Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

121534 - Artes Figurativas do Románico (Orientación Historia da Arte Antiga e Medieval (2º ciclo)) - Curso 2012/2013

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 5.00
  • Total: 5.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria RD 1497/1987
  • Departamentos: Historia da Arte
  • Áreas: Historia da Arte
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: Segundo Cuadrimestre
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Chao Castro, David.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo L01OrdinarioLaboratorioNONNON
Grupo L02OrdinarioLaboratorioNONNON
Grupo P01OrdinarioPrácticosNONNON
Grupo T01OrdinarioTeóricosSISI

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    - Afondamento no estudo das arte figurativas do Románico, tanto en cuestións de periodización como de contidos.
    - Fomentar a capacidade crítica do alumno ante o papel da figuración na obra de arte.
    - Exemplificar as funcións litúrxicas, políticas ou didácticas da representación e de qué xeito iso atinxe ao obxecto que decoran.
    - Permitirlle educar o ollo na apreciación das calidades técnicas e estéticas das obras en prol dun dominio da terminoloxía artística.
    - Achegarlle ao alumno os distintos repertorios temáticos da arte románica e as súas distintas tradicións iconográficas.
    - Afondar no coñecemento da mentalidade do Románico en todas as súas facetas ao subliñar a necesidade da contextualización da obra.

    Contidos
    1. Introdución ao estudo das artes figurativas do Románico (orientacións historiográficas, intertextualidad, centros e periferias, categorías descriptivas, o problema da policromía).
    2. A escultura románica: da portada ao capitel. Principais conxuntos monumentales e talleres.
    3. A pintura mural en Occidente durante o románico.
    4. A miniatura románica. Scriptoria principais.
    5. A eboraria, o bordado e a orfebrería románicas.
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    - Dodwell, C. R., Artes pictóricas en Occidente 800-1200, Madrid, 1995.
    - Durliat, M., El arte románico, Madrid, 1992.
    - Historia del Arte Medieval (dir. J.V. García Mansilla; C. Mancho i Suárez; I. Ruiz de la Peña González), Valencia, 2012.
    - Schapiro, M., Estudios sobre el Románico, Madrid, 1984.
    - Sureda, J., La pintura románica en Cataluña, Madrid, 1981Sureda, J., La pintura románica en España, Madrid, 1985.

    Bibliografía complementaria:
    - Actas del Simposio Internacional sobre “O Pórtico da Gloria e a arte do seu tempo” (Santiago de Compostela, 2-8 octubre de 1988), A Coruña, 1991.
    - Santiago, la Catedral y la memoria del arte, ed. M. Núñez, Consorcio de Santiago, Santiago, 2000, 39-96.
    - Catalunya romànica,. X. El Ripollès, Enciclopedia Catalana.
    - Desiderio di Montecassino e l’arte della Riforma Gregoriana, ed. F. Avagliano, Montecassino, 1997 (Biblioteca della Miscellanea Cassinese, 1).
    - Yarza, J., Arte y arquitectura en España, 500-1250, Madrid,
    Competencias
    - Dominio da periodización das distintas fases do Románico.
    - Coñecemento dos contextos político-culturais das obras.
    - Uso correcto da terminoloxía histórico-artística.
    - Familiaridades coa temática sacra e profana do Románico.
    - Localización xeográfica e temporal das obras.
    - Expresión oral e escrita correcta, tanto no uso do vocabulario como na orde dos contidos.

    Metodoloxía da ensinanza
    - As clases maxistrais irán acompañadas da proxección de imaxes.
    - Como complemento ás clases maxistrais, existe tamén un programa práctico na aula, prácticas de campo (viaxe a León) e Actividades Academicamente Dirixidas non presenciais (lecturas especializadas e traballos).
    - O curso prevé, igualmente, a celebración de conferencias relacionadas co temario da materia, aproveitando a visita dalgún investigador ao Departamento.


    Sistema de evaluación
    - O exame escrito consistirá nun comentario de diapositivas e/ou no desenvolvemento dun tema. Estra proba constitúe o 60% da nota final.
    - O resto da nota final (40%) avaliarase a partir da asistencia ás clases teóricas, a realización de recensións de lecturas e especializadas e traballos. Asemade, terase en conta a asistencia ás prácticas de campo e ás conferencias que puidesen ser organizadas durante o curso (A realización de traballos é obrigatoria para a superación da materia).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    - A asistencia a clase suporá xa 3 horas á semana, cun total de 45 horas.
    - Ademais, polo menos outras 3 horas semanales de estudo que o estudante terá que dividir do seguinte xeito: unha hora e media semanal para as lecturas recomendadas no programa teórico; unha hora e media semanal para a preparación da actividade académicamente dirixida.
    Recomendacións para o estudo da materia
    - O alumnado terá que cursar ou ter cursada algunha das outras materias optativas do Itinerario de Arte Antiga e Medieval.
    - O alumnado debería tamén cursar ou ter cursada algunha das materias de Historia Medieval (tanto troncais como optativas).
    - Lectura continua da bibliografía recomendada no curso.