
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Listaxe provisoria de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe provisoria de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe definitiva de admitidos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe definitiva de excluídos no programa de doutoramento | ||
| Listaxe de alumnos en lista de agarda | ||
| Matrícula no doutoramento | 08/10/2013 | 18/10/2013 |
Denominación do título: Programa de Doutoramento en Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias
Código RUCT:
Código ISCED:
Centro responsable organización: Escola de Doutoramento Internacional
Coordinador/a do programa: BOTANA LOPEZ, LUIS MIGUEL
Web propia do programa:
Datas aprobación e publicación do programa:
Periodicidade da oferta:
Réxime de estudos:
Linguas de uso:
Titulación interuniversitaria: Non
O Programa de Doutoramento en Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias, propón unha formación avanzada e especializada no corpo de coñecementos conceptuais, procedimentais e técnicos que permitan desenvolverse axeitadamente no ámbito das ciencias biomédicas. Este Programa caracterízase pola súa interdisciplinariedade, abranguendo áreas básicas, aplicadas e clínicas. Conta coa participación de diferentes grupos de investigación que desenvolven a súa actividade na Facultade de Veterinaria. Na Comunidade Autónoma de Galicia, cun perfil agrogandeiro tan importante dende o punto de vista socioeconómico, a proposta de integrar a investigación básica e aplicada en veterinaria, xunto coa práctica clínica, redundará nunha maior calidade dos servizos asistenciais, de diagnóstico e de asesoramento que se prestan na actualidade e nunha mellor, e máis rápida, implantación dos avances científicos na prevención, diagnóstico e tratamento de enfermidades. Posto que é ben coñecido o uso de animais na experimentación biomédica, chegando a ser considerados, incluso, como modelos de enfermidades humanas, é moi recomendable a iniciación de calquera investigador/a nestas ciencias, no coñecemento básico e aplicado que se ofrece nesta proposta.
Perfil de ingreso sen complementos de formación: - De xeito xeral os estudos de Máster que permitirán o ingreso a este Programa de Doutoramento sen complementos de formación serán: • Másteres ofertados pola USC na rama de Ciencias da Saúde • Outros Másteres da rama de Ciencias como o Máster en Acuicultura e o Máster en Bioloxía Mariña, así como os Másteres equivalentes ofertados por outras Universidades. • Máster en Ciencias do Mar. - Estudantes co título de DEA obtido a través dos programas "Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias" na USC ou noutros programas da área de Ciencias da Saúde. Outros perfís: - No caso doutro tipo de perfís diferentes aos anteriores, a Comisión Académica avaliará de xeito individualizado cada caso. Considerarase a posibilidade de esixiles complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS).
Os estudantes que reúnan os requisitos de acceso e admisión poderán solicitar a admisión no programa de doutoramento, para o cal establecerase un prazo de preinscrición. A devandita solicitude presentarase no lugar que sinale a convocatoria. No caso de que sexa necesario aplicar criterios de selección específica por elevada demanda, aplicaranse os seguintes criterios: - Expediente académico ….80% - Grado de adecuación das competencias formativas previas do alumno ao perfil do Programa de Doutoramento….10% - Outros méritos curriculares ….10%
http://www.usc.es/gl/perfis/estudantes/matricula/doutoramento.html