G3051105 - Fundamentos de Xeoloxía (Formación básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Proporcionar ao estudante unha base de coñecementos e capacidades en Xeoloxía coas que poida continuar os seus estudios nas distintas áreas da Xeografía e en áreas multidisciplinares.
- Saber aplicar estes coñecementos en temas esenciais da Xeografía, o estudio do medio físico e a ordenación do territorio
- Espertar o interese do estudante polo Xeoloxía e inculcar a necesidade de compromiso co autoaprendizaxe.
ContidosPrograma de clases expositivas
Módulo 1. Concepto, evolución histórica e principios básicos da Xeoloxía. O tempo e o espazo na Xeoloxía.
• Concepto de Xeoloxía. División e Relación con outras ciencias
• Evolución histórica e principios básicos da Xeoloxía
• O tempo e o espazo en Xeoloxía. Métodos de datación. Escala do tempo en Xeoloxía
• Xeoloxía estrutural. Pregues e fallas.
Módulo 2. Mineraloxía. Os Minerais: Silicatos, non silicatos.
•Conceptos básicos de Xeoquímica. Orixe, comportamento e distribución dos elementos no sistema Terra.
• Concepto de cristal, mineral e roca.
• Química dos minerais. Isomorfismo e polimorfismo.
• Física mineral. Propiedades dos minerais.
• Métodos de estudio dos minerais.
• Clasificacións dos minerais.
• Os silicatos. Estrutura e propiedades.
• Outros minerais formadores de rocas.
Módulo 3. Petroloxía. Rocas ígneas. Rocas sedimentarias. Rocas metamórficas.
• Rocas ígneas. O magma. Xénese dos magmas. Diferenciación e consolidación magmática. Características das rocas ígneas. Tipos de rocas ígneas
• Rocas sedimentarias. Meteorización, transporte, sedimentación e diaxénese. Ambientes sedimentarios. Características das rocas sedimentarias. Tipos de rocas sedimentarias. O solo.
• Rocas metamórficas. Metamorfismo. Factores e consecuencias do metamorfismo. Facies metamórficas. Tipos de rocas metamórficas. Anatexia.
• Xeoloxía da Península Ibérica e de Galicia.
Módulo 4. Estrutura, composición e dinámica da Terra.
• Estrutura e composición da Terra.
• Dinámica da Terra: Tectónica de placas.
• Implicacións da Tectónica de Placas.
• O ciclo xeolóxico e a Tectónica de Placas.
Módulo 5. Xeoloxía económica
• Xacementos e explotacións mineiras.
• Rocas industriais.
Programa de clases interactivas
Seminarios e prácticas de laboratorio
• Bases para a realización do traballo de campo en Xeoloxía (2 seminarios).
• Principios básicos da Xeoloxía.
• Minerais: Propiedades e principais minerais formadores de rocas.
• Petroloxía I – Rocas ígneas
• Petroloxía II – Rocas sedimentarias
• Petroloxía III – Rocas metamórficas
• Estrutura e dinámica da Terra
• Cartografía Xeolóxica. Interpretación de cortes e mapas xeolóxicos
Practica de campo: consistirá nun itinerario xeolóxico que, ao longo dunha xornada, permita a observación de diferentes tipos de rocas e sedimentos e explotacións de minerais ou rocas.
Traballo de campo: consiste nun estudio do medio físico dunha zona previamente seleccionada por grupos reducidos de alumnos (3 - 4). Os estudantes deberán presentar unha memoria sobre o traballo realizado e exemplares dos materiais xeolóxicos representativos da área de estudio.
Titorías: se orientaran á resolución de dúbidas sobre a materia e a preparación, seguimento, elaboración e presentación da memoria do traballo de campo.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
- Anguita, F. e Moreno, F. 1991. Procesos geológicos internos. Ed. Rueda, Madrid.
- Anguita, F. e Moreno, F. 1993. Procesos geológicos externos y geología ambiental. Ed. Rueda. Madrid.
- Monroe, J.S.; Wicander, R. y Pozo, M. 2008. Geología. Dinámica y evolución de la Tierra. Ed. Paraninfo. Madrid.
- Tarbuck, E.J., Lutgens, F.K. 2005. Ciencias de la Tierra. Una introducción a la Geología Física. Ed. Prentice Hall, Madrid.
Bibliografía complementaria
- Ancochea, E., Anguita, F. y Moreno, F. 1990. Geología: procesos externos. Luís Vives, Zaragoza.
- Anguita, F. 2002. Biografía de la Tierra. Ed. Aguilar.
- Bastida, F. 2005. Geología: una visión moderna de las ciencias de la Tierra. Trea, Gijón.
- Berry, L.G., Mason, B. 1966. Mineralogía. Ed Aguilar. Madrid.
- Craig, J.R., Vaughan, D., Skinner, B.J. 2007. Recursos de la Tierra: origen, uso e impacto ambiental. Ed. Pearson-Prentice Hall. Madrid.
- Gascueña, A., Gonzalo, A., From, F. J. 1993. Cortes Geológicos: construcción e interpretación. Edinumen, Madrid.
- IGN. 2006. Geología, Geomorfología y Edafología. Monografías do Atlas Nacional de España. CNIG, Madrid.
- Klein, C., Hurlbut, C.S., Dana, J.D. 1997. Manual de mineralogía. Ed. Reverté. Barcelona
- Martínez Álvarez, J. 1981. Geología cartográfica: ejercicios sobre interpretación de mapas geológicos. Ed. Paraninfo, Madrid.
- Meléndez-Hevia, I. 2004. Geología de España. Una historia de 600 millones de años. Ed. Rueda, Madrid, 277 pp.
- Murck, B. W., Skinner, B. J. y Porter, S.C. 1995. Environmental Geology, John Wiley & Sons, New York.
- Pozo Rodríguez, González Yélamos, Giner Robles, J. 2003. Geología. Práctica. Introducción al Reconocimiento de Materiales y Análisis de Mapas. Ed- Pearson.
- Strahler, A.N. 1987. Geología física. Ed. Omega, Barcelona.
- Vera, J.A. (Ed.). 2004. Geología de España. Sociedad Geológica de España – Instituto Geológico y Minero de España, Madrid, 884 pp.
Competencias- Formación xeolóxica xeral e básica que capacite ao alumno para a súa aplicación a outras materias da titulación e, en especial, á comprensión do medio e a súa dinámica e a ordenación do territorio.
- Coñecemento básico da metodoloxía e a terminoloxía xeolóxica
- Comprensión das dimensións temporais e espaciais dos procesos xeolóxicos ao longo da historia da Terra
- Coñecer os materiais máis comúns (minerais e rocas) que constitúen a Terra, a súa orixe, composición e distribución.
- Coñecer as principais características xeolóxicas da Península Ibérica e Galicia, como base para a súa interpretación xeográfica.
- Coñecer e aprender a manexar e interpretar a información xeolóxica.
- Entender a Terra como sistema en continuo cambio.
- Adquirir destrezas para o traballo de campo, integrar información experimental cos coñecementos teóricos e para a elaboración de informes.
- Traballar en equipo e elaborar informes.
- Adaptarse a novas situacións.
Metodoloxía da ensinanza A parte teórica se impartirá mediante clases maxistrais acompañadas de sesións de discusión a partir da lectura de textos seleccionados. Como complemento ao uso de materiais audiovisuais na aula, se porá material docente a disposición dos estudantes no campus virtual da USC.
As clases interactivas consistirán en:
Traballo de campo: Traballo dos estudantes en grupos reducidos para adquirir experiencia no manexo de material cartográfico e bibliográfico, no traballo de campo e a toma de mostras, a interpretación da influencia da xeoloxía na paisaxe e a elaboración de informes.
Práctica de campo: Observación e interpretación de diferentes materiais xeolóxicos e a súa relación co paisaxe.
Seminarios e prácticas de laboratorio: Nos seminarios se afondará en cuestións relacionadas cos principios básicos da Xeoloxía e a estrutura, composición e dinámica da Terra; nas prácticas de laboratorio fomentarase o traballo persoal dos estudantes dirixido á observación de mostras de minerais e rocas e á interpretación de cartografía xeolóxica.
Sistema de evaluaciónA avaliación terá en conta a asistencia e participación activa nas actividades presenciais (10% da cualificación final), a calidade das achegas individuais sobre as actividades realizadas ao longo del curso (10% da cualificación final) e da memoria do traballo de campo en grupo (20% da cualificación final) e un exame final sobre os contidos teóricos e prácticos da materia (60% da cualificación final).
a) Exame final (60% da cualificación final). Incluirá preguntas sobre o programa de teoría e as actividades interactivas.
b) Traballo de campo (20% da cualificación final). Os estudantes deberán entregar una colección de rocas e unha memoria de un traballo de campo realizado en grupo (máximo 3-4 estudantes). Para a súa avaliación se terá en conta tanto a calidade das mostras e a precisión nos puntos de mostraxe como a calidade e orixinalidade da memoria, tamén se valorará a precisión nas respostas a preguntas sobre o traballo realizado.
c) Actividades relacionadas coa docencia (10% da cualificación final). Os estudantes deberán realizar, nos prazos indicados, aquelas actividades que se lles encarguen durante o desenvolvemento das clases (expositivas, interactivas, seminario, laboratorio e campo). Para a súa avaliación se terá en conta a calidade e orixinalidade das achegas así como a correcta resposta ás cuestións que se teñan proposto.
d) Asistencia e participación nas actividades docentes (10% da cualificación final). Baseada en controles de asistencia, tamén terá en conta a participación e rendemento nas actividades presenciais.
Para superar a materia se require ter realizado as actividades de avaliación a) e b), acadando en cada una de elas polo menos un 40% do seu valor. A cualificación final, que será o resultado da suma das acadadas en cada criterio de avaliación, deberá ser polo menos 5,0.
A materia non pode ser aprobada sen ter realizado o traballo de campo e entregado a memoria correspondente. En caso de non ter asistido polo menos á metade das clases interactivas, o estudante deberá realizar, e aprobar, un exame práctico que incluirá cuestións relacionadas co programa de clases interactivas.
Para superar a materia na segunda opción (xullo), o estudante terá que repetir as probas non superadas na primeira opción (exame final, exame práctico de ser necesario) e presentar o traballo de campo de non telo feito anteriormente ou non ter acadado a cualificación mínima.
As cualificacións do traballo de campo e das actividades derivadas das clases interactivas, en caso de ter acadado a cualificación mínima requirida, se poderán conservar ata o final do seguinte curso académico.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial na aula:
- Docencia teórica en aula: 30h
- Práctica de campo: 6h
- Seminarios: 10h
- Titorías: 3h
- Realización de exames: 2h
Traballo persoal do estudante:
- Estudio individual: 60h
- Actividades relacionadas coa docencia presencial: 8h
- Elaboración do traballo de campo: 24h
- Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares. 4h
- Asistencia a charlas, ou outras actividades recomendadas: 2h
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia e participación activa nas actividades docentes.
- Uso da bibliografía recomendada.
- Realizar as actividades propostas nas clases expositivas e interactivas.
- Distribuír o tempo de traballo persoal ao longo do curso.
ObservaciónsPara o curso 2013-14 so se conservarán as cualificacións do curso 2012-2013. Polo tanto, a aqueles estudantes que tiveran asistido ás actividades presenciais e realizado as tarefas sinaladas e o traballo de campo en cursos anteriores, non se lles terán en conta as cualificacións acadadas e deberán realizar un novo traballo de campo.