121451 - Arquitectura do Barroco (Orientación Historia da Arte Moderna (2º ciclo)) - Curso 2011/2012
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 5.00
- Total: 5.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
- Departamentos: Historia da Arte
- Áreas: Historia da Arte
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo L01 | Ordinario | Laboratorio | NON | NON |
| Grupo P01 | Ordinario | Prácticos | NON | NON |
| Grupo T01 | Ordinario | Teóricos | SI | SI |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaFamiliarizar o alumno no coñecemento da arquitectura da época barroca, a través dos arquitectos e das obras destacadas deste período.
ContidosTema 1.- Fundamentos estéticos. A idea do espazo no Barroco
Tema 2.- ARQUITECTURA ITALIANA : Roma entre os pontificados de Sixto V e Paulo V. Carlo Maderno
Tema 3.- O apoxeo do barroco: Bernini e Borromini
Tema 4.- Outros arquitectos da xeración de 160.- A segunda metade do século XVII: Guarini
Tema 5.- O Século XVIII: Juvara e o foco do Piamonte. Os centros de Roma, Nápoles e Venecia
Tema 6.- ESPAÑA: A repercusión herreriana: Juan Gómez de Mora. Francisco Bautista e outros arquitectos de corte.- A introdución do Barroco nos núcleos periféricos.- A súa consolidación no tránsito do XVII ao XVIII: Domingo de Andrade e os seus coetáneos. José e Joaquín de Churriguera
Tema 7.- Os grandes centros do barroco do dezaoito: Andalucía. Castela. Galicia. Levante.- A arquitectura cortesá na época dos Borbóns
Tema 8.- FRANCIA: O período de iniciación.- O pleno barroco: Versalles.- A época rococó
Tema 9.- INGLATERRA: A tradición palladiana e a achega de Wren
Tema 10.- PAÍSES XERMÁNICOS: O esplendor da arquitectura relixiosa e palaciana
Tema 11.- PORTUGAL: Entre o “estilo chao” e o Barroco experimental.- A definición do Barroco: Joao Antunes.- O século XVIII: O “estilo joanino”.- Nasoni e a Escola de Porto. O foco bracarense e a súa influenza na arquitectura brasileira
Tema 12.- HISPANOAMERICA: Ostentosidade e decorativismo. Peculiaridades dos distintos países
Bibliografía básica e complementariaArgan, G.C.: La arquitectura barroca en Italia, Buenos Aires, 1960Argan, G.C.: Borromini, Madrid, 1980Argan, G.C.: Renacimiento y Barroco, Madrid, 1987Bérchez, J. y Gómez Ferrer, M.: Arte Barroco, Madrid, 1998Blunt, A.: Arte y arquitectura en Francia: 1500-1700, Madrid, 1977Blunt, A.: Borromini, Madrid, 1982Bottineau, Y.: El arte barroco, Madrid, 1982Cantera Montenegro, J.: El clasicismo francés, Madrid, 1989Checa, F. y Morán, J.M.: El barroco, Madrid, 1982Fernandes Pereira, J.: Arquitectura barroca em Portugal, Lisboa, 1986Gutiérrez, R.: Arquitectura y urbanismo en Iberoamérica, Madrid, 1985Hibbard, H.: Bernini, Madrid, 1982Kostof, G.: Historia de la arquitectura, Madrid, 1988Marias, F.: Gianlorenzo Bernini, Madrid, 1993Martin, R.J.: Barroco, Bilbao, 1986Norberg Schulz, Ch.: Arquitectura barroca, Madrid, 1989Norberg Schulz, Ch.: Arquitectura barroca tardía y rococó, Madrid, 1989Prados, J.Mª: El rococó en Francia y Alemania, Madrid, 1989Tapie, V.: Barroco y clasicismo, Madrid, 1978Tovar, V. y Martín González, J.J.: El arte del barroco. Arquitectura y escultura, Madrid, 1990Varriano, J.: Arquitectura italiana del barroco al rococó, Madrid, 1990 Wittkower, R.: Arte y arquitectura en Italia, 1600-1750, Madrid, 1979Wittkower, R.: Sobre la arquitectura en la edad del Humanismo, Barcelona, 1979Wittkower, R.: Gian Lorenzo Bernini, Madrid, 1991
Competencias- Dominio da evolución arquitectónica deste período.
- Capacidade para ler, analizar e interpretar edificios da época
- Recoñecemento tipolóxico da arquitectura e aplicación da linguaxe idónea.
Metodoloxía da ensinanza Para o desenvolvemento das clases teóricas, segundo os horarios do centro, vide o apartado “contidos mínimos”.
As prácticas nas aulas dedicaranse a comentarios específicos de obras de arquitectura barroca e comentarios de textos, co fin de que o alumno aprenda a “saber ver a arquitectura” do Barroco. No referente á actividade academicamente dirixida, no presencial na aula o alumno, individualmente ou en grupo, poderá realizar un traballo relacionado con algunha obra, segundo a relación que se exporá ao comezo do cuadrimestre, para despois defender en clase práctica.
Sistema de evaluación- A avaliación do alumno realizarase mediante exame final, na data fixada no Calendario Oficial do Centro
- Tamén se terán en conta a asistencia e a participación do alumno nas clases teóricas e prácticas.
O sistema de avaliación rexirase, dun xeito provisional, sometido ás consideracións necesarias durante o vindeiro curso (número de alumnos, data e evolución do programa) ás seguintes porcentaxes:
Exame teórico: 60%
Asistencias ás clase teóricas, prácticas e actividades específicas: 10%
Traballos complementarios: 20 %
Participación: 10%
Tempo de estudo e traballo persoal- Asistencia ás clases teóricas: 2 horas semanais.
- Asistencia ás clases prácticas: 1 hora semanal.
- Actividade academicamente dirixida: 1 hora semanal.
- Estudo da materia impartida ao longo da semana: 3 horas.
Recomendacións para o estudo da materia- Preparación continuada da materia exposta nas clases teóricas e prácticas.
- Preparación complementaria da materia impartida na aula a través de bibliografía.