G3051106 - Fundamentos da Análise Xeográfica Rexional (Formación básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Xeografía
- Áreas: Análise Xeográfica Rexional
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaQue os alumnos comprendan os principios básicos da xeografía rexional; os factores que inflúen na diferenciación espacial da superficie terrestre a distintas escalas; a complexidade das relacións entre as sociedades humanas e os territorios nos que habitan; e cómo se plasman estas relacións na diversidade de paisaxes e de organizacións territoriais específicas.
Contidos1. Xeografía xeral e xeografía rexional. A rexión na historia da xeografía.
2. Contidos e métodos da análise rexional.
3. Criterios de rexionalización e tipos de rexións (I).
4. Criterios de rexionalización e tipos de rexións (II).
5. A análise territorial e o problema das escalas.
6. Exemplos de análise xeográfica rexional a distintas escalas: da localidade á rexión.
7. Exemplos de nálise xeográfica rexional a distintas escalas: da rexión ós grandes conxuntos mundiais.
Bibliografía básica e complementariaALONSO FERNÁNDEZ, J. (1990): La nueva situación regional. Madrid, Síntesis.
CLAVAL, P. (2006): Géographie régionale: de la région au territoire. Paris, Armand Colin
CLAVAL, P. (1995): Initiation à la géographie régionale. Paris, Nathan.
CLAVAL, P. (1968): Régions, nations, grandes espaces: géographie génerale des ensembles territoriaux. Paris, Génin.
DAUPHINÉ, A. (1985): Espace, région, système. Paris, Economica.
DEMANGEOT, J. (1989): Los medios “naturales” del globo. Barcelona, Masson.
FRÉMONT, A. (1976): La région, espace vecu. Paris, P.U.F.
HAGGETT, P. (2001): Geography: a global sinthesis. Prentice Hall, Pearson.
JOHNSTON, R.J.; HAUER, J.; HOEKVELD, G.A., Eds. (1990): Regional geography: current developments and future prospects. London, Routledge.
PINCHEMEL, P. et G. (1999): La face de la Terre. Élements de Géographie. Paris, Armand Colin.
VALLEGA, A. (1984): Compendio di geografia regionale. Milano, Mursia.
VALLEGA, A. (1995): La regione, sistema territorale sostenibile. Milano, Franco Angeli.
V.V.A.A. (1980): La región y la geografía española. Valladolid, A.G.E.
Competencias-Buscar e recopilar información sobre características específicas dun territorio a distintas escalas.
-Sintetizar esa información e plasmala por escrito nun traballo de curso.
-Familiarizarse coas técnicas de enquisa, traballo de campo, elaboración de datos e representación gráfica e cartográfica dos mesmos.
-Interpretar sintéticamente as paisaxes.
-Coñecer, valorar e aplicar os modelos de descripción rexional.
-Recoñecer a importancia da percepción espacial na configuración de rexións e territorios.
Metodoloxía da ensinanza Clases teóricas (docencia expositiva) e prácticas (docencia interactiva) na aula, e traballo persoal do alumno fora dela (recollida de datos e aplicación dos principios da análisis rexional a unha porción do territorio galego: parroquia ou municipio). Realizarase unha saída ó campo.
Sistema de evaluaciónExame (proba escrita) final: 70%; traballo de curso: 15%; actividades realizadas durante a docencia interactiva e práctica de campo: 15% restante. Deberán superarse as tres partes da materia.
Os criterios de avaliación serán os mesmos na proba ordinaria (maio) e na extraordinaria (xuño/xullo).
Tempo de estudo e traballo persoalOs que corresponden ó módulo ECTS, tal como figura na memoria do Grado de Xeografía e Ordenación do Territorio
Recomendacións para o estudo da materia-Asistencia regular ás clases, participación nas mesmas e traballo continuado ó longo do cuatrimestre académico
-Lectura da bibliografía recomendada