P2091113 - Protección e experimentación animal (Módulo Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 6.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Ciencias Clínicas Veterinarias, Departamento Externo
- Áreas: Ciencias Clínicas Veterinarias, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Veterinaria
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOs obxectivos a acadar co estudo desta materia son que o/a estudante adquira coñecementos básicos sobre:
- A protección dos animais empregados en experimentación ou outros fins científicos.
- O uso ético e o benestar dos animais de laboratorio.
- O uso dos modelos animais de enfermidades humanas.
ContidosPROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
- Concetos básicos relativos aos aspectos éticos na experimentación animal.
- Lexislación sobre protección dos animais de experimentación.
- Bioseguridade.
- Transporte, recepción e identificación dos animais.
- Libro de rexistro.
- Eliminación de cadáveres.
- Condicións xerais dos procedementos experimentais.
- Procedementos prohibidos.
- Protocolo de necropsia e toma de mostras en animais de experimentación.
- Patoloxía en ratos transxénicos como modelo de enfermidades humanas.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
- Necropsia en rato, rata e coello.
- Toma de mostras e procesado dos diferentes órganos e tecidos.
- Ensaio de métodos estereolóxicos, morfometría e cuantificación de poboacións celulares de interese na caracterización fenotípica dun modelo animal
- Suposto práctico de aplicación da lexislación.
Bibliografía básica e complementaria- Benavides F, Guenet JL. (2001). Modelos murinos de enfermedades humanas. Medicina (Buenos Aires), 61: 215-231.
- Benavides, F.J. y J.L. Guénet. (2003). Manual de genética de roedores de laboratorio. Principios básicos y aplicaciones. Universidad de Alcalá.
- Cantalapiedra JJ, Barcala ED, Pinto JP. (2008). Manual de formación en material de transporte animal. Benestar animal e movemento pecuario. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela. España
- Cantalapiedra JJ, Puerta JL, Ferreiro JM, Feás X, Vargas M, Lima J, Orejas J, Moreno A, Iglesias C, Araújo JP. (2011). Benestar Animal. Manual para formadores. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela. España.
- Coleman RA. (2003). Of mouse and man - what is the value of the mouse in predicting gene expression in humans?. Drug Discovery Today, 8 (6): 233-235.
- Costa J, Hernández MD, Rodríguez J. (2001). Introducción a la experimentación con animales. Universidad de Murcia.
- Cox R, Brown S. (2003). Rodent models of genetic disease. Current Opinion in Genetics & Development, 13 (3): 278-283.
- Erickson, RP (1996) Mouse models of human genetic disease: which mouse is more like a man?. Bioassays, 18: 993.
- Haydn P., Rastan S. (2003). Manipulation of the mouse genome: a multiple impact resource for drug discovery and development. Trends in Biotechnology, 21: (5): 224-232.
- Hedrich, H. (2004). The Laboratory Mouse, Elsevier.
- Houdebine, LM (1997). (ed.). Transgenic animals. Generation and use. Harwood academic publishers.
- Krinke, G.J. (2000) The Laboratory Rat. Academic Press.
- Ley 32/2007 de 7 de noviembre, para el cuidado de los animales, en su explotación, transporte, experimentación y sacrificio (BOE 168 de 8 de noviembre de 2007).
- Martín Orti, R., P. Marín García. ((2004). Atlas de anatomía de animales exóticos. Masson, S.A
- Martín Zúñiga, J (2001). Ciencia y Tecnología en Protección y Experimentación Animal. McGraw-Hill.
- Maronpot, R. (1999). Pathology of the Mouse. Cache River Press.
- Monastersky, GM, Robl, JM (1995) (ed.). Strategies in transgenic animal science. ASM Press.
- Olds, R.J. and J.R. Olds. (1988). A Colour Atlas of the Rat. Disecction Guide. Wolfe Medical Publications LTD
- Olfert ED, Cross BM, McWilliam AA (Ed.). (1998). Manual sobre el cuidado y uso de los animales de experimentación. Canadian Council on Animal Care.
- Pérez Monguió. (2003). Textos legales sobre experimentación animal. Universidad de Cádiz
- Real Decreto 1201/2005 de 10 de octubre, sobre protección de los animales utilizados para experimentación y otros fines científicos (BOE 252 de 21 de octubre de 2005).
- Recomendación 2007/526/CE de 18 de junio, sobre las líneas directrices relativas al alojamiento y al cuidado de los animales utilizados para experimentación y otros fines científicos (DOCE de 30 de julio de 2007).
- Resor L, Bowen TJ, Wynsshaw-Boris A (2001). Unravelling human cancer in the mouse: recent refinements to modelling and analysis. Human Molecular Genetics, 10 (7): 669-675.
- Rossant J, Tam P. (2002). Mouse development.
- Rugh, R. (1990). The Mouse. Its Reproduction and Development. Oxfor University Press.
- Sainz Moreno, L, J.L. García de Osma y C. Compaire Fernández. (1993). Animales de laboratorio (Producción, manejo y control sanitario). INIA.
- Suckow, M.A., P. Dannerman and C. Brayton. (2001). The Laboratory Mouse. CRC Press.
- Tuveson DA, Tyler J. (2002). Technologically advanced cancer modelling in mice. Current opinion in Genetics & Development, 12: 105-110.- Van Dyke T, Jacks T. (2002). Cancer modelling in the modern era. Progress and challenges. Cell, 108 (2): 135-144.
- Van Zutphen, L.F.M., V. Baumans y A.C. Beynen, eds. (1999). Principios de la Ciencia del Animal de Laboratorio. Elsevier.
- Ward, J., Mahler, J.F., Maronpot, R.R., Sundberg, J.P. (2000). Iowa State Press.
CompetenciasCompetencias, destrezas ou habilidades que o/a estudante debe adquirir co estudo desta materia:
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
- Coñecemento e aplicación dos aspectos éticos e normativos a nivel Europeo, Nacional e autonómico na experimentación animal.
- Coñecemento e aplicación da necropsia, toma de mostras e o seu procesado con fins de investigación.
COMPETENCIAS XERAIS
- Uso das fontes bibliográficas.
- Mellora da capacidade de redacción, exposición e síntese.
- Mellora da capacidade de diagnóstico e resolución de problemas.
Metodoloxía da ensinanza Cada estudante recibirá 30 horas presenciais nas cales se inclúen as clases teóricas, prácticase titorías, distribuídas ao longo dunha semana.
As sesións teóricas serán 9 horas organizadas en presentacións en Power-Point sobre os contidos especificados no programa teórico, potenciando a interacción profesor-estudante.
As sesións prácticas se desenvolverán en 12 horas e as titorías en 9 horas.
Sistema de evaluaciónA cualificación de cada estudante levarase a cabo mediante avaliación continua. A avaliación continua basearáse na elaboración e presentación de seminarios de traballo (50% da nota final), participación do/a estudante (20%) e interese e destrezas amosadas nas sesións prácticas (30%).
Nos casos nos que dita avaliación sexa negativa, levarase a cabo un exame final teórico-práctico.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais Factor Horas traballo autónomo Horas totais ECTS
Teóricas 9 2,3 21 30 1,2
Titorías 9 0 0 9 0.4
Prácticas 12 2 24 36 1.4
Total 30 37,5 67,5 3.0
Recomendacións para o estudo da materiaPara o mellor aproveitamento do estudo desta materia se recomenda a os/as estudantes:
- A asistencia ás sesións presenciais (teóricas, prácticas, titorías).
- A utilización do material de apoiio empregado por o profesorado como guía de estudo: esquemas, apuntamentos, CDs, sitios web, artigos de investigación, etc.
- O emprego das fontes bibliográficas recomendadas.
- O uso regular das horas de titorías.
- O estudo constante ao longo do curso.