Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

G2091444 - Oncoloxía Clínica Veterinaria (Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 14.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 4.00
  • Total: 30.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Barreiro Lois, Andrés.NON
BRAVO MORAL, ANA MARIA.NON
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO.NON
GONZALEZ CANTALAPIEDRA, ANTONIO.NON
LOPEZ PEÑA, MONICA.NON
QUIROGA BERDEAL, MARIA ISABEL.NON
QUIROGA BERDEAL, MARIA ISABEL.NON
Santamarina Pernas, Germán.NON
SUAREZ REY, MARIA LUISA.SI
Vázquez Rodríguez, Sonia.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaNONSI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos específicos da Oncoloxía Clínica Veterinaria son os seguintes:
    1. Coñecer os conceptos básicos da bioloxía tumoral.
    2. Coñecer as principais características dos diferentes tipos tumorais e como estes influencian a estadificación e o grao das neoplasias.
    3. Coñecer as diferentes modalidades diagnósticas aplicables a pacientes con cancro.
    4. Coñecer as diferentes modalidades terapéuticas utilizadas nos pacientes con cancro incluídas os coidados paliativos.
    5. Ser capaz de establecer un plan terapéutico e emitir un prognostico nun paciente con cancro.
    6. Recoñecer, diagnosticar e levar a cabo unha formulación terapéutica dos tumores máis frecuentes en medicina veterinaria.
    7. Relacionar e aplicar os coñecementos doutras materias.
    8. Coñecer e usar de forma crítica as fontes bibliográficas.

    Contidos
    Contidos das clases EXPOSITIVAS (14 horas):

    Os tres primeros temas teran unha duración aproximada de 5 horas:
    - Tema 1. Bioloxía e patoxenia das neoplasias. Carcinoxénesis. Proliferación e metástase. Inmunoloxía das neoplasias.
    - Tema 2. Diagnóstico das neoplasias I. Clasificación e gradación.
    - Tema 3. Diagnóstico das neoplasias II. A citoloxía e a biopsia. Marcadores tumorais. Factores prognósticos.
    - Tema 4: Síndromes paraneoplásicos e urxencias oncolóxicas (1 hora)
    - Tema 5: Diagnóstico por imaxe en oncoloxía (2 horas)
    - Tema 6. Cirurxía en oncoloxía (1.5 horas)
    - Tema 7. Quimioterapia en oncoloxía (2 horas)
    - Tema 8. Radioterapia (1 hora)
    - Tema 9: Coidados do paciente oncolóxico: control da dor, coidados de soporte e paliativos (1.5 horas)

    Contidos SEMINARIOS (12 horas):
    Seminario 1. Neoplasias cutáneas máis frecuentes. Formulación diagnóstica e terapéutica (2 horas)
    Seminario 2. Neoplasias máis frecuentes dos órganos hematopoiéticos ou linforeticulares. Formulación diagnóstica e terapéutica (2 horas)
    Seminario 3. Neoplasias máis frecuentes do aparato reprodutor. Formulación diagnóstica e terapéutica (2 horas)
    Seminario 4. Sarcomas. Formulación diagnóstica e terapéutica (2 horas)
    Seminario 5. Neoplasias dos órganos internos e serosas. Formulación diagnóstica e terapéutica (2 horas)
    Seminario 6. Neoplasias dos órganos internos e serosas. Formulación diagnóstica e terapéutica (2 horas)
    Bibliografía básica e complementaria
    Textos
    ARGYLE, D.J.; BREARLEY, M.J.; TUREK, M. (2010). Decision Making in Small Animal Clinical Oncology. Blackwell Publications.
    CRUMP, K.; THAMM, D.H. (2011). Cancer Chemotherapy for the Veterinary Health Team. John Wiley & Sons.
    HENRY, C.J.; HIGGINBOTHAM, M.L. (2010). Cancer Management in Small Animal Practice. Saunders/Elsevier.
    KUMAR, V., ABBAS, A.K., FAUSTO, N.; ASTER J. (2010). Robbins and Cotran Pathologic basis of disease, 8th Edition. Saunders, Elsevier. Philadelphia.
    LASCELLES, D.; DOBSON, J.M. (2010). BSAVA Manual of Canine and Feline Oncology (BSAVA British Small Animal Veterinary Association). BSAVA Publications.
    MEUTEN, D.J. (2002). Tumors in domestic animals. 4th ed. Iowa State Press.
    RASKIN, R.E.; MEYER, D. (2009). Canine and Feline Cytology: A Color Atlas and Interpretation Guide. Saunders (2ª ed).
    SEGUIN, B.; KUDNIG, S.T. (2012). Veterinary Surgical Oncology John Wiley & Sons.
    WITHROW, S.J.; VAIL, D.M. (2012). Withrow and MacEwen's Small Animal Clinical Oncology 5rd Ed., Saunders.
    ZACHARY, J.F.; McGAVIN, M.D. (2012). Pathologic basis of Veterinary Disease. 4th ed. Ed. Mosby, St. Louis. Missouri.

    Recursos da Internet
    http://www.path.uiowa.edu/cgi-bin-pub/vs/cancer_pathology/ca_pathology.cgi
    http://www.oncolink.org/types/index.cfm
    http://petcancervet.co.uk/cytology.htm
    http://www.vin.com (usar correo institucional da USC para solicitar alta. Gratuito para estudiantes).
    http://www. ivis. org (require darse de alta, gratuito).
    http://www.vetlearn.com (require darse de alta, gratuito).

    Competencias
    Competencias xenéricas
    GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
    GVUSC02. Capacidade de análisi e síntese.
    GVUSC03. Coñecementos xerais sobre a área de traballo.
    GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
    GVUSC05. Capacidade de aplicar los coñecementos na práctica.
    GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipa.
    GVUSC07. Habilidade para traballar nun contexto internacional.
    GVUSC08. Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
    GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
    GVUSC10. Compromiso ético e asunción de responsabilidades.

    Competencias disciplinares:
    CEDVUSC 07. Coñecemento das alteracións da estrutura e función do organismo animal.
    CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfase nas zoonoses e nas enfermidades de declaración obrigatoria.
    CEDVUSC 09. Bases xerais dos tratamentos médico-cirúrxicos.

    Competencias específicas profesionais (saber facer, competencias a día 1, day-one skills)
    D1VUSC 01. Realizar a historia e a exploración clínica dos animais.
    D1VUSC 02. Recoller e remitir espécimes co seu correspondente informe.
    D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
    D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
    D1VUSC 07. Realizar os tratamentos médico-cirúrxicos básicos nos animais.
    D1VUSC 08. Prescribir, manexar e administrar correctamente os medicamentos de uso veterinario.
    D1VUSC 17. Realizar informes técnicos propios das competencias veterinarias.

    Competencias específicas académicas (querer facer), aplicables a todos os perfis
    CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario.
    CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
    CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional do veterinario de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral.
    CEAVUSC 04. Buscar e xestionar a información relacionada coa actividade do veterinario.
    CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
    CEAVUSC 06. Saber buscar asesoramento e axuda profesionais.
    CEAVUSC 07. Ter coñecementos básicos dunha lingua estranxeira, especialmente en aspectos técnicos relacionados coas Ciencias Veterinarias.
    CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.

    Competencias transversais:
    CTVUSC 01. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
    CTVUSC 02. Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
    CTVUSC 03. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
    CTVUSC 04. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa.
    CTVUSC 05. Habilidade no manexo das TICs.
    CTVUSC 06. Utilización de información en lingua estranxeira.
    CTVUSC 07. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.

    Metodoloxía da ensinanza
    O traballo presencial en Oncoloxía Clínica Veterinaria desenvólvese en 14 horas de clases expositivas, 4 horas de titorías en grupos reducidos e 12 horas de seminarios.
    As clases expositivas comprenden unha parte importante das horas presenciais do alumno, con 14 horas na aula. Estas horas repartiranse ao longo de todo o semestre segundo figura no calendario oficial do centro.

    Luns 3 de febreiro - 16-18 horas - Clase expositiva
    Luns 17 de febreiro -16-18 horas - Clase expositiva
    Luns 10 de marzo -16-18 horas - Clase expositiva
    Luns 24 de marzo - 16-18 horas - Clase expositiva
    Mércores 26 de marzo - 16-18 horas - Clase expositiva
    Xoves 10 de abril - 9-11 horas - Clase expositiva
    Luns 21 de abril - 9-11 horas - Clase expositiva

    Os seminarios abranguen 2 horas durante 6 días repartidos ao longo de todo o semestre segundo figura no calendario oficial do centro. Os seminarios centraranse na descrición das características histolóxicas e comportamento biolóxico das neoplasias específicas frecuentes en pequenos animais, así como na valoración diagnóstica e terapéutica. A abordaxe destes temas farase a través de casos clínicos.

    Xoves 6 de febreiro - 16-18 horas - Seminario 1
    Xoves 13 de febreiro - 16-18 horas - Seminario 2
    Luns 27 de febreiro - 16-18 horas - Seminario 3
    Luns 17 de marzo - 16-18 horas - Seminario 4
    Luns 7 de abril - 16-18 horas - Seminario 5
    Xoves 8 de maio - 9-11 horas - Seminario 6

    A maiores, ao longo do curso propoñeranse unha serie de actividades (8 en total) baseadas na resolución de diferentes situacións clínicas e de busca de información (traballo non presencial). A USC virtual será de grande apoio para a realización e xestión de todos estes traballos adicionais por parte do estudante.
    Impartiranse 4 horas de titorías que servirán de repaso e para solucionar as dúbidas que puidesen xurdir tanto das clases expositivas, dos seminarios e das distintas actividades que se propoñerán ao longo do curso como traballo non presencial.

    Luns 10 febreiro
    • 16-17 horas Titoría 1 G1
    • 17-18 horas Titoría 1 G2
    Luns 24 de febreiro
    • 16-17 horas Titoría 2 G1
    • 17-18 horas Titoría 2 G2
    Xoves 24 de abril
    • 9-10 horas Titoría 3 G1
    • 10-11 horas Titoría 3 G2
    Venres 9 de maio
    • 9-10 horas Titoría 4 G1
    • 10-11 horas Titoría 4 G2

    A través da USC virtual poñerase a disposición dos alumnos o material de apoio para o seguimento das clases expositivas e seminarios, así como o material complementario que inclúa lecturas recomendadas, casos clínicos, enlaces web, etc.



    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia realizarase sobre a base dun sistema de avaliación continua (30%) e un exame final (70% da cualificación final).
    A avaliación dos contidos teóricos terá lugar do seguinte xeito:
    • Avaliación Continua do alumnado ao longo do curso que recollerá o traballo persoal do estudante no horario de clase teórica e seminarios mediante diferentes probas: exercicios escritos, programados ou non programados, participación activa en clase, así como a nota obtida nos diferentes traballos propostos ao longo do curso. Esta avaliación continua supoñerá o 30% da nota teórica total. O peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de Xullo) será o mesmo que na de maio.
    • Exame Teórico: o exame consistirá na resposta a preguntas que sobre os contidos abranguidos nas clases expositivas e seminarios mediante o sistema de formularios tipo test, de preguntas curtas, e/ou de ensaio, empregando os axeitados soportes gráficos. Para superar a materia será necesario aprobar o exame teórico. O exame teórico suporá o 70% da nota total.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial na aula:
    • Clases maxistrais: 14 horas
    • Seminarios: 12 horas
    • Titorías en grupos reducidos: 4 horas

    Traballo persoal do estudante
    • Estudo individual: 18 horas
    • Revisión bibliográfica, biblioteca, etc.: 10 horas
    • Resolución de casos/problemas: 15 horas
    • Realización de exames: 2 horas

    Total horas de traballo presencial: 30
    Total horas de traballo persoal do estudante: 45
    Total horas do estudante: 75

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia a clases teóricas e seminarios.
    - Traballo continuado e seguimento simultáneo do estudo coa docencia expositiva.
    - Fixarse na datas establecidas para a entrega de traballos e as datas de exame e comezar a preparación con antelación.
    - Utilización das titorías personalizadas presenciais ou a través das ferramentas de comunicación da USC virtual.
    - Utilización do material achegado polo profesorado como guía de estudo: esquemas e apuntamentos postos a disposición na USC virtual.
    - Utilización do material elaborado e das notas tomadas polo alumno durante a clases presenciais.
    - Emprego das fontes bibliográficas recomendadas: libros de texto, atlas de imaxes, páxinas web...