G3051102 - Fundamentos de Xeografía Humana (Formación básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Xeografía
- Áreas: Xeografía Humana
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA finalidade desta materia é adquirir os coñecementos básicos sobre o significado e contidos da Xeografía Humana dentro da Xeografía
Asimesmo, a materia debe proporcionar a base nedesaria para poder abordar as materias específicas que se impartirán nos vindeiros cursos superiores. Por este motivo, insistirase na fixación dos conceptos fundamentais, e abordaranse os principais bloques de coñecemento que corresponden á Xeografía Humana. Todo iso no marco da interrelación sociedade-medio, e incidindo nos procesos territoriais e nos seus resultados espaciais.
Contidos1º A Xeografía humana dentro da Xeografía. Concepto e obxecto de estudio. O espazo xeográfico.
2º A poboación mundial. Evolución. Fluxos migratorios. Poboación e recursos.
3º O espazo rural. O espazo agrario e a súa evolución. As transformacións recentes do medio rural.
4º A urbanización mundial. As cidades na actualidade.
5º A localización das actividades económicas.
6º O sector terciario. Conceptos. O turismo no mundo.
Bibliografía básica e complementariaBAILLY, A.; BÉGUIN, H. (2001): Introduction à la gèographie humaine. París, Armand Colin, 8ª ed.
CARRERA, C., et. Alt. (1998): Trabajos prácticos de Geografía Humana. Madrid, Síntesis
CHARVET, J.; SIVIGNON, M. (Dir.), (2002) : Gèographie Humaine. París, Armand Colin
HIERNAUX, D.; LINDÓN, A. (Dir.), (2006): Tratado de Geografía Humana. México, Anthropos
JOHNSTON, R., et alt., (2000): The Dictionary of Human Geography. Oxford, Blackwell, 8ª ed.
NOGUÉ, J.; ROMERO, J. (eds.), (2006): Las otras geografías. Valencia, Tirant Lo Blanch
ROMERO, J. (coord.), (2007): Geografía Humana. Barcelona, Ariel, 2ª ed.
SEGRELLES, J. (dir), (2002): Geografía Humana. Alicante, Editorial Club Universitario
WACKERMANN, G. (2000): Gèographie Humaine. París, Ellipses
ZÁRATE, M.; RUBIO, M. (2005): Geografía Humana. Madrid, Ed. Ramón Areces
ZÁRATE, M.; RUBIO, M. (2006): Glosario y prácticas de Geografía Humana. Madrid, Ed. Ramón Areces
Competencias-Coñecer o significado e a importancia que ten a Xeografía Humana para unha mellor comprensión do mundo actual.
-Dominar os conceptos básicos que sustentan o coñecemento da Xeografía Humana.
-Coñecer as fontes de información propias da Xeografía Humana e saber tratar os datos que se obteñen das mesmas.
-Saber analizar, resumir e facer unha valoración de textos de contido xeográfico.
-Valorar as estratexias que desenvolve o ser humano en relación co territorio.
-Comprender a complexidade do mundo actual e a rapidez con que se producen os cambios, tomando como referencia o territorio.
-Saber interpretar, dende a perspectiva da Xeografía Humana, algunha das cuestións clave para o desenvolvemento humano.
-Recoñecer no contorno territorial o explicado na aula. Para iso, realizarase unha saída ó campo.
Metodoloxía da ensinanza A impartición da parte teórica da materia desenvolverase nas clases expositivas, e fomentarase e valorarase sempre a participación activa do alumnado. Procurarase desenvolver clases nas que se combine a transmisión de coñecementos co apoio das tecnoloxías da información e da comunicación que faciliten o proceso de adquisición e fixación de saberes.
As clases interactivas constarán de lectura e análise de textos, debates a partires dos temas propostos, e visualización e comentario de materiais audiovisuais; a participación activa do estudantado será moi importante, e de cada clase interactiva o alumnado deberá entregar un informe, do que no seu momento se detallarán as características.
Ó longo do curse realizarase un traballo, que deberá ser entregado i exposto na aula ó final do cuatrimestre.
Unha parte dos coñecementos adquiridos na aula serán contrastados durante unha práctica de campo.
Sistema de evaluaciónO exame terá un valor do 60% da cualificación final.
Os traballos realizados nas clases interactivas o traballo de curso e a práctica de campo terán un valor global do 30% da cualificación final.
A participación activa e a dinamización no desenvolvemento das clases valorarase cun 10% da cualificación final.
Será obrigatoria a asistencia ás titorías presenciais, según o formato que se determine na aula.
Será obrigatoria a participación na saída ó campo.
Non se poderá superar a materia se non se realizan todos os traballos propostos.
Os criterios de avaliación para a convocatoria extraordinaria de xullo serán os mesmos que para a ordinaria.
Tempo de estudo e traballo persoalO das clases presenciais e interativas, e tres horas semanais (promedio) para estudio, realización de traballos e titorías para o seguimento dos mesmos.
Práctica de campo: saída dun máximo de 12 horas de duración
Recomendacións para o estudo da materia-Ler a bibliografía básica.
-Ler os artigos indicados que se correspondan coas prácticas asignadas.
-Identificar con claridade as dúbidas, e consultalas.
-Ler de xeito habitual os xornais, especialmente algúns artigos relacionados coa materia, e comentalos.
-Utilizar diccionarios de términos xeográficos para dominar a linguaxe específica, e para habituarse á precisión e mais á corrección.
-Asistir ás clases. Lémbrase que é unha obriga.