C. U. P.
    Murphy, R. 1994. English Grammar in Use. Cambridge: C.U.P.
    Sinclair, J. (ed.). 1990. Collins Cobuild English Grammar. Londres: Williams Collins Sons & Co.
    Swan, M. 1980. Practical English Usage. Oxford: Oxford University Press.
    Swan, M. & C. Walter. 1997. How English works. Oxford: Oxford University Press.
    Vince, M. 1996. First Certificate Language Practice. Oxford: Heineman.
    Vince, M. 1994. Advanced Language Practice. Oxford: Heineman.


    Vocabulario:

    European Association for Animal Production (1985). Dictionary of animal productions terminology in English ,Spanish, German and Latin. Amsterdam: Elsevier.

    International Committee on Veterinary Gross Anatomical Nomeclature (2005): Nomina Anatomica Veterinaria. Hannover-Colombia-Gent-Sapporo: Ed. Committee. 5ª Ed.
    http://www.wava-amav.org/Downloads/nav_2005.pdf (31/05/2013).

    Rodríguez Río, Xusto A. Coordinador. 2008. Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria (galego-español-inglés). Santiago de Compostela: USC, Servizo de Normalización Lingüística.

    US National Library of Medicine /National Institute of Health: Medical Dictionary. http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/mplusdictionary.html (31/05/2013).


    Páxinas web de interese:
    http://www.thefreedictionary.com
    http://netvet.wustl.edu/vetmed/img.htm

    Competencias
    As seguintes competencias están descritas en detalle na memoria do Grao en Veterinaria que atopase no enlace citado abaixo.

    Xenéricas:
    GVUSCC01
    GVUSCC02
    GVUSCC03
    GVUSCC05
    GVUSCC06
    GVUSCC09

    Profesionais:
    D1VUSC17

    Académicas:
    CEAVUSC07

    Transversais:
    CTVUSC01
    CTVUSC03
    CTVUSC04
    CTVUSC06
    CTVUSC07

    http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/descargas/G2091_Veterinaria_2010_11.pdf


    Metodoloxía da ensinanza
    As sesións teóricas desta materia basearanse en textos orais e escritos do campo da medicina veterinaria que nos permitan estudar a lingua en uso. As clases serán fundamentalmente prácticas, e a participación activa do alumnado será fomentada e valorada.

    As sesións prácticas centraranse en poñer en prácticas a información presentada nas sesións teóricas para utilizar e practicar a gramática, o vocabulario, mais o uso xeral da lingua inglesa.



    Sistema de evaluación
    Ademais da observación en clase, o alumnado deberá realizar un exame escrito sobre os contidos desenvolvidos na aula. A avaliación se baseará na avaliación continua do alumnado ao longo da materia e segundo os seguintes criterios de convocatoria do exame final:

    Exame Ordinario (maio/xuño):
    (A) Para o alumnado que asiste regularmente á clase:
    - Avaliación continua por medio de actividades supervisadas: 20%
    - Exame oral: 20%
    - Exame escrito final: 60%

    Os exames escritos realizaranse na data establecida oficialmente polo centro e constituirán, xunto coa avaliación das actividades realizadas ao longo do curso, un único bloque ao que corresponderá o 80% da cualificación final. O restante 20% da nota corresponderá ao resultado obtido nun exame oral, a data do cal se anunciará coa suficiente antelación. Para aprobar a materia os estudantes deberán superar as partes escrita e oral independentemente, se ben no caso de ter superado un dos bloques manterase esa cualificación na convocatoria de xullo.

    (B) Para o alumnado que non ten a obriga legal de asistir a clase:
    -Tarefas realizadas fora do aula: 20%
    - Exame escrito final: 60%
    - Exame oral: 20%

    Exame de Extraordinario de recuperación (xullo)
    (A) O alumnado que asiste a clase e supera unha sección do exame de primeira opción pode gardar esta nota para o examen de segunda opción, en tal caso o sistema de avaliación está indicado enriba.
    (B) Para lo alumnado que non ten a obriga legal de asistir a clase, o exame final sumaralle o 100% da nota final desta materia:
    Exame escrito final: 70%
    Exame oral final: 30%.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A organización deste Grao afirma que o alumnado deberá dedicar polo menos 45 horas de estudo persoal aos materias presentados na aula. Obviamente, esta dedicación variará dependendo do nivel de lingua inglesa do alumno.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Coñecemento previo de inglés: Nivel B1 (instituto)
    Recomendase encarecidamente asistir a clase e participar activamente na mesma.

    Observacións
    Asistencia á clase:
    A asistencia á clase é obrigatoria, e o alumno debe ser capaz de realizar o traballo asignado na aula ao longo do curso. Ademais, porase certo énfase no traballo oral ao longo do ano académico; para a meirande parte dos alumnos, onde mellor se realiza este traballo oral é na aula. En calquera caso, o alumno que non asista a clase terase que responsabilizar do traballo feito na aula, tanto se está presente como se non. De feito, así o reflicte unha porcentaxe da cualificación final.