Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

P5101206 - Arqueoloxía e ecoloxía do fenómeno tumular e megalítico galego (Prehistória e Arqueoloxía da Gallaecia) - Curso 2012/2013

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia I
  • Áreas: Prehistoria
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Serna Gonzalez, M Remedios.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    A partires das máis recentes investigacións, preséntase o Megalitismo de Galicia, dentro dunha nova perspectiva sobre o Megalitismo Atlántico, comenzando co tema da evolución histórica do pensamento arqueolóxico desde as primeiras invetigacións ate o momento actual. As investigacións para determinar os orixes e o sustrato poblacional y cultural que acompañan este Fenómeno indican que en Galicia como en moitos territortios ainda non chegan a estar definitivamente ben establecidos. No caso de Galicia os contactos e as relacións con territorios veciños ou a existencia dun fondo cultural de raíces similares as de áreas próximas pode ser platexado coa información actual. En canto ao desenvolvemento das arquitecturas e a sua evolución, as zonas atlánticas seguen uns patróns que poden ser recoñecidos nas estructuras funerarias de Galicia, se ben certas teorías aceptadas ata o momento merecen unha nova reflexión e poderían chegar a cuestionarse. Pretendese expoñer una primeira caracterización detallada do Fenómeno Megalítico do Noroeste Peninsular, coa definición dos seus rasgos e características xerais acometer unha primeira caracterización de detalle do fenómeno megalítico do Noroeste peninsular, coa definición das suas características xerais e tamén das suas especificidades. Sobre esta base, preténdese inferir a presenza de regularidades nos criterios de emprazamento das mámoas respecto dos diferentes elementos do contorno natural. Asimesmo, comprobarase a validez das teorías xeradas a partir dos estudos realizados noutras zonas da Península Ibérica, ao tempo que se suliña a integración do fenómeno megalítico galego dentro do contexto xeral da Europa Atlántica.


    Contidos
    0. Introducción: Historia da Investigación e revisión historiográfica do Megalitismo.
    1. O Megalitismo Atlántico: as suas orixes, os seus territorios e a sua evolución.
    2.Da Neolitización ao Megalitismo na Península Ibérica: as evidencias arqueolóxicas.
    3. Os procesos de continuidade do Megalitismo Ibérico no Calcolítico e na Idade do Bronce.
    4. Dos dados arqueolóxicos á interpretación: rituais funerarios e rituais sociais. Valor das interpretacións.
    5. A conservación dun Patrimonio arqueolóxico excepcional: estratexias frente a "crónica dunha morte anunciada". A "posta en valor" do Patrimonio megalítico, alén da sua consideración como unha mera mercancía de consumo cultural.



    Bibliografía básica e complementaria
    BELLO DIÉGUEZ, J. Mª, F. CRIADO BOADO, J. M. VÁZQUEZ VARELA,1987, La Cultura megalítica de la provincia de La Coruña y sus relaciones con el marco natural: implicaciones socio-económicas. Excma. Diputación Provincial de A Coruña.
    CARRERA, F., FÁBREGAS, R., 2006, Arte parietal megalítico en el noroeste peninsular (Conocimiento y conservación). Santiago de Compostela; Tórculo Edicións.
    EGUILETA FRANCO, J. Mª., 1999, A Baixa Limia galega na Prehistoria Recente. Arqueoloxía dunha paisaxe na Galicia Interior. Excma. Deputación Provincial de Ourense.
    FÁBREGAS VALCARCE, R., 1991, Megalitismo del Noroeste de la Península Ibérica. Tipología y secuencia de los materiales líticos. Madrid: Universidad a Distancia.
    LÓPEZ CUEVILLAS, F., 1973, “A edade megalítica”,Historia de Galicia, III (Prehistoria), Buenos Aires, pp. 43-122
    MARTINÓN-TORRES, M., 2001, Os monumentos megalíticos despois do Megalitismo (Arqueoloxía e Historia dos megalitos galegos a través das fontes escritas, s. VI-s. XIX). Valga.
    RAMIL REGO, E., 1996 a (ed.), El Fenómeno Megalítico en Galicia. Museu de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba.
    RODRÍGUEZ CASAL, A. A., 1990, O Megalitismo. A primeira arquitectura monumental de Galicia. Universidade Santiago de Compostela (Biblioteca de Divulgación 4).
    -1997(ed.), O Neolítico Atlántico e as orixes do Megalitismo, Universidade de Santiago de Compostela, pp. 507-520
    -2006 (ed.), The Atlantic Megaliths/Le Megalithiste atlantique, BAR International Series 1521. Oxford.
    SHEE TWOHIG, E., 1981, The Megalithic Art of Western Europe. Oxford: Clarendon Press.

    http://www.usc.es/arqmega


    Competencias
    -Adquirir coñecementos rigorosos sobre o fenómeno megalítico galego no seu contexto europeu.
    -Adquirir coñecementos avanzados sobre a evolución do pensamento arqueolóxico, a problemática paleoambiental, o territorio e os patróns de emprazamento, a arquitectura, a arte e a cultura material.
    -Adquirir coñecementos para a reconstrucción histórica do Megalitismo galego no seu cadro cronolóxico, cultural e paleoambiental.
    -Capacidade crítica de análise e síntese sobre a Arqueoloxía da morte.
    -Capacidade para interrelacionar o megalitismo galego con outros fenómenos arqueolóxicos e históricos.
    -Capacidade para detectar a relación entre as regularidades de emprazamento dos megalitos e as características naturais do territorio.
    -Capacidade para o manexo solvente das fontes bibliográficas, documentais, cartográficas e de Internet.


    Metodoloxía da ensinanza
    A docencia artéllase en torno a aulas teóricas e prácticas, cunha xornada de traballo de investigación. Complétase o curso con lecturas específicas sobre a articulación cronolóxica e cultural dos principais xacementos megalíticos ibéricos, e a realización dun traballo de investigación sobre o Megalitismo, dunha extensión máxima de 30 páxinas de texto (interlineado simples).



    Sistema de evaluación
    A avaliación terá en conta a asistencia as clases teóricas (40%), prácticas e exposición de traballos (30%), así como a elaboración dun traballo de investigación (30%).


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clase maxistral: 12 horas.
    Clase práctica e traballos de exposición: 9 horas.
    Avaliación: 2 horas.
    Titorías: 2 horas.
    Total: 25 horas.

    Traballo persoal:
    Estudo: 30 horas.
    Elaboración dun traballo de investigación: 20 horas.
    Total: 50 horas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Coñecementos básicos sobre Neolítico e Megalitismo.
    Observacións
    Idioma en que se imparte: castelán.