G2091443 - Microbioloxía Clínica Veterinaria (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 16.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 10.00
- Clase Interactiva Seminario: 2.00
- Horas de Titorías: 2.00
- Total: 30.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
- Áreas: Microbioloxía
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA materia de Microbioloxía Clínica Veterinaria ten como obxectivo principal dar a coñecer o alumno a importancia do diagnóstico laboratorial como medio auxiliar imprescindible na clínica veterinaria, así como as técnicas e ferramentas actuais empregadas no diagnóstico microbiolóxico.
Como obxectivos específicos, trátase de que o alumno aprenda:
1.-Os niveis de bioseguridade, medidas de contención, normas e boas prácticas no laboratorio de microbioloxía clínica.
2.-Que mostras biolóxicas serían de elección en relación coa sospeita etiolóxica, como se deben transportar/enviar, e que análises se deben solicitar.
3.-As principais técnicas utilizadas en microbioloxía clínica.
4.-A interpretación dos resultados emitidos polo laboratorio de microbioloxía.
5.-A elección dos antimicrobianos máis axeitados.
6.-As ferramentas de tipificación de microorganismos con fins epidemiolóxicos.
ContidosPROGRAMA TEÓRICO (16 horas)
Tema 1. Seguridade biolóxica nos laboratorios de microbioloxía clínica: Clasificación dos microorganismos. Medidas e niveis de contención. Normas e procedementos estándar. Xestión e tratamento de residuos.
Tema 2. Recollida, transporte e procesamento inicial das mostras no laboratorio de microbioloxía: Consideracións clínicas. Recollida e transporte das mostras. Recepción e avaliación das mostras: criterios xerais de admisión ou rexeitamento de mostra.
Tema 3. Métodos fenotípicos de identificación bacteriana: Cultivo. Características macroscópicas e microscópicas. Probas bioquímicas e de resistencia. Sistemas comerciais.
Tema 4. Métodos moleculares de identificación bacteriana: Fundamento das técnicas de identificación molecular. Xenes empregados como dianas moleculares para a identificación de bacterias. Interpretación de resultados.
Tema 5. Técnicas inmunolóxicas en microbioloxía clínica: Diagnóstico directo mediante a detección de antíxenos. Diagnóstico indirecto mediante a detección de anticorpos. Valoración da resposta inmune celular.
Tema 6. Micoloxía clínica: Técnicas en micoloxía. Mostras clínicas. Exame, cultivo e identificación.
Tema 7. Viroloxía clínica: Técnicas de diagnóstico virolóxico.
Tema 8. Epidemioloxía microbiana: Caracterización e tipificación de microorganismos con fins epidemiolóxicos. Marcadores fenotípicos e xenotípicos.
Tema 9. Análise microbiolóxica post-mortem: Toma de mostras post-mortem. Criterios para a interpretación de resultados en microbioloxía post-mortem.
PROGRAMA PRÁCTICO (10 horas)
-Análise de casos clínicos: diagnóstico bacteriolóxico, micolóxico y virolóxico.
-Interpretación de resultados e elaboración de informes.
-Caracterización e tipificación molecular de axente infeccioso con fins epidemiolóxicos.
Bibliografía básica e complementaria- FORBES AB, SAHM D, WEISSFELD A. Bailey & Scott Diagnóstico microbiológico 12ª edición. Editorial Médica Panamericana. 2009.
- PRATS G. Microbiología Clínica. Editorial Médica Panamericana. 2005.
- QUINN P, CARTER ME, MARKEY BK, CARTER GR. Clinical Veterinary Microbiology 2nd edition. Mosby-Wolfe. 2013.
- SONGER JG, POST KW. Veterinary Microbiology. Bacterial and fungal agents of animal disease. Elsevier Saunders. 2005.
- VERSALOVIC J, CARROLL KC, FUNKE G, JORGENSEN JH, LANDRY ML, WARNOCK DW. Manual of Clinical Microbiology 10th edition. American Society for Microbiology. 2013.
- WINN WC, ALLEN SD, JANDA WM, KONEMAN EW, PROCOP GW, SCHRENCKENBERGER PC, WOODS GL. Koneman. Diagnóstico microbiológico. Texto y Atlas en color. Editorial Médica Panamericana. 2008.
Páxinas Web de interese:
SEIMC. Procedimientos en microbiología clínica. http://www.seimc.org/documentos/protocolos/microbiologia/prcto_down.htm
Competencias1. COMPETENCIAS XERAIS:
-GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
-GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
-GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
-GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
2. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DISCIPLINARES (saber):
-CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
3. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS PROFESIONAIS (saber facer):
-D1VUSC 02. Recoller e remitir especímenes co seu correspondente informe.
-D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
4. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS ACADÉMICAS (querer facer):
-CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do/a Veterinario/a.
-CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
5. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
-CTVUSC 02. Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
-CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
-CTVUSC 06. Utilización de información en lingua extranxeira.
-CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Metodoloxía da ensinanza -Clases maxistrais con apoio TIC.
-Traballo práctico autónomo en grupo reducido e supervisado polo profesor.
-Seminarios.
-Titorías programadas.
-Estudo independiente de cada alumno.
-Titorías individuais.
Os contidos do Programa Teórico impartiranse en clases maxistrais de aproximadamente 50 minutos e o alumnos poderán intervir nos debates que se susciten. O material didáctico orientativo exposto nas clases poñerase a disposición dos alumnos con antelación a través do Campus Virtual.
Os contidos prácticos impartiranse no laboratorio de prácticas da Unidade de Microbioloxía do Pavillón I da Facultade de Veterinaria. A asistencia ás sesións prácticas é obrigatoria, e o estudante deberá levar bata branca para a realización das mesmas.
Os seminarios están orientados a desenvolver temas complementarios ao programa teórico de especial interese ou actualidade. O profesor realizará unha exposición oral do tema con apoio TIC. Terase facilitado previamente a través da aula virtual un resumo do tema a tratar ou algún artigo científico de especial interese no tema. Estimularase o debate dos alumnos.
Para o estudo independente o alumno pode recorrer á bibliografía recomendada e o material recompilado durante as clases maxistrais e as sesións prácticas.
Ademais das titorías programadas, o profesor estará a disposición dos alumnos no seu despacho en horario de titorías individuais (6 horas semanais). O obxectivo das titorías individuais é resolver os casos particulares do alumno relacionados coa materia.
Sistema de evaluaciónA avaliación realizarase sobre a base dos seguintes apartados:
A. AVALIACIÓN CONTINUA
A puntuación correspondente á Avaliación Continua supón o 20% da nota final que se asignará do seguinte xeito:
-Clases maxistrais: valoración da asistencia e participación nos supostos formulados en clase.
-Prácticas de laboratorio: valoración do traballo individual e colectivo sobre a base da resolución de problemas. Elaboración de memoria de prácticas.
-Seminarios: valoración da asistencia e participación.
-Titorías programadas: valoración da asistencia.
B. AVALIACIÓN ESCRITA
A proba escrita realizarase na data e hora acordadas en Xunta de Facultade, na aula reservada para o devandito propósito. O exame escrito incluirá preguntas do programa teórico e práctico. A puntuación correspondente á Avaliación Escrita supón o 80% da nota final.
C. AVALIACIÓN GLOBAL
O cálculo da nota final será = Nota Avaliación Continua + Nota Avaliación Escrita
A nota para superar a materia será maior o igual a 5 en todos os casos.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
- Clases maxistrais: 16 horas
- Prácticas de laboratorio: 10 horas
- Seminarios: 2 horas
- Titorías programadas: 2 horas
- Realización de exames: 3 horas
- Total horas de traballo presencial: 33
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
- Estudo individual: 32 horas
- Elaboración de memoria de prácticas: 3 horas
- Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.: 5 horas
- Resolución de casos /problemas: 2
- Total horas de traballo persoal do estudante: 42
TOTAL HORAS DO ALUMNO: 75
Recomendacións para o estudo da materiaO alumno debe de asistir ás clases teóricas, seminarios e titorías programadas para unha axeitada aprendizaxe da materia e para optar a unha avaliación positiva na Avaliación Continua.
É moi importante que o alumno posúa unha boa base das materias previas de Microbioloxía Veterinaria, Inmunoloxía e enfermidades infecciosas, polo que se recomenda unha revisión dos conceptos estudados nestas.
É recomendable que previamente á asistencia ás clases teóricas e seminarios, os alumnos realicen unha lectura comprensiva do material docente dispoñible na aula virtual. Recoméndase que o alumno complete o devandito material docente orientativo coas oportunas anotacións tomadas en clase e coa bibliografía salientada. Anímase os alumnos a que realicen unha busca complementaria de información sobre os supostos formulados en clase e os temas tratados nos seminarios, para poder participar nos debates.
É aconsellable o estudo periódico da materia e a asistencia ás titorías programadas para resolver as dúbidas que vaian xurdindo.
ObservaciónsHorario de titoría:
Luns, mércores, venres de 09:00-11:00h no despacho da Unidade de Microbioloxía, Pavillón I, Facultade de Veterinaria