Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Veterinaria  »  Información da Materia

P2091111 - Manexo e toma de mostras de fauna silvestre e animais exóticos en investigación animal (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
  • Clase Interactiva Seminario: 6.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias
  • Centro: Facultade de Veterinaria
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
LOPEZ BECEIRO, ANA MARIA.SI
RIGUEIRA REY, LUCAS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaNONNON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Familiarizar ao alumno coas diferentes especies exóticas e silvestres como animais de investigación, no referente ao manexo, exploración, tratamento e á toma de mostras.
    Contidos
    PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS:
    Tema 1: Prevención de ricos laborais durante o traballo con especies exóticas e silvestres: Riscos físicos e biolóxicos.
    SECCIÓN I: AVES
    Tema 2: Manexo e exploración básica. Datos biométricos de interese. Suxeición, inmobilización e anestesia. Anestesia inhalatoria.
    Tema 3: Aplicación de tratamentos terapéuticos. Vía oral, intubación esofáxica, vía subcutánea, intramuscular, intravenosa e intraósea.
    Tema 4: Protocolo de mostraxe en función da investigación. Mostras: Pel, sangue e vísceras.
    SECCIÓN II: RÉPTILES
    Tema 5: Manexo e exploración básica. Datos biométricos de interese. Suxeición, inmobilización e anestesia. Anestesia inhalatoria.
    Tema 6: Aplicación de tratamentos terapéuticos. Vía oral, intubación esofáxica, vía subcutánea, intramuscular, intravenosa e intraósea.
    Tema 7: Protocolo de mostraxe en función da investigación. Mostras: Pel, sangue e vísceras.

    SECCIÓN III: RUMINANTES E CARNÍVOROS SILVESTRES
    Tema 8: Manexo e exploración básica. Datos biométricos de interese. Suxeición, inmobilización, protocolos de sedación e anestesia.
    Tema 9: Aplicación de tratamentos. Vía subcutánea, intramuscular e intravenosa.
    Tema 10: Protocolo de mostraxe en función da investigación. Mostras: Pel, sangue e vísceras.
    PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS:
    - Suxeición e manexo de aves.
    - Anestesia xeral en aves e réptiles.
    - Toma de mostras sanguíneas en aves e réptiles.
    - Interpretación da extensión sanguínea.
    - Vías de administración de medicación: vía oral (intubación esofáxica), subcutánea, intramuscular, intravenosa e intraósea nas diferentes especies.
    - Toma de mostras: Pel e vísceras nas diferentes especies.
    - Visita programada a un núcleo zoolóxico ou centro de recuperación de fauna silvestre.

    Bibliografía básica e complementaria
    ALTMAN RB, CLUBB SL, DORRESTEIN GM, QUESEBERRY K. Avian medicine and surgery. Saunders. Philadelphia. 1997.
    CAMPBELL TW, ELLIS C. Avian and exotic animal hematology and cytology. Iowa State University Press. Iowa. 2007.
    FOWLER ME. Restraint and handling of wild and domestic mammals. Wiley-Blackwell. Florida. 2008.
    FOWLER ME, MILLER RE. Zoo and wild animal medicine. Saunders. Philadelphia. 2008.
    FUDGE AM. Laboratory medicine: Avian and exotic pets. Saunders, Philadelphia. 2000.
    HARRISON GJ, LIGHTFOOT TL. Clinical avian medicine. Spix Publising. Florida. 2006.
    MADER DR. Reptile medicine and surgery. Saunders Elsevier. St Louis. 2006.
    MATEOS-QUESADA P. Biología y comportamiento del corzo ibérico. Universidad de Extremadura. Cáceres. 2002
    MCARTHUR S, WILKINSON R, MEYER J. Medicine and surgery of tortoises and turtles. Blackwell. London. 2004.
    MEREDITH A, REDROBE S. The BSAVA manual of exotic pets. BSAVA. Gloucestershire. 2002.
    MITCHELL M, TULLY TN.. Manual of exotic pet practice. Saunders. St Louis. 2009.
    SAMOUR J. Avian medicine. Mosby, London. 2000.

    Competencias

    - Dominar o modo de suxeición e manexo seguros das diferentes especies de animais exóticos e silvestres.
    - Coñecer os protocolos de sedación e anestesia máis recomendados en cada especie
    - Aplicar tratamentos por diferentes vías nas distintas especies.
    - Ser capaces de tomar mostras en animal vivo e en cadáveres.

    Metodoloxía da ensinanza
    Combinarase o ensino teórico coa práctica. A teórica desenvolverase mediante presentacións Power-Point, tentando a máxima participación dos alumnos. Os últimos minutos dedicaranse a preguntas e debate.
    Na parte práctica contarán con cadáveres e animais vivos sobre os que desenvolver os coñecementos adquiridos na parte teórica.
    Sistemas e criterios de avaliación da aprendizaxe:
    Valorarase a asistencia ás clases teóricas, ás prácticas e aos seminarios, así como, o nivel de aproveitamento mediante avaliación continua.
    Nos casos nos que a avaliación continua sexa negativa, levarase a cabo un exame final teórico-práctico.

    Sistema de evaluación
    Valorarase a asistencia ás clases teóricas, ás prácticas e aos seminarios, así como, o nivel de aproveitamento mediante avaliación continua.
    Nos casos nos que a avaliación continua sexa negativa, levarase a cabo un exame final teórico-práctico.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais Factor Horas traballo autónomo Horas totais ECTS
    Teóricas 10 1,5 15 25 1
    Prácticas 10 1 10 20 0.8
    Seminarios 4 4 16 20 0.8
    Titorías 4 0 0 4 0,16
    Avaliación 2 2 4 6 0.24
    Total 30 45 75 3.0

    Recomendacións para o estudo da materia
    É precisa a asistencia ás clases teóricas, prácticas e seminarios. Recoméndase consolidar os coñecementos adquiridos mediante consulta de textos e páxinas web de interese, así como facer uso do apoio titorial.