Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

101406 - Tendencias Historiográficas Actuais II (4º CURSO) - Curso 2012/2013

Información

    Outros Datos

    • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
    • Departamentos: Historia Medieval e Moderna, Historia Contemporánea e de América
    • Áreas: Historia Moderna, Historia Contemporánea
    • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
    • Convocatoria: Segundo Cuadrimestre
    • Docencia e Matrícula: null

    Profesores

    NomeCoordinador
    Iglesias Amorín, Alfonso.NON
    LANERO TABOAS, DANIEL.NON
    LOPEZ LOPEZ, ROBERTO JAVIER.NON
    NUÑEZ SEIJAS, XOSE MANOEL.SI

    Horarios

    NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
    Grupo L01OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L02OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L03OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo L04OrdinarioLaboratorioNONNON
    Grupo P01OrdinarioPrácticosNONNON
    Grupo P02OrdinarioPrácticosNONNON
    Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI
    Grupo T02OrdinarioTeóricosSINON

    Programa

    Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Historia Moderna:

    Poñer ao alcance do alumno as achegas das principais correntes historiográficas da Historia Moderna a partir da consideración das achegas máis relevantes levadas a cabo polos seus máis destacados representantes. Familiarizar os alumnos coas formulacións teóricas e propostas metodolóxicas destas correntes, e acadar, así, un coñecemento máis profundo das realidades conceptuais, históricas e historiográficas derivadas dos diversos modos de entender o pasado. Poñer de relevo a interdisciplinariedade que conflúe nas diferentes perspectivas adoptadas polos membros de cada escola historiográfica, nos seus respectivos contextos sociais, culturais e científicos.

    Historia Contemporánea:

    Familiarización do alumno coa historiografía alemá da segunda metade do século XX a partir da análise das achegas da Nova Historia Social, ao tempo que o estudo das súas achegas permitirá afondar no coñecemento de realidades históricas como o nazismo, a estrutura e conflitos nas sociedades contemporáneas, conceptos como os de resistencia e totalitarismo, etc.
    Coñecemento das achegas recentes da socioloxía histórica e das diferentes perspectivas que conflúen nas teorías dos movementos sociais, e reflexión sobre a súa aplicación tanto á historia contemporánea como á realidade actual e ás propias vivencias como individuo.

    Contidos
    Historia Moderna:

    O programa teórico desenvolverase arredor de cinco grandes unidades temáticas, que se dividirán en tantos epígrafes e subepígrafes como sexan necesarios de acordo coas necesidades pedagóxicas e docentes de cada curso, e cos progresos que a materia obxecto de estudo vaia experimentando no transcurso do tempo. Prevese prestar unha particular atención aos procesos formativos da historia como ciencia social no século XIX, para desembocar nos procesos de renovación historiográfica no tránsito ao século XX. Sentadas as bases para a definición da historia como ciencia social, farase especial fincapé no estudo das achegas das escolas historiográficas francesa, anglosaxona e alemá, e pasar logo a explicar as consecuencias derivadas do proceso de fragmentación experimentado polas grandes correntes historiográficas do século XX a partir das décadas de 1970-1980.

    1. O proceso de xestación, século XIX
    1.1. O Romanticismo e a novela histórica
    1.2. Do Idealismo ao Positivismo
    1.3. Bases para unha primeira ruptura historiográfica

    2. Renovación historiográfica, finais do século XIX-inicios do XX
    2.1. Os prolegómenos de Annales
    2.2. Historia "popular" versus historia académica: o caso inglés
    2.3. O mundo historiográfico xermánico

    3. A escola historiográfica francesa
    3.1. Annales
    3.2. Primeiros brotes da historiografía marxista
    3.3. A corentena da historia política tradicional

    4. A historiografía anglosaxona
    4.1. A historiografía académica
    4.2. A historiografía marxista
    4.3. Outras correntes (NEH, Cliometría...)

    5. Os cambios historiográficos a partir de 1970-1980
    5.1. A microhistoria
    5.2. O imperio da historia social (cultura, poboación...)
    5.3. A paixón textual: historiografía e metodoloxía

    Historia Contemporánea:

    1. Acción colectiva e movementos sociais
    1.1. Introdución
    1.2. Elementos para unha definición e clasificación dos movementos sociais
    1.3. Enfoques teóricos sobre os movementos sociais: enfoques irracionalistas, o enfoque do comportamento colectivo, o enfoque da sociedade de masas, a privación relativa, a teoría da mobilización de recursos, a teoría dos novos movementos sociais
    1.4. A estrutura de oportunidades
    1.5. Os repertorios de confrontación. As achegas de Charles Tilly e J. Scott
    1.6. Os marcos da acción colectiva e as estruturas de mobilización. O papel da violencia
    1.7. A dinámica dos movementos sociais, os seus efectos e a súa desaparición

    2. A Nova Historia Social Alemá
    2.1. Panorama historiográfico de Alemaña entre 1945-1965: persistencia do historicismo e condicionantes do contexto histórico
    2.2. A controversia Fischer
    2.3. A conformación da Nova Historia Social: a escola de Bielefeld
    2.4. Os puntos de interese da Nova Historia Social: o debate sobre a especificidade alemá (o Sonderweg), o estudo dos grupos sociais na transición á economía industrial, a reelaboración do concepto de clase, o estudo dos grupos de interese (Verbände), a énfase nos factores culturais, o enfoque comparativo
    2.5. Balance e críticas á Nova Historia Social Alemá. A Alltagsgeschichte

    Bibliografía básica e complementaria
    HISTORIA MODERNA (Bibliografía xeral):

    M. BLOCH, Introducción a la Historia, Barcelona 1985.
    BURKE, P.: Formas de hacer historia, Madrid, 1993.
    CANNADINE, D.: History in our time. New Haven, 1998.
    C. DELACROIX et alii, Les courants historiques en France, Paris 2002.
    R. CHARTIER: Au bord de la falaisse. L’histoire entre cértitudes et inquiétudes, París, 1998.
    U. DANIEL, Compendio de historia cultural, Madrid 2004.
    R. J. EVANS, In Defence of History, London 2000.
    L. FEBVRE, Combates por la Historia, Barcelona 1986.
    M. FOUCAULT, La arqueología del saber, Madrid 1979.
    G. LEVY, La herencia inmaterial, Madrid 1990.
    FONTANA, J.: La historia de los hombres, Barcelona, 2001.
    G.G. IGGERS: La ciencia histórica en el siglo XX. Barcelona, 1995.
    R. KOSELLEC, Futuro pasado. Sobre la semántica histórica, Barcelona 1979.
    A. MUSLOW, Deconstructing History, London 1997.
    G. NOIRIEL: Sur la crise de l’histoire, París, 1996.
    M. PERRY, Marxism and History, London 2002.
    J. SERNA, Como se escribe la microhistoria, Madrid 2000.
    A. SOKAL, Imposturas Intelectuales, Barcelona 1999.
    W. THOMPSON y otros: Historiography and the British marxist historians, Londres, 1995.
    P. VEYNE, Como se escribe la Historia, Madrid 1971.
    H. WHITE, El texto histórico como artefacto literario, Barcelona 2003.


    HISTORIA CONTEMPORÁNEA:

    BERNECKER, W.L. (1992), “La historiografía alemana reciente”, Historia Contemporánea, 7, 31-49.
    CASQUETTE, J. (1998), Política, cultura y movimientos sociales, Bilbao, Bakeaz.
    KOCKA, J. (2002), Historia social y conciencia histórica, Madrid: Marcial Pons/AHC.
    LÜDKE, A. (1995), “De los héroes de la resistencia a los coautores: “Alltagsgeschichte” en Alemania”, Ayer, 19, 49-69.
    MEES, L. (1997), “Vino viejo en odres nuevos? Continuidades y discontinuidades en la historia de los movimientos sociales”, Historia Contempor
    GIDDENS, A., (1995), Sociología, Madrid: Alianza, 2ª ed.
    HAUPT, G., El historiador y el movimiento social, Siglo XXI, Madrid, 1986.
    IBARRA, P. e TEJERÍA, B. (eds., 1998) Los movimientos sociales. Transformaciones políticas y cambio social. Madrid, Trotta.
    JULIA, S., Historia social/sociología histórica, Siglo XXI, Madrid, 1989.
    KOCKA, J. (1989), Historia social. Concepto-Desarrollo-Problemas, Barcelona: Alfa.
    MANN, P. (1991), L’action collective, París: Armand Colin.
    NUÑEZ FLORENCIO, R. (1993), Sociedad y política en el siglo XX. Viejos y nuevos movimientos sociales. Madrid, Síntesis.
    TARROW, S., El poder en movimiento. Los movimientos sociales, la acción colectiva y la política, Alianza, Madrid, 1997.
    TAYLOR, M. (1990), “Racionalidad y acción colectiva revolucionaria”, Zona Abierta, nº54-55, pp.69-113.
    THOMPSON, E.P., Costumbres en común, Crítica, Barcelona, 1995.- La formación histórica de la clase obrera, Laia, Barcelona, 1977.- Tradición, revuelta y conciencia de clase. Estudios sobre la crísis de la sociedad preindustrial, Crítica, Barcelona, 1979.
    TILLY, Ch. (1991), Grandes estructuras, procesos amplios, comparaciones enormes, Madrid: Alianza.- (2000), Las revoluciones europeas, 1492-1992, Barcelona: Crítica.
    TILLY, CH.- TILLY, L.A. (eds.), Class, conflict and collective action, Sage, Beverly Hills, 1981.
    WEHLER, H-U, (1997), The German Empire 1871-1918, Oxford: Berg.
    ZALD ET AL (1999), Movimientos sociales: perspectivas comparadas. Oportunidades políticas, estructuras de movilización y marcos interpretativos, Madrid: Istmo.

    Competencias
    Historia Moderna:

    a) Dominio da bibliografía básica e coñecemento das principais correntes historiográficas modernistas, en especial dos últimos decenios.
    b) Adquisición dos elementos conceptuais básicos manexados nas discusións teóricas e metodolóxicas no ámbito historiográfico.
    c) Comprensión de que a evolución historiográfica é indisociable do progreso experimentado pola investigación histórica en cada contexto histórico estudado.

    Historia Contemporánea:

    - Manexo das achegas da socioloxía recente útiles para o historiador. Indirectamente foméntase a interdisciplinariedade no achegamento á materia de estudo.
    - Habilidade para comprender, a partir do caso alemán, o condicionamento do contexto histórico sobre o labor dos historiadores e, tamén, o xeito no que as sociedades presentes afrontan o seu pasado.

    Metodoloxía da ensinanza
    Historia Moderna:

    A docencia teórica será presencial (30 horas), repartidas de xeito proporcional entre cada unha das unidades das que se compón o temario xeral.
    As prácticas (15 horas) e actividades academicamente dirixidas consistirán na elaboración dun exercicio escrito no que o alumno procurará pór en práctica o aprendido durante o desenvolvemento da materia, a través dunha análise historiográfica dun texto, textos ou obra dun autor relevante.
    Distribución da docencia e actividades academicamente dirixidas:
    Docencia na aula: 30 teóricas + 15 prácticas
    Horas act. acad. dir.: 15
    Total horas: 60
    A docencia presencial, teórica e práctica, repartirase entre os profesores da materia a partes iguais.

    Historia Contemporánea:

    - Exposición por parte do profesor dos contidos teóricos.
    - Comentario de textos e de extractos de monografías.
    - Proxección e comentario de filmes relacionados coa materia.
    - Recensión crítica de monografías e debate sobre cada unha delas na aula.

    Sistema de evaluación
    Historia Moderna:

    a) Asistencia e participación nas clases teóricas, seminarios e outras actividades complementarias.
    b) Realización de prácticas e traballos.
    c) Presentación de traballos relacionados co contido da materia.
    d) Proba final escrita.

    O 70% da cualificación final corresponderá ás probas teóricas e o 30% ás probas prácticas; a culificación de non presentado daráse só no caso de non facer ningunha das probas e exercicios prácticos que se sinalen.

    Historia Contemporánea:

    a) Asistencia e participación nas clases teóricas, seminarios e outras actividades complementarias.
    b) Realización e exposición de traballos enfocados cara á aplicación das perspectivas teóricas explicadas na clase a estudos de caso e á análise crítica de textos escollidos.
    c) Proba escrita.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Historia Moderna:

    Arredor de 30 horas de estudo e unhas 15 horas para traballo persoal nas actividades academicamente dirixidas.

    Historia Contemporánea:

    60 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Historia Moderna:

    1. Asistencia regular e participación activa nas clases teóricas e prácticas.
    2. Levar a materia ao día.
    3. Seguimento do programa exposto na aula.
    4. Facer algunha lectura complementaria das obras do período que se comenten na aula.
    5. Consulta dalgunha das obras xerais indicadas na bibliografía e tamén dalgunha da bibliografía específica.

    Historia Contemporánea:

    - Asistencia e participación activa nas clases.
    - Esforzo por relacionar os enfoques teóricos examinados cos contidos doutras materias da carreira.
    - Reflexión crítica sobre procesos recentes, e mesmo actuais, a partir dos enfoques teóricos de análise dos movementos sociais e a acción colectiva.