
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión para continuación dende outras universidades | 01/08/2013 | 30/09/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Directrices Xerais: R.D. 1384/1991 do 30 de agosto (BOE 30 de setembro de 1991)
Plan de estudios: Resolución 6 de novembro de 2000 (BOE 4 de decembro de 2000)
Corrección de erros: Resolución de 19 de abril de 2006 (BOE 18 de maio de 2006)
Complementos de formación:
Extinción: 2010/11: 1º curso sen docencia, con dereito a exame. 2011/12: 1º curso sen docencia, último con dereito a exame. 2º curso sen docencia, con dereito a exame. 2012/13: 2º curso sen docencia, último con dereito a exame. 3º curso sen docencia, con dereito a exame. 2013/14: 3º curso sen docencia, último con dereito a exame. 4º curso sen docencia, con dereito a exame. 2014/15: 4º curso sen docencia, último con dereito a exame. 5º curso sen docencia, con dereito a exame 2015/16: 5º curso sen docencia, último con dereito a exame.
O obxectivo final, e polo tanto prioritario, da Licenciatura en Veterinaria é impartir a formación teórico-práctica axeitada para o exercicio da profesión veterinaria. As ensisanzas en Veterinaria deben proporcionar o coñecemento das bases biolóxicas nas que se fundamenta a produción, mantemento e explotación dos animais domésticos e útiles, a medicina destas e as súas relacións coa saúde humana, así como a obtención, identificación e tipificación dos seus produtos con implicacións sanitarias, tecnolóxicas e económicas. Estes estudos capacitarán ao Licenciado en Veterinaria, en harmonía coa súa formación biolóxica básica, para exercer a docencia e a investigación biolóxica e biomédica. Asemade, e pola orientación do 2º ciclo, a formación capacitaralle no campo da Medicina Animal das especies domésticas e útiles, incluídas as salvaxes, en Produción Animal con idéntica amplitude, en Hixiene e Tecnoloxía dos produtos gandeiros, en particular os alimentos de orixe animal e os e vexetais de tradicional competencia veterinaria. Ademais, poderá intervir na saúde pública e no mantemento dos ecosistemas naturais.
- Coñecemento axeitado das ciencias nas que se fundan as actividades do veterinario. - Coñecemento axeitado da estrutura e funcións dos animais sans, da súa cría e reprodución, da súa hixiene xeral e da súa alimentación, incluída a tecnoloxía correspondente á fabricación e conservación dos seus alimentos. - Coñecemento axeitado no campo do comportamento e protección dos animais. - Coñecemento axeitado das causas, natureza, desenvolvemento, efecto, diagnóstico e tratamento das enfermidades dos animais, considerados individualmente ou en grupos e, de entre elas, particularmente as enfermidades transmisibles ao home. - Coñecemento axeitado da medicina preventiva. - Coñecemento axeitado da hixiene e da tecnoloxía correspondente á obtención, fabricación e posta en circulación dos produtos alimenticios animais ou de orixe animal, destinado ao consumo humano. - Coñecemento axeitado no que respecta ás disposicións lexislativas, regulamentarias e administrativas relativas ás materias antes enumeradas. - Experiencia clínica e práctica axeitada baixo supervisión apropiada.
- Título homologado de primeiro e segundo ciclo. Duración: 2+3 anos. - Total de créditos: 400, que se distribúen en: troncais (320), optativos (40) e de libre configuración (40). Non hai créditos obrigatorios. A troncalidade inclúe 15 créditos de estancias en empresas e institucións públicas ou privadas - Facultade avaliada positivamente pola European Association of Establishments for Veterinary Education (EAEVE), encargada pola Unión Europea para desenvolver o proceso de avaliación de calidade da docencia das Facultades de Veterinaria europeas.
A actividade profesional do Veterinario céntrase fundamentalmente nos sectores da Medicina e Sanidade Animal, así como en actividades relacionadas coa Produción de animais e de produtos de orixe animal e o seu control hixiénico e sanitario nas explotacións, matadoiros, industrias alimentarias, lonxas, empresas de comercialización de alimentos e puntos de venda destas. As principais saídas profesionais pódense resumir nos seguintes parágrafos: - Exercicio profesional libre da Medicina Veterinaria, cunha orientación claramente clínica, xa sexa no campo dos animais de compaña como no dos animais de explotación. - Veterinario da Administración, tanto a nivel europeo, estatal ou autonómico, xa sexa por optar a oposicións de funcionario público ou desenvolvendo funcións como contratado nas distintas facetas das administracións con competencias nas áreas de agricultura, gandeiría e sanidade. - Técnico contratado en empresas de produción animal, xa sexan destinadas a melloras de produción, calidade e rendementos en carnes ou en produtos derivados da actividade de animais de produción (leite e derivados, carne…). - Técnico contratado en empresas de nutrición e alimentación animal, con responsabilidade no desenvolvemento e valoración de novos preparados alimenticios (pensos, dietas especiais, aditivos, cría, engorde, estudos de rendemento, etc.). - Técnico especializado na inspección de matadoiros e de produtos cárnicos, actuando no control da saúde do animal antes do sacrificio, durante e despois deste, inspeccionado dende un punto de vista sanitario e hixiénico a calidade e seguridade sanitaria das canles e vísceras, así como controlando a tecnoloxía e hixiene no despece, faenado e elaboración de produtos cárnicos. - Técnico especializado no control hixiénico e sanitario de peiraos, lonxas, piscifactorías e todo tipo de empresas do sector da produción de animais con destino específico ao consumo humano, xa sexa en fresco ou mediante algún tipo de procesamento do produto ou elaboración de subprodutos de consumo. - Técnico especializado no control de calidade de produtos de consumo en empresas da rama da alimentación tanto humana como animal cuxa materia prima bruta, ou algunha das empregadas, sexa de orixe animal. - Técnico especializado en zoosanitarios, xa sexa por estar contratado por organismos públicos ou privados para o control de produtos zoosanitarios, como por formar parte dos equipos de desenvolvemento destes produtos en industrias ou empresas do sector. - Veterinario de cooperativas gandeiras, que alberga no seu conxunto as distintas facetas da produción, alimentación, sanidade e medicina dos animais de explotación, así como facetas xerenciais e de administración empresarial das cooperativas. - Investigador dependente de institucións autonómicas, estatais, europeas ou internacionais, no campo da Veterinaria, incluídos laboratorios de sanidade animal, universidades e institutos, sexan de titularidade pública, privada ou mixta, financiados mediante presupostos públicos, entidades privadas ou mediante proxectos ou convenios de cooperación. - Técnico de xestión en organismos públicos e entidades privadas, esencialmente nos campos relativos a recursos gandeiros, alimentarios e relacionadas coa sanidade humán e animal. - Docente a diferentes niveis en universidades, organismos públicos oficiais, entidades privadas, empresas participando, segundo os casos, na impartición de docencia universitaria, programas de terceiro ciclo, cursos de postgrao, de especialización, de capacitación profesional, de actualización, de divulgación, etc. - Técnico especialista en animais de laboratorio, controlando animalarios de producción de animais de laboratorio de distintos niveis, así como supervisando e controlando as instalacións de animais para investigación con fins de tipo biomédico ou de outra índole. - Técnico especialista no mantemento e control de animais salvaxes, xa sexa en estado de liberdade ou de catividade, incluíndo parques zoolóxicos, acuarios, terrarios, etc.
Pode obterse o Grao de Licenciado mediante dúas opcións: Exame de Grao e Memoria de Licenciatura.
- SICUE-SÉNECA: intercambio con todas as Facultades de Veterinaria do estado español, tanto públicas (Barcelona, Complutense de Madrid, Córdoba, Extremadura, Las Palmas de Gran Canaria, León, Murcia e Zaragoza), como a única privada que está a impartir a titulación completa na actualidade: Cardena Herrera (Valencia). Dúas prazas en cada facultade. - SÓCRATES-ERASMUS: intercambio com universidades europeas. Portugal: Lisboa, Porto, Tras-os-Montes e Alto Douro (Vila Real); Polonia: Olsztyn; Italia: Bologna, Teramo. - Intercambio con universidades extranxeiras que teñen subscritos convenios coa USC.
O estudante de Veterinaria pode realizar, durante os últimos cursos dos seus estudos, prácticas opcionais en empresas e institucións públicas ou privadas que son recoñecidas como créditos de libre configuración. A troncalidade inclúe un total de 15 créditos de estancias, organizadas dende a Facultade, a desenvolver en empresas e institucións públicas ou privadas.
Titulación en proceso de extinción. Dende COU: Opción B Dende Bacharelato LOXSE: Opción 2
Estudos pos-licenciatura: - Terceiro Ciclo - Cursos de Especialización, de Posgrao e Mestrados - Titulacións de 2º Ciclo: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Graduado Superior en Biotecnoloxía
Titulación en proceso de extinción. Dende COU: Opción B Dende Bacharelato LOXSE: Opción 2
Estudos pos-licenciatura: - Terceiro Ciclo - Cursos de Especialización, de Posgrao e Mestrados - Titulacións de 2º Ciclo: Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Graduado Superior en Biotecnoloxía
O obxectivo final, e polo tanto prioritario, da Licenciatura en Veterinaria é impartir a formación teórico-práctica axeitada para o exercicio da profesión veterinaria. As ensisanzas en Veterinaria deben proporcionar o coñecemento das bases biolóxicas nas que se fundamenta a produción, mantemento e explotación dos animais domésticos e útiles, a medicina destas e as súas relacións coa saúde humana, así como a obtención, identificación e tipificación dos seus produtos con implicacións sanitarias, tecnolóxicas e económicas. Estes estudos capacitarán ao Licenciado en Veterinaria, en harmonía coa súa formación biolóxica básica, para exercer a docencia e a investigación biolóxica e biomédica. Asemade, e pola orientación do 2º ciclo, a formación capacitaralle no campo da Medicina Animal das especies domésticas e útiles, incluídas as salvaxes, en Produción Animal con idéntica amplitude, en Hixiene e Tecnoloxía dos produtos gandeiros, en particular os alimentos de orixe animal e os e vexetais de tradicional competencia veterinaria. Ademais, poderá intervir na saúde pública e no mantemento dos ecosistemas naturais.
| Troncais | Obrigatorias | Optativas | Libre Conf. | Total | |
|---|---|---|---|---|---|
| Licenciatura en Veterinaria [L] | 320.0 | 0.0 | 40.0 | 40.0 | 400.0 |
| PRIMEIRO CICLO | 131.0 | 0.0 | 10.5 | 24.0 | 165.5 |
| 1º CURSO | 72.5 | 0.0 | 6.0 | 0.0 | 78.5 |
| 2º CURSO | 58.5 | 0.0 | 4.5 | 24.0 | 87.0 |
| SEGUNDO CICLO | 189.0 | 0.0 | 29.5 | 16.0 | 234.5 |
| 3º CURSO | 62.0 | 0.0 | 8.0 | 8.0 | 78.0 |
| 4º CURSO | 53.5 | 0.0 | 16.0 | 8.0 | 77.5 |
| 5º CURSO | 73.5 | 0.0 | 5.5 | 0.0 | 79.0 |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 131101 | Agronomía e Economía Agraria | Troncal | 8.00 | XT/NM | |
| 131102 | Anatomía e Embrioloxía I | Troncal | 15.00 | XT/NM | |
| 131103 | Bioloxía Animal e Vexetal | Troncal | 8.00 | XT/NM | |
| 131104 | Bioquímica | Troncal | 12.00 | XT/NM | |
| 131105 | Epidemioloxía | Troncal | 3.50 | XT/NM | |
| 131106 | Etoloxía e Protección Animal e Etnoloxía | Troncal | 8.00 | XT/NM | |
| 131107 | Física | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 131108 | Matemáticas | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 131109 | Química | Troncal | 6.00 | XT/NM |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 131201 | Anatomía e Embrioloxía Veterinaria II | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 131202 | Citoloxía e Histoloxía Veterinaria | Troncal | 12.00 | XT/NM | |
| 131203 | Fisioloxía Animal | Troncal | 12.00 | XT/NM | |
| 131204 | Inmunoloxía | Troncal | 4.50 | XT/NM | |
| 131205 | Microbioloxía | Troncal | 12.00 | XT/NM | |
| 131206 | Parasitoloxía | Troncal | 6.00 | XT/NM | |
| 131207 | Xenética | Troncal | 6.00 | XT/NM |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 131428 | Enxeñaría Xenética Animal | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 131430 | Informática Aplicada á Veterinaria | Optativo | 6.00 | XT/NM | |
| 131527 | Técnicas de Análise Multivariante | Optativo | 4.50 | XT/NM | |
| 131533 | Zooloxía Aplicada | Optativo | 4.50 | XT/NM |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 131301 | Anatomía Patolóxica Veterinaria | Troncal | 15.00 | EX/MX | Anual |
| 131302 | Farmacoloxía, Farmacia e Terapéutica | Troncal | 12.00 | EX/MX | Anual |
| 131303 | Nutrición Animal | Troncal | 12.00 | EX/MX | Anual |
| 131304 | Patoloxía Xeral | Troncal | 7.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| 131305 | Propedéutica Clínica | Troncal | 5.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 131306 | Tecnoloxía Alimentaria | Troncal | 11.00 | EX/MX | Anual |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 131401 | Cría e Saúde Animal | Troncal | 8.00 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 131402 | Enfermidades Infecciosas | Troncal | 12.50 | EX/MX | Anual |
| 131403 | Enfermidades Parasitarias | Troncal | 9.00 | EX/MX | Anual |
| 131404 | Medicina e Cirurxía Clínica | Troncal | 12.50 | EX/MX | Anual |
| 131405 | Radioloxía | Troncal | 3.50 | EX/MX | Primeiro Cuadrimestre |
| 131406 | Toxicoloxía | Troncal | 8.00 | EX/MX | Segundo Cuadrimestre |
| Código | Nome | Carácter | Créditos | Docencia | Período |
|---|---|---|---|---|---|
| 131501 | Deontoloxía, Medicina Legal e Lexislación Veterinaria | Troncal | 3.00 | Primeiro Cuadrimestre | |
| 131502 | Hixiene, Inspección e Control Alimentario | Troncal | 16.00 | DOC.CLIN.ANIM.NON.ASIST | Anual |
| 131503 | Medicina Preventiva e Policía Sanitaria | Troncal | 4.50 | DOC.CLIN.ANIM.NON.ASIST | Primeiro Cuadrimestre |
| 131504 | Obstetricia e Reprodución | Troncal | 12.50 | DOC.CLIN.ANIM.NON.ASIST | Anual |
| 131505 | Patoloxía Médica e da Nutrición | Troncal | 12.50 | DOC.CLINC.ANIM.ASIST | Anual |
| 131506 | Produción Animal e Hixiene Veterinaria | Troncal | 10.00 | DOC.CLIN.ANIM.NON.ASIST | Anual |
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable