G3051107 - Historia Contemporánea de España (Formación básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia Contemporánea e de América
- Áreas: Historia Contemporánea
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaDESCRIPTOR DA MATERIA
-----------------------------
A materia aborda os principais procesos e factores históricos que incidiron na configuración actual de España:
(1) A Revolución liberal: a construcción do Estado e da Administración Liberal na España do XIX; a ordenación territorial do Estado.
(2) As ideoloxías e sistemas políticos en pugna na España dos séculos XIX e XX: Carlismo;Democracia; Republicanismo federal; Autoritarismo e Fascismo.
(3) A construcción da economía de mercado e da sociedade industrial: bases; etapas; debate historiográfico.
(4) A xénese da cuestión nacional: os nacionalismos periféricos.
OBXECTIVOS
---------------
O/A alumno/a deberá coñecer:
(O-1) A estructura diacrónica xeral da Historia contemporánea de España.
(O-2) Os procesos de continuidade e cambio dos dous últimos séculos –políticos, económicos, sociais e culturais-, incluíndo as variantes e peculiaridades territoriais que foron conformando a España contemporánea.
(O-3) Os factores/axentes que foron configurando a sociedade española contemporánea, e con eles as principais claves explicativas do pasado.
(O-4) As distintas perspectivas e principais debates historiográficos según os períodos e contextos, a fin de poder desenvolver unha actitude crítica e de tomar conciencia de que o saber histórico é unha disciplina en permanente construcción.
ContidosPRESENTACIÓN
-----------------
DA CRISE Á QUEBRA DA MONARQUÍA ABSOLUTA EN ESPAÑA
TEMA 1
--------
REVOLUCIÓN E CONSTRUCCIÓN DO ESTADO LIBERAL NA ESPAÑA DO SÉCULO XIX
• A Guerra de Independencia e o Xuntismo.
• A Revolución: as Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812.
• Da Restauración Absolutista ó Estatuto Real: unha saída pactada pero insuficiente.
• As forzas políticas en liza. A guerra Carlista.
• A consagración dun orden liberal:
da revolución de 1837 ó triunfo do moderantismo doutrinario baixo o réxime isabelino.
• A desintegración do réxime isabelino e a Gloriosa Revolución.
TEMA 2
--------
A XESTACIÓN DA ECONOMÍA DE MERCADO E DA SOCIEDADE DE CLASES NA ESPAÑA DO XIX:
PRINCIPAIS REFORMAS E BALANCE
• Os principios do Liberalismo económico. A reforma agraria liberal: a propiedade da terra.
• Liberalización da explotación dos recursos e do mercado interior. A reforma fiscal.
• Cambios e inercias na marcha da economía española:
comercio, agricultura, minería, banca, industria.
• Vellas e Novas Élites: a oligarquía liberal.
TEMA 3
--------
O RÉXIME DA RESTAURACIÓN: A CULMINACIÓN DO DOMINIO DA OLIGARQUÍA FRONTE ÓS
PRIMEIROS DESAFÍOS DEMOCRÁTICOS
• A Restauración da Monarquía Liberal: proceso e axentes.
• As bases do sistema: Constitución; Partidos dinásticos; Centralismo clientelar.
• A fin do Imperio español: do esplendor das Antillas ó Desastre do 98.
• Os efectos desestabilizadores do 98.
• A crise institucional e de lexitimidade da Restauración baixo Alfonso XIII.
TEMA 4
--------
MODERNIZACIÓN ECONÓMICA E "CAPITALISMO NACIONAL" ENTRE OS DOUS SÉCULOS
• Expansión e modernización da industria e as finanzas.
• Da crise finisecular á modernización do sector agrario.
• Transición demográfica e movementos migratorios
TEMA 5
--------
A LOITA POLO RELEVO DO ESTADO LIBERAL:
DEMOCRACIA E DICTADURA NA ESPAÑA DO SÉCULO XX
• Democracia e II República. Do Bienio Reformista ó Bienio Radical-Cedista.
• A Dictadura Franquista: as bases do Novo Estado e as familias do réxime.
• Do desastre económico dos anos da Autarquía, ós plans desarrollistas dos 60.
• A Transición. Reconversión económica e integración na UE.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA
-------------------------
FUSI, J.P.; PALAFOX, J., España 1808-1996. El desafío de la modernidad, Madrid, Espasa Calpe, Madrid.
ESDAILE, Ch. J. y TUSELL, J., Época contemporánea: 1808-2004. Vol. 6 de Historia de España dirigida por John Lynch, Barcelona, Crítica, 2007.
CARRERAS, A.; TAFUNELL, X., Historia económica de la España contemporánea, Crítica, Barcelona, 2003.
SHUBERT, A., Historia social de España (1800-1990), Madrid, Nerea, 1991.
TEMA 1
--------
FONTANA, J., La época del liberalismo, Madrid, Crítica/Marcial Pons, 2007.
FUENTES, J. Fr., El fin del Antiguo Régimen (1808-1868). Política y sociedad, Madrid, Síntesis, 2007.
VARELA SUANZES-CARPEGNA, J., Política y Constitución en España (1808-1978), Madrid, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 2007
MARICHAL, C., La Revolución liberal y los primeros partidos políticos en España, 1834-1844, Madrid, Cátedra, 1980.
MARCUELLO, I., La práctica parlamentaria en el reinado de Isabel II, Madrid, Congreso de los Diputados, 1986.
TEMA 2
--------
BARCIELA, C. et alii (eds.), La historia económica en España y Francia (siglos XIX y XX), Alicante, Universidad de Alicante, 2006*.
SÁIZ, C.; VIDAL, J., El fin del Antiguo Régimen: 1808-1868. Economía, Madrid, Síntesis, 1996.
COMÍN, Fr. (ed.), 150 años de historia de los ferrocarriles españoles, Madrid, Anaya, 1998.
NADAL, J.; CARRERAS, A. (coord.), Pautas regionales de la industrialización española (siglos XIX-XX), Barcelona, 1990.
ROMERO MARÍN, J., La construcción de la cultura del oficio durante la industrialización, Barcelona, 1814-1860, Barcelona, Icaria, 2005.
TEMA 3
--------
SUÁREZ CORTINA, M., La España liberal (1868-1917). Política y sociedad, Madrid, Síntesis, 2006.
BARRIO ALONSO, A., La modernización de España (1917-1939). Política y Sociedad, Madrid, Síntesis, 2004.
VARELA ORTEGA, J., Los amigos políticos. Partidos, elecciones y caciquismo en la Restauración, 1875-1900, Madrid, Marcial Pons, 2001 (ed. orig. 1977).
PAN MONTOJO, J. (coord.), Más se perdió en cuba. España, 1898 y la crisis de fin de siglo, Madrid, Alianza, 2006.
TEMA 4
--------
SÁNCHEZ MARROYO, F., La España del siglo XX. Economía, demografía y sociedad, Madrid, Istmo, 2003.
BERNAL, A.M., PAREJO, A., La España liberal (1868-1913). Economía, Madrid, Síntesis, 2001.
PAREJO BARRANCO, A.; SÁNCHEZ PICÓN, A., La modernización de España (1914-1939): Economía, Madrid, Síntesis, 2007.
FRAILE, P., Industrialización y grupos de presión. La economía política de la protección en España 1900-1950, Madrid, Alianza, 1991.
RIVERA, A., Los movimientos sociales en la España contemporánea, Madrid, Abada editores, 2008.
TEMA 5
--------
CASANOVA, J., República y Guerra Civil, Barcelona, Crítica / Marcial Pons, 2008.
DI FEBO, G; JULIÁ, S., El Franquismo, Barcelona, Paidós, 2005.
GONZÁLEZ CALLEJA, E., La España de Primo de Rivera. La modernización autoritaria, 1923-1930, Madrid, Alianza, 2005.
MORADIELLOS, E., La España de Franco (1939-1975). Política y sociedad, Madrid, Síntesis, 2000.
BARCIELA, C. et alii, La España de Franco (1939-1975). Economía, Madrid, Síntesis, 2001.
BARCIELA, C. (ed.), Autarquía y mercado negro, Barcelona, Crítica, 2003.
RUIZ, D., La España democrática, Madrid, Síntesis.
CompetenciasCOMPETENCIAS ESPECÍFICAS
---------------------------------
O/A alumno/a será capaz de:
(CE-1) Contextualizar en termos históricos a realidade política, social, económica e cultural da España contemporánea en xeral ou dalgún dos seus ámbitos espaciais en particular.
(CE-2) Analizar criticamente realidades sociais complexas pasadas e presentes da España contemporánea.
(CE-3) Explicar en termos históricos a diversidade que presenta territorialmente falando a sociedade da España contemporánea.
(CE-4) Comparar en termos históricos distintas realidades históricas e espaciais partindo da complexidade e da diversidade que conforman os procesos evolutivos.
(CE-5) Dominar a base conceptual específica dos procesos históricos referidos ó tránsito e máis ó ámbito da Contemporaneidade.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
-----------------------------------
O/A alumno/a será capaz de:
(CT-1) Localizar e seleccionar dun xeito crítico a información que se precise a nivel de bibliografía e de fontes históricas.
(CT-2) Elaborar con rigor un traballo de síntese histórica, cribando, xeraquizando e organizando de forma axeitanda e crítica a información e materiais disponibles.
(CT-3) Elaborar por escrito e expoñer oralmente contidos históricos co rigor conceptual e as formalidades de presentación propias da ciencia histórica.
(CT-4) Razoar de forma crítica a partir dunha lectura reflexiva tanto dos acontecementos en si mesmos como da información disponible –fontes, monografías, exposicións, etc.-.
Metodoloxía da ensinanza 1.- CLASES EXPOSITIVAS
----------------------------
Dedicadas á explicación de contidos teóricos: véxase temario.
Actividade presencial na aula.
2.- CLASES INTERACTIVAS
-----------------------------
Dedicadas a prácticas presenciais relacionadas cos contidos teóricos previamente impartidos, e orientadas tanto á adquisición das destrezas contempladas no apartado sobre competencias -en especial as específicas- como a profundizar sobre aspectos tratados nas clases expositivas:
2.1.- Comentario de textos, gráficos, etc.
2.2.- Definición en termos históricos de conceptos fundamentais do período.
2.3.- Lectura e sinopse para entregar por escrito nas datas estipuladas na Guía da materia de varios artigos sobre a ordenación político-administrativa do territorio dende finais do Antigo Réxime. Dedicaranse algunhas sesións de seminario a comentar a materia das lecturas.
2.4.- Proxección de documentais
3.- ACTIVIDADE ACADEMICAMENTE DIRIXIDA (NON PRESENCIAL)
------------------------------------------------------------------------
3.1.- Traballo individual por escrito sobre o Estado das Autonomías.
4.- TITORIZACIÓN PERSONALIZADA
----------------------------------------
Dedicada a orientar a elaboración dos traballos e a comentar o resultado dos mesmos.
Sistema de evaluaciónA AVALIACIÓN CONSTARÁ DE DÚAS PARTES:
(1) Unha proba escrita sobre as cuestión recollidas no temario e impartidas en clase, que suporá o 50% da calificación final. Non se terán en conta os exámenes cunha calificación inferior a 4.
(2) Traballos persoais a partir das lecturas asignadas e dos textos a comentar: 50%.
É obrigatoria a realización e presentación das prácticas para poder presentarse ó examen.
Na convocatoria de xullo, os alumnos que suspenderan os exercicios presentados con cargo ás prácticas terán que examinarse da materia das mesmas.
CRITERIOS conforme ós cuais calificaranse os traballos dos alumnos
1.- Nivel de dominio dos contidos.
2.- Nivel de dominio da terminoloxía histórica xeral e específica da materia ou período abordado.
3.- Capacidade de síntese e de xerarquización dos aspectos relevantes na elaboración dun tema.
4.- Capacidade de análise crítica e razonamento interpretativo.
5.- Capacidade de relación e/ou comparación, segundo proceda, á hora de elaborar un tema.
6.- O nivel de dominio das técnicas de presentación formal dos traballos.
Tempo de estudo e traballo persoal 30 horas presenciais de clases expositivas en grupo completo
60 horas de estudio persoal
10 horas presenciais de clases interactivas en grupo reducido
46 horas de elaboración dos traballos
2 horas de titoría persoalizada obrigatoria
2 horas avaliación
TOTAL: 150 HORAS
Recomendacións para o estudo da materia(1) Ter cursado a asignatura "Historia do Mundo Contemporáneo" do I cuadrimestre da licenciatura, ou algunha outra referida a eses mesmos contidos.
(2) Complementar os contidos impartidos pola profesora na aula cos manuais recomendados.
ObservaciónsA asistencia é obrigatoria, máxime ao basearse a materia no sistema de avaliación continua.
Consonte ó establecido pola normativa en vigor, no caso de que non se asista a polo menos o 80% das clases o alumno perderá o seu dereito á avaliación.
Somente se poderán presentar ó examen aqueles que figuren no LISTADO EXPOSTO AO FINAL DO CURO a eses efectos, dacordo coa normativa en vigor.