Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G3051104 - Teoría e Historia da Xeografía (Teoría, métodos e técnicas instrumentais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 22.00
  • Clase Interactiva Seminario: 26.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeografía, Xeografía
  • Áreas: Xeografía Física, Análise Xeográfica Rexional
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Lopez Andion, Jose Manuel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo/CLIS_03 HorariosClase Interactiva SeminarioSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Que os alumnos coñezan os conceptos básicos e os fundamentos teóricos da xeografía; o lugar que ocupa no conxunto das ciencias; que poidan avaliar as principais achegas de cada unha das grandes etapas da evolución do pensamento xeográfico, relacionándoas coas tendencias globais do pensamento filosófico e científico; que sexan conscientes da tradición científica e cultural na que se inscribe a xeografía contemporánea.

    Contidos
    1. A xeografía no conxunto das disciplinas científicas
    2. Os conceptos fundamentais da xeografía
    3. A concepción tradicional da xeografía: (I) a Antigüidade clásica
    4. A concepción tradicional da xeografía: (II) o Renacemento e a Idade Moderna
    5. As orixes da xeografía contemporánea. A institucionalización universitaria da xeografía
    6. A época clásica da xeografía contemporánea: as escolas xeográficas nacionais.
    7. Alternativas á xeografía clásica: (I) xeografías teórico-cuantitativa e da percepción
    8. Alterntivas á xeografía clásica: (II) xeografías radicais e xeografía humanista.
    9. Tendencias actuais do pensamento xeográfico
    10. Factores de evolución da ciencia xeográfica. A xeografía como cultura e como actividade profesional.
    Bibliografía básica e complementaria
    CAPEL, H.; URTEAGA, L. (1988): Las nuevas geografías. Barcelona, Salvat
    CLAVAL, P. (2011): Histoire de la géographie. Paris, P.U.F.
    ESTÉBANEZ, J. (1982). Tendencias y problemática actual de la geografía. Madrid, Cincel.
    HOLT-JENSEN, A. (1992): Geografía. Historia y conceptos. Barcelona, Vicens Vives.
    UNWIN, T. (1995): El lugar de la geografía. Madrid, Cátedra

    CAPEL, H. (2012): Filosofía y ciencia en la Geografía contemporánea. Barcelona, Ed. del Serbal
    GÓMEZ MENDOZA, J.; MUÑOZ JIMÉNEZ, J.; ORTEGA CANTERO, N. (1988): El pensamiento geográfico. Madrid, Alianza (2ª ed).
    ORTEGA VALCÁRCEL, J.. (2000): Los horizontes de la geografía. Barcelona, Ariel.
    PEET, R. (1998): Modern geographical thougt. Oxford, Blackwell

    Competencias
    -Coñecer os modelos explicativos da evolución do coñecemento científico, en especial da xeografía
    -Ter claros os conceptos básicos da mesma e os seus problemas clave; saber aplicalos a distintas escalas.
    -Identificar as principais etapas na evolución histórica da xeografía, con particular atención á época contemporánea.
    -Saber interpretar e comentar textos de xeógrafos de distintas épocas i escolas.
    -Aprender a realizar recensións de traballos científicos, neste caso de obras sobre historia do pensamento xeográfico.


    Metodoloxía da ensinanza
    Clases teóricas (docencia expositiva) e prácticas (docencia interactiva) na aula, e traballo persoal do alumno fora dela (lectura e recensión de artigos e dun libro sobre problemas teóricos, conceptos básicos ou evolución histórica da xeografía). Realizarase unha saída ó campo.
    Sistema de evaluación
    Exame (proba escrita) final (70%). Traballos de curso (15%). Actividades realizadas durante a docencia interactiva e práctica de campo (15% restante). Deberán superarse as tres partes da materia.
    Os criterios de avaliación serán os mesmos na proba ordinaria (xaneiro) e na extraordinaria (xuño/xullo)
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Os que corresponden ó módulo ECTS, tal como figura na memoria do Grado de Xeografía e Ordenación do Territorio.

    Recomendacións para o estudo da materia
    -Asistencia regular ás clases, participación nas mesmas e traballo continuado ó longo do cuatrimestre académico.
    -Lectura da bibliografía recomendada