P2091112 - Fundamentos para elaborar, organizar, escribir e editar un traballo de investigación (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Anatomía e Produción Animal, Ciencias Clínicas Veterinarias
- Áreas: Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas, Ciencias Clínicas Veterinarias
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoItalianoInglésObxectivos da materiaFacilitar o deseño integral dun traballo de investigación, dende a formulación inicial do problema ata a redacción e edición do manuscrito de saída
ContidosPROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
• Introducción á investigación: conceptos básicos.
• Ferramentas de axuda.
• Problemas máis frecuentes de ortografía. Cuestións clave de ortografía técnica.
• Citas e referencias bibliográficas coherentes. Programas de xestión bibliográfica.
• Nocións de ortotipografía – a forma e o aspecto son moi importantes.
• Maquetación e deseño básico del manuscrito.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
As prácticas faranse sobre o propio traballo de investigación do alumno, o un borrador de este no que se abordarán cada unha das fases a medida que vaian sendo tratadas nas clases teóricas: planificación do traballo, elaboración do índice, base de datos bibliográfica, epigrafiado, maquetación e deseño.
SEMINARIOS OPCIONAIS
En colaboración coa biblioteca Intercentros de Lugo, e previo acordo nas datas cos alumnos e máis o persoal da mesma, se pode programar un seminario sobre xestión de bibliografía e pescuda de documentación nas bases de datos máis usuais. Dependerá do interese e a necesidade que mostre o alumnado ao respecto.
Bibliografía básica e complementariaA bibliografía completa e actualizada -especialmente nas citas referidas a Internet- darase durante o curso.
As citas máis básicas de carácter xeral son as seguintes:
-Ortografía y ortotipografía del español actual. José Martínez de Sousa.
-Cómo escribir y publicar trabajos científicos. Robert A. Day.
-Guía para la lectura de artículos de revisión. Andrew Oxman y Gordon Guyatt.
-Guía para realizar, escribir y publicar trabajos de investigación. José Luis Caivamo.
-Ortografía de la Lengua Española. Real Academia Española.
-Diccionario de Falsos Amigos. Marcial Prado.
Competencias- Deseño e planificación temporal dun traballo de investigación.
- Recoñecemento das normas ortográficas básicas, uso de traducións, siglas e abreviaturas universais.
- Elaboración dunha bibliografía correcta, coherente coas normas internacionais, actualizable e fácil de implementar na edición final do manuscrito.
- Adquisición dunhas normas elementais de ortotipografía e edición.
- Emprego das ferramentas informáticas e dixitais máis habituais para estes propósitos.
Metodoloxía da ensinanza Sesións teóricas participativas nas que a exposición de cada profesor será ilustrada cos exemplos e materiais adecuados, e practicada en tempo real polos alumnos de maneira que os conceptos queden claros ao remate de cada sesión.
Exercicios e tarefas sinxelas para practicar os contidos teóricos.
Aula virtual cos contidos básicos, enlaces, calendario da programación da materia, traballos propostos, portafolios, foro de dúbidas e outras ferramentas de comunicación que faciliten o traballo persoal do alumno.
Seminario opcional de xestión bibliográfica.
Prácticas de ordenador nas que exercitar parte das ferramentas de axuda expostas nas las sesións teóricas.
Sistema de evaluaciónCada sesión constitúe un elemento de avaliación continua en si mesma, xa que os alumnos deberán saír delas cos conceptos claros. Os profesores poderán encargar a realización de tarefas sinxelas nas que poñer en práctica o aprendido, para verificar o aproveitamento do alumno.
A asistencia e participación activa nas sesións representa un 40% do total da cualificación final.
Ao remate do curso deberán presentar a maqueta dun traballo orixinal de investigación no que se haxan posto en práctica os conceptos, habilidades e destrezas adquiridos, co obxecto de ser editado.
Este traballo final completará a avaliación global da materia e representa un 60% do total da nota final.
Tempo de estudo e traballo persoalTOTAL HORAS DE TRABALLO PRESENCIAL: 24
Sesións teóricas: 9 horas
Prácticas de ordenador: 12 horas
Tutorías: 3 horas
TOTAL HORAS DE TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE: 51
Estudo individual (x 1,5): 14 horas
Elaboración de traballos: 37 horas
Recomendacións para o estudo da materiaÉ desexable ter coñecementos básicos dun procesador de textos, preferiblemente WORD que é o que empregaremos para a parte fundamental do curso. Admítese naturalmente calquera outro software que o alumno coñeza.
Comezar cunha idea do que será o corpo fundamental do propio traballo de investigación é moi positivo xa que se irá traballando nel a medida que se vaian completando as diferentes fases dos contidos. Desta forma o alumno pode finalizar o seminario cun borrador bastante completo do TRABALLO FIN DE MÁSTER que haberá de presentar ao finalizar o curso.