Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G5021123 - Prehistoria II (Coñecemento Xeral da Historia (Cronolóxico e Territorial)) - Curso 2012/2013

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia I
  • Áreas: Prehistoria
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
RODRIGUEZ CASAL, ANTON ABEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLE02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    -Impartir un coñecemento xeral da evolución economica e social dos grupos humanos durante a época prehistórica desde unha perspectiva holística.
    -Toma de conciencia por parte do alumnado da relación e interacción entre o pasado e o presente na conformación da sociedade.


    Contidos
    1. O Neolítico no Mundo e a orixe das economías de produción. Próximo Oriente como paradigma
    2. A neolitización das zonas continentais de Europa e o Mediterráneo
    3. O proceso de neolitización nas zonas atlánticas e o Megalitismo
    4. O Calcolítico: metalurxia e aparición das sociedades complexas
    5. As primeiras sociedades metalúrxicas de Europa
    6. A Idade do Bronce nas zonas continentais de Europa
    7. A Idade do Bronce nas zonas atlánticas e o Mediterráneo
    8. O final da Idade do Bronce en Europa continental e atlántica
    9. O final da Idade do Bronce no Mediterráneo e as Colonizacións
    10. A Idade do Ferro en Europa continental e atlántica

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    Eiroa, J.J. 2010: Prehistoria del Mundo. Sello Editorial. Barcelona.
    Fernández Martínez, V.M., 2006: Una arqueología crítica: ciencia, ética y política en la construcción del pasado, Ed. Crítica. Barcelona.
    Menéndez, M., Jimeno, A. e Fernández, V.M., 1997: Diccionario de Prehistoria. Alianza Editorial. Madrid.
    Renfrew, C. e Bahn, P., 1993: Arqueología. Teorías, Métodos y Práctica. Ed. Akal. Madrid.
    Vega, G., Bernabeu, J. e Chapa, T., 2003: La Prehistoria. Editorial Síntesis. Madrid.
    Bibliografía complementaria:
    Belén, M. e Chapa, T. 1997: La Edad del Hierro. Ed. Síntesis, Madrid.
    Blasco, Mª C.1993: El Bronce Final. Ed. Sintesis, Madrid.
    Cunliffe, B. (ed.) 1998: Prehistoria de Europa. Oxford. Ed. Crítica, Barcelona
    Delibes, G. e Fernánez Miranda, M.: 1993. Los orígenes de la civilización. El Calcolítico en el Viejo Mundo. (Madrid).
    Fullola, J.M. e Petit, M.A. (coords.) 1998: La puerta del pasado. La vida cotidiana del hombre prehistórico en la Península Ibérica. Ed. Martínez Roca. Barcelona.
    González Marcén, P., Lull, V. e Risch, R.: 1992. Arqueología de Europa, 2250-1200 A.C. Una introducción a la “edad del bronce”. (Madrid).
    Mazurié, K., 2007: El origen del neolítico en Europa. Ariel Prehistoria. Barcelona.
    Menéndez, M. 2006-2007: Prehistoria y protohistoria de la Península Ibérica. 2 vols. UNED, Madrid.
    Mohen, J.P., 1992: Metalurgia prehistórica: introducción a la paleometalurgia. Masson. Barcelona.
    Rodríguez Casal, A. A. (ed.): O Neolítico atlántico e as orixes do Megalitismo. Universidade de Santiago de Compostela.
    Ruíz-Gálvez, M. 1998: La Europa Atlántica en la Edad del Bronce. Un viaje a las raices de la Europa occidental. Ed. Crítica, Barcelona.



    Competencias
    - Coñecer os aspectos esenciais e a dinámica da Prehistoria Recente e a Protohistoria.
    - Capacidade crítica de análise e investigación neste dominio.
    - Iniciación ao traballo de campo e a investigación básica nesta área.
    - Capacidade para localizar información arqueolóxica co emprego da bibliografía especializada e de Internet.

    Metodoloxía da ensinanza
    Docencia expositiva.
    Semanas 1ª-2ª, 3ª-7ª, 9ª-14ª, 30 horas en total, para cada grupo. Docencia teórica na aula.
    Docencia interactiva.
    Semanas 3ª-7ª, cinco horas en total, para cada grupo. Prácticas sobre diversos aspectos da Prehistoria Recente e a Protohistoria, dende unha metodoloxía arqueolóxica e a interdisciplinariedade, con manexo de fontes bibliográficas e documentales, documentación fotográfica, e materiais...
    Semanas 9ª-14ª, seis horas en total, para cada grupo. Análise sobre a particularidade histórica da Península Ibérica no marco da Prehistoria de Europa e Cercano Oriente, mediante o manexo de fontes bibliográficas e documentais, internet, documentación fotográfica e materiais arqueolóxicos.
    Semana 8ª, adicada á resolver dúbidas do alumnado.
    Semana 15ª, adicada a prácticas de campo.
    Sistema de evaluación
    Avaliación contínua, cos seguintes porcentaxes por tipo de actividade:
    Exame final nas datas prescritas pola Facultade: 40% da nota. Avaliación sobre os coñecementos adequeridos nas aulas teóricas.
    Traballos sobre Prácticas de análise arqueolóxica: 20%.
    Elaboración dun Dossier sobre as aulas de docencia interactiva e prácticas: 30%.
    Asistencia ás aulas interactivas e prácticas de campo: 10%.
    Avaliación extraordinaria: mantendo as porcentaxes respectivas, repetirase aquela parte non superada, e de ser o caso, entregaranse os traballos demandados na convocatoria ordinaria e non realizados.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades docentes de carácter expositivo: 32 horas.
    Actividades de docencia interactiva en grupos: 16 horas.
    Titorías e avaliación: 2 horas.
    Subtotal: 50 horas.

    Traballo persoal:
    Estudo: 40 horas.
    20 horas de elaboración de traballos en grupo
    40 horas de elaboración de traballos individuais.
    Subtotal: 100 horas.

    Total: 150 horas.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Combinar a asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas co estudo persoal, procurando levar a materia ao día.
    É recomendable o manexo funcional dalgunha das principais linguas estranxeiras.


    Observacións
    Prestarase unha especial importancia á Península Ibérica, nomeadamente o Noroeste, no marco da Prehistoria do Vello Mundo.
    Idioma en que se imparte: galego.