
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula directa no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Investigación en Medicina e Sanidade Veterinaria [L]
Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde
Centro onde se imparte:
Facultade de Veterinaria
Avda. Carballo Calero s/n.
27002
Lugo
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 28/02/2011
Data da última acreditación: 12/11/2010
Responsable do título:
Coordinador do título: PANADERO FONTAN, ROSARIO
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
A finalidade do título deberá ser a adquisición por parte do alumno dunha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar, orientado a promover a iniciación en tarefas investigadoras
COMPETENCIAS XERAIS
1. Coñecer os obxectivos, métodos e resultados das distintas áreas que compón o Máster, xunto coa contribución e desenvolvemento das ciencias abarcadas.
2. Analizar, sintetizar e interpretar resultados a través do método científico (validación e tratamento dos datos), coa especificidade das distintas áreas e cunha perspectiva cronolóxica da ciencia.
3. Analizar e resolver os problemas que poden presentarse dentro do seu ámbito e ser capaz de tomar decisións ao respecto.
4. Aplicar técnicas diagnósticas e de investigación, para obter uns resultados que sexan analizados e así poder emitir informes de carácter científico, tecnolóxicos ou doutros campos da ciencia
COMPETENCIAS ESPECIFICAS
1. Adquirir coñecemento dos aspectos xerais da experimentación nas áreas de Sanidade Animal, Medicina e Cirurxía Animal, así como das outras áreas de coñecemento que forman o programa do Máster.
2. Capacitar ao estudante para analizar e difundir os resultados dos traballos de investigación nestes campos
3. Realizar traballo experimental, para obter resultados fiables que lle permitan comprender e interpretar os mencionados resultados, para previr posibles riscos, asociados ao traballo no laboratorio.
4. Conseguir as destrezas e habilidades para deseñar, desenvolver ou adaptar a metodoloxía adecuada para levar a cabo un estudo experimental
5. Obter e manipular mostras para o seu posterior estudo. Aplicando en toda a actividade investigadora unhas normas éticas, ao mesmo tempo cando se manipule material vivo se establezan todas as normas de benestar e de boas prácticas cos animais
Este programa de Máster, pretende que o alumno adquira a formación necesaria, tanto teórica como práctica, para o desenvolvemento de traballos de investigación no ámbito de I +D+ I relacionados fundamentalmente coas áreas de Medicina e Sanidade Veterinaria, así como das outras áreas que estruturan o programa.
Para lograr este obxectivo global, o programa estrutúrase nun número de materias suficiente, nos que se pretende conseguir unha maior profundización en aspectos de especial interese.
Co programa Máster desenvolverase a formación de calidade que o alumno vai adquirir para a realización da Tese Doutoral de máxima calidade, incluso intentando nalgúns que obteña a cualificación europea.
Para lograr este obxectivo global, o programa se estrutura nun número de materias suficiente, nos que se pretende conseguir unha maior profundización en aspectos de especial interese.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 25
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
TITULACIÓNS DE ACCESO (por orde de preferencia):
1º) Licenciatura en Veterinaria
2ª) Licenciatura en Medicina ou Farmacia
3º) Licenciatura en Bioloxía
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Con esta materia o obxectivo é adquirir unha formación avanzada, de carácter especializado, orientado a promover a iniciación en tarefas investigadoras en Medicina e Sanidade Veterinaria, coñecer os principios metodolóxicos na investigación, identificar as diferentes fases de desenvolvemento dun estudo, coñecer os distintos tipos de estudos en investigación e as fontes de información así como preparar estudos de investigación e discutir de xeito crítico os resultados.
Está materia consiste no deseño e realización dun estudo experimental, titorizado por un Profesor Doutor do Máster. O traballo de Fin de Máster deberá verificar as competencias adquiridas polos alumnos nas materias impartidas no primeiro cuadrimestre.
Así mesmo, como estudo de investigación, permitirá unha profundización nalgunhas das seguintes competencias e habilidades:
1. Análise, síntese e interpretación dos resultados a través do método científico.
2. Difusión dos resultados obtidos nos traballos de investigación.
3. Obtención de resultados fiables para previr posibles riscos.
4. Deseño e desenvolvemento dun estudo experimental.
Cada estudo de investigación é único e desenvolverase de diferente xeito. De forma xeral, nun primeiro momento discutirase co alumno o deseño do Traballo e indicaráselle que bibliografía debe ser consultada. Posteriormente analizaranse os resultados obtidos. Recoméndase seguir as indicacións do titor respecto de a elección das materias optativas.
Plan de Acción Titorial: A cada un dos estudantes de novo ingreso asignaráselles un titor de entre os profesores implicados no máster, encargado de informarlles e asesorarlles acerca de todos aqueles aspectos referidos ao desenvolvemento e seguimento dos seus estudos.
Durante os primeiros días de clase, e con obxecto de manter aberta de forma dinámica unha vía de comunicación permanente cos alumnos, a Comisión Académica nomeará un titor para cada un dos alumnos, que non terá que ser necesariamente o seu futuro director de tese, e cuxas funcións principais serán a de atender ó seu titorando, derivando as cuestións que este lle suscite ás canles adecuadas, e a de facer un seguimento que permita localizar posibles dificultades académicas co adianto suficiente para ser corrixidas (orientación académica para elección de optativas, itinerarios, etc.).
Prácticas en empresas: Non se contemplan
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2111101 | Biotecnoloxía da Reprodución de Aplicación Práctica en Veterinaria | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2111102 | Aplicacións da Ecografía na Reprodución do Gando Vacún | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2111103 | Metodoloxía da Investigación en Patoloxía e Sanidade Animal | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2111104 | Deseño e Aplicación de Programas Sanitarios en Explotacións con Animais de Renda | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2111105 | Procesos Metabólicos e Alimentarios dos Rumiantes | 6.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2111201 | Calidade dos Alimentos de Orixe Animal | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2111202 | Comportamento e Protección Animal | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2111203 | Estratexias en Produción Ovina de Carne | 3.00 | OP | 1 | XT/NM | P2111204 | Desenvolvemento e Aplicación dos Métodos para a Avaliación da Toxicidade | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2111205 | Estatística Aplicada en Estudos Epidemiolóxicos e Clínicos | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2111206 | Técnicas Elementais en Investigación: Microscopía Electrónica (TEM-SEM) | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2111207 | Avaliación do Aparato Respiratorio e Dixestivo no Gando Vacún | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P2111208 | Probas Inmunolóxicas para a Diagnose de Enfermidades Infecciosas e Parasitarias nos Animais Domésticos | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P2111106 | Traballo Fin de Máster | 30.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable