Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G3051103 - Historia do Mundo Contemporáneo (Formación básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia Contemporánea e de América
  • Áreas: Historia Contemporánea
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BARRAL MARTINEZ, MARGARITA.NON
Cabo Villaverde, Miguel.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo/CLIS_03HorariosClase Interactiva SeminarioSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O/A alumno/a deberá:
    O-1 Coñecer a estructura diacrónica xeral da Historia contemporánea Universal, aínda que con énfase no continente europeo.
    O-2 Coñecer os procesos de continuidade e cambio dos dous últimos séculos: políticos, económicos, sociais e culturais
    O-3 Entender criticamente os factores/axentes que foron configurando a sociedade contemporánea, e con eles as principais claves explicativas do pasado.
    O-4 Coñecer as distintas perspectivas e principais debates historiográficos según os períodos e contextos, a fin de poder desenvolver unha actitude crítica e de tomar conciencia de que o saber histórico é unha disciplina en permanente construcción.
    O-5 Saber analizar o presente dun xeito crítico a través da súa perspectiva histórica. As características da sociedade actual teñen raíces no pasado recente; o sistema económico dominante (capitalista) configurouse na súa forma actual ó longo dos séculos XIX e XX; as doutrinas e cosmovisións políticas fundamentais proceden do século XIX (socialismo, liberalismo, nacionalismo…)

    Contidos
    1.- A crise do Antigo Réxime. Sociedade, política e economía.
    - Transformacións estructurais (Revolución Demográfica, Agrícola, Industrial e dos Transportes)

    - A superación do Antigo Réxime: Revolución Francesa e Europa napoleónica.
    - Os cambios sociais no longo século XIX: a emancipación dos servos, o retroceso da escravitude, de vasalos a cidadáns.

    2.- Ideoloxías e sistemas políticos (I): O avance do liberalismo.
    - As bases ideolóxicas e os antecedentes do liberalismo: iusnaturalismo, revolución inglesa, a Reforma, a Ilustración.
    - A Restauración e o sistema de Viena.
    - O ciclo revolucionario liberal: 1820s, 1830, 1848.

    3.- Ideoloxías e sistemas políticos (II): O nacemento da democracia. As ideas nacionalistas.
    - Democracia e liberalismo.
    - Tipos de nacionalismo dende o punto de vista ideolóxico.
    - O nacionalismo de unificación (Alemaña, Italia) e de disgregación no derradeiro tercio do século XIX

    4.- A sociedade de clases e os movementos sociais. Movemento obreiro e proxecto socialista.
    - O movemento obreiro: variantes nacionais. As internacionais.
    - Marx e o marxismo.
    - O anarquismo.
    - Outras variantes: republicanismo radical, social-catolicismo.
    - Movementos sociais e sociedade de masas.

    5.- Relacións internacionais e expansionismo imperialista: a paz armada (1871-1914)
    - O colonialismo.
    - O equilibrio de bloques. A paz armada e o camiño cara a Sarajevo.

    6.- A Iª Guerra Mundial. Os tratados de paz e a reorganización territorial de Europa.
    - A Gran Guerra: un novo tipo de conflicto; desenvolvemento; a retagarda; consecuencias sociais e culturais.
    - As consecuencias da guerra que ía rematar con tódalas guerras.
    - Os tratados de paz e o novo mapa de Europa.
    7.- A Revolución Rusa e a construción do Réxime Soviético.
    - A fase final do zarismo: ¿devalo ou renovación?
    - A intervención na Gran Guerra. A Revolución de febreiro
    - A revolución de outubro e a guerra civil.
    - A dimensión internacional da Revolución Rusa
    - A consolidación da Revolución: A NEP.
    - O stalinismo. Lecturas historiográficas.
    8. Economía e Sociedade no período de Entreguerras.
    - As dificultades da postguerra.
    - Os felices anos vinte.
    - A Gran Depresión e o abandono da ortodoxia liberal. As vías nacionais de saída da crise.
    - As transformacións sociais: a industria do ocio e a sociedade de consumo; os cambios nos roles sociais da muller; os novos fenómenos de masas (cine, deporte, radio...).

    9.- A crise da democracia e a irrupción dos Fascismos.
    - O fascismo: concepto xeral e variantes nacionais.
    - A crise da democracia liberal ante o auxe de fascismo e comunismo.
    - Os debates historiográficos sobre o fascismo: o consenso, o carácter modernizador ou reactivo/retrógado, o papel dos diferentes grupos sociais, etc.
    10.- Relacións internacionais e II Guerra Mundial.
    - As primeiras fendas no sistema de Versalles.
    - O fracaso da Sociedade de Nacións. A acumulación de desafíos (Abisinia, Manchuria).
    - O expansionismo alemán.
    - A política de non intervención na guerra civil española como paradigma.
    - O appeasement: A conferencia de Munich.
    - A Segunda Guerra Mundial: desenvolvemento do conflicto; os crimes de guerra; o Holocausto; a guerra total.
    - Unha nova orde mundial: Yalta e Postdam.
    Bibliografía básica e complementaria
    -ARTOLA, M., PÉREZ LEDESMA, M., 2005, Contemporánea: la historia desde 1776, Madrid, Alianza.
    - HEFFER, J., SERMAN, W., 1989, De las revoluciones a los imperialismos, Madrid, Akal.

    Iglesias.

    - MIRALLES, R., 1996, Equilibrio, hegemonía y reparto. Las relaciones internacionales entre 1870 y 1945, Madrid, Síntesis.
    XX, Madrid, Síntesis

    - PAREDES ALONSO, F.J. (ed., 2004) Historia Universal Contemporánea, Madrid: Ariel.

    - VILLARES, R., BAHAMONDE, A., 2001, El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Madrid, Taurus.
    -ZAMAGNI, V., 2001, Historia económica de la Europa Contemporánea, Barcelona, Crítica.


    Tema 1

    Baldó i Lacomba, M., La revolución industrial, Madrid, Síntesis, 1993.
    McPhee, P., La revolución francesa, una nueva historia, 1789-1799, Barcelona, Crítica, 2003.
    Hobsbawm, E.J., Industria e Imperio, Barcelona, Ariel, 1988, 3ª ed.

    Tema 2.
    Cabeza Sánchez-Albornoz., Los movimientos revolucionarios de 1820, 1830 y 1848 en sus documentos, Barcelona: Ariel, 1988
    Rudé, G. (1982), Europa desde las guerras napoleónicas a la revolución de 1848, Madrid: Cátedra
    Todd, A,, Las revoluciones, 1789-1917, Madrid, Alianza, Madrid.

    Tema 3
    Hobsbawm, E.J. Naciones y nacionalismo desde 1789, Barcelona, Crítica, 1999.
    Núñez Seixas, X.M. Los movimientos nacionalistas en Europa, Madrid, Síntesis, 1999.
    Smith, A. Nacionalismo y modernidad, Madrid, Itsmo, 1999.

    Tema 4

    Hobsbawm, E.J. (comp.), Historia del marxismo, Barcelona, Bruguera. 1979-1981.
    Páez Camino, F. y Llorente, P.: Los movimientos sociales (hasta 1914), Akal, Madrid, 1984.
    Piqueras Arenas, J.A., El movimiento obrero, Madrid, Anaya, 1992.

    Tema 5

    Comellas, J.L. (2001), Los grandes imperios coloniales, Madrid: Rialp.
    Ferguson, N. El imperio británico: cómo Gran Bretaña forjó el mundo, Barcelona, Debate, 2003.
    Zorgbibe, Ch. (1997), Historia de las relaciones internacionales, Madrid: Alianza.

    Tema 6

    Howard, M., La Primera Guerra Mundial, Barcelona, Crítica, 2004.
    Morrow, J.H. La Gran Guerra, Barcelona, Edhasa, 2008.
    Neiberg, M. La Gran Guerra: una historia global (1914-1918), Barcelona, Paidós, 2006.

    Tema 7

    Carr, E.H., La revolución rusa, de Lenin a Stalin (1917-1929), Madrid, Alianza, 1988.
    Figes, O. Interpretar la revolución rusa: 1891-1924, la tragedia de un pueblo, Madrid, Biblioteca Nueva, 2000.
    Taibo, C., La Unión Soviética (1917-1991), Madrid, Síntesis, 1993.

    Tema 8

    Cabrera, M. et al. (eds.), Europa en crisis, Madrid, Siglo XXI, 1991.
    Galbraith, J.K. El crac del 29, Barcelona, Ariel, 1989.
    Kindleberger, Ch.P., La crisis económica 1920-1939, Barcelona Crítica, 1984.

    Tema 9
    Evans, R.J., El Tercer Reich en el poder (1933-1939), Barcelona, Península, 2007.
    Maier, Ch., La refundación de la Europa burguesa, Madrid, Ministerio de Trabajo y SS, 1991.
    Payne, S., Historia del fascismo, Barcelona, Planeta, 1995.

    Tema 10

    Mazower, M., El imperio de Hitler. Ascenso y caída, Barcelona, Crítica, 2008
    Weinberg, G.L. Un mundo en armas. La Segunda Guerra Mundial, una visión de conjunto, Barcelona, Grijalbo, 1995.
    Williamson, M., La guerra que había que ganar, Barcelona, Crítica, 2007.


    Competencias
    Específicas

    O/A alumno/a será capaz de:
    CE-1 Contextualizar en termos históricos a realidade política, social, económica e cultural contemporánea e os acontecementos e problemáticas actuais.
    CE-2 Analizar criticamente realidades sociais complexas pasadas e presentes do mundo contemporáneo.
    CE-3 Explicar en termos históricos a diversidade do mundo actual, atopando as raíces de trazos do mundo contemporáneo como os movementos migratorios, a crise ecolóxica, a desigualdade económica, a coexistencia de diferentes culturas, etc.etc.
    CE-4 Comparar en termos históricos distintas realidades históricas e espaciais partindo da complexidade e da diversidade que conforman os procesos evolutivos.
    CE-5 Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos referidos ó tránsito e máis ó ámbito da Contemporaneidade.

    Transversais

    O/A alumno/a será capaz de:
    CT-1 Localizar e seleccionar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas, así como facer un uso axeitado dos recursos dixitais, cribando, xeraquizando e organizando de forma axeitanda e crítica a información e materiais disponibles
    CT-2 Aprendizaxe autónoma.
    CT-3 Elaborar por escrito e expoñer oralmente contidos históricos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias da ciencia histórica.
    CT-4 Razoar de forma crítica a partir dunha lectura reflexiva tanto dos acontecementos en si mesmos como da información disponible –fontes, monografías, exposicións, etc.-.
    CT-5 Organizarse e traballar en equipo


    Metodoloxía da ensinanza
    Co obxecto de facilitar e racionalizar a impartición da asignatura utilizaranse as seguintes técnicas:
    - Clase expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos. Trátase dunha actividade presencial na aula..
    - Clase interactiva na que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia.
    - Titorización personalizada.
    Na seguinte táboa indícanse a distribución das actividades.







    TIPO DOCENCIA TOTAL HORAS/MATERIA
    Doc. Exp. 30
    Doc. Interact. 15
    Titorización pers. 2






    Sistema de evaluación
    A avaliación constará de tres partes: proba escrita, participación en seminarios e traballos persoais. A proba escrita suporá o 50% da cualificación final. O traballo en grupo suporá o 30% da cualificación final e as prácticas na aula o 20% (dúas das prácticas da materia serán avaliadas sen aviso previo).
    Xa que a avaliación é continua a asistencia ás aulas é obrigatoria, polo que unha ausencia reiterada ás mesmas, superior ao 20%, suporía a imposibilidade de que o/a alumno/a poida ser avaliado/a.

    O exame escrito constará dunha pregunta tema e dun comentario de texto, tanto na convocatoria ordinaria como extraordinaria

    CRITERIOS conforme ós cuais calificaranse os traballos dos alumnos

    1.- Nivel de dominio dos contidos.
    2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia ou período abordado.
    3.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboración dun tema.
    4.- Capacidade de análise crítica e razonamento interpretativo.
    5.- Capacidade de relación e/ou comparación, segundo proceda, á hora de elaborar un tema.
    6.- A presentación e organización en xeral dos exercicios.
    7.- O nivel de dominio das técnicas de presentación formal dos traballos.
    8. Penalizarase o emprego acrítico e sen citar de material obtido da rede.

    Mecanismos de seguemento:
    Comentarios de texto
    Titorías
    Participación na clase

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Depende dunha chea de factores inherentes ó alumno (capacidade de lectura, interese pola materia, entusiasmo pola aprendizaxe...). Malia a teima burocrático-pedagóxica a Universidade debe insistir nos RESULTADOS e non no esforzo persoal, que é un paso necesario pero non suficiente. Polo tanto considérase totalmente indiferente, imposible e innecesario cuantificar o "tempo de estudos e de traballo persoal" que lle requira a cada alumno esta materia.
    Recomendacións para o estudo da materia
    É fundamental que o alumnado asimile a filosofía e esixencias do sistema de avaliación continua establecido pola nova metodoloxía á boloñesa
    Observacións
    Acadar os obxectivos previstos para esta materia facilitará bos resultados noutras posteriores do grao, como obviamente Historia Contemporánea de España pero tamén outras como Xeografía da desigualdade, A Unión Europea, etc.