G3051108 - Historia da Arquitectura e do Urbanismo (Formación básica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Historia da Arte
- Áreas: Historia da Arte
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecer a evolución e desenvolvemento histórico dos distintos estilos de arquitectura
Comprender a evolución das cidades desde o punto de vista histórico-artístico, tendo en conta a interacción dos cambios na morfoloxía e imaxe urbanas
Iniciarse na utilidade das tipoloxías arquitectónicas como ferramenta para estudiar a historia da arquitectura e do urbanismo
Familiarizarse cos medios gráficos -planos históricos e actuais, fotografías e realidade virtual- que poden utilizarse para o estudio da arquitectura e do urbanismo
ContidosPRIMEIRO BLOQUE. ARQUITECTURA (Temas 1 a 3)
Tema 1. Introducción á arquitectura. Principios: función, espacio e formas. Aspectos técnicos: elementos sustentantes e sustentados. Aspectos visuais e psicolóxicos.
Tema 2. A arquitectura no seu desenvolvemento histórico. Estilos e épocas: Grecia, Roma, Bizancio, Prerrománico, Románico, Gótico, Renacemento, Barroco, Neoclasicismo, Historicismos, Eclecticismo, Modernismo, Vangardas, Movemento Moderno, Posmodernidade.
Tema 3. Tipoloxías arquitectónicas. Definición de tipo. Tipoloxías espaciais (estructuras arquitectónicas). Tipoloxías funcionais (temas arquitectónicos).
SEGUNDO BLOQUE. URBANISMO (Temas 4 a 6)
Tema 4. Introducción ao urbanismo. A cidade como obra de arte. Tipos de cidades. A relación tipoloxía-forma urbana. Dos espacios aos lugares.
Tema 5. Evolución da forma urbana. Urbanismo antigo. Urbanismo medieval. Urbanismo renacentista. Urbanismo barroco. Urbanismo neoclásico. Urbanismo do século XIX. Urbanismo do Movemento Moderno. Urbanismo posmoderno.
Tema 6. A imaxe da cidade. Compoñentes: sendas, bordes, barrios, nodos e fitos. Estética urbana. Ler e interpretar as cidades.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Glaeser, E., El triunfo de la ciudad, Taurus, Madrid, 2011.
Morris, A.E.J., Historia de la forma urbana. Desde sus orígenes hasta la revolución industrial, GG, Barcelona, 1991.
Müller, W. y Vogel, G., Atlas de Arquitectura, 2 vols, Alianza Editorial, Madrid, 1995.
Roth, L.M., Entender la arquitectura. Sus elementos, historia y significado, GG, Barcelona, 2003.
Koepf, H., La arquitectura en sus planos, Cátedra, Madrid, 1999.
Lynch, K., La imagen de la ciudad, GG, Barcelona, 1998.
Pevsner, N., Historia de las tipologías arquitectónicas, GG, Barcelona, 1980.
Bibliografía complementaria:
Baker, G.H., Análisis de la forma, GG, Barcelona, 1998.
Benévolo, L., Historia de la arquitectura moderna, GG, Barcelona, 1974.
Ching, F.D.K., Arquitectura: forma, espacio y orden, GG, Barcelona, 1993.
Frampton, K., Historia crítica de la arquitectura moderna, GG, Barcelona, 1993.
Gravagnuolo, B., Historia del urbanismo en Europa: 1750-1960, Akal, Madrid, 1998.
Gympel, J., Historia de la arquitectura: de la antigüedad a nuestros días, Könemann, Colonia, 1996.
Kostof, S., Historia de la arquitectura, Alianza Editorial, Madrid, 1988.
Martí Arís, C., Las variaciones de la identidad. Ensayo sobre el tipo en arquitectura, Eds. del Serbal, Barcelona, 1993.
Mitre, E., La ciudad cristiana del occidente medieval (c. 400-1500), Actas, Madrid, 2010.
Pevsner, N., Breve historia de la arquitectura europea, Alianza Editorial, Madrid, 1994.
VV.AA., Historia del Urbanismo, Instituto de Estudios de Administración Local, Madrid, 1981-1985.
Watkin, D., Historia de la arquitectura occidental, Könemann, Colonia, 2001.
CompetenciasCompetencias xenéricas:
Capacidade para interpretar espacial e formalmente os planos dun edificio
Capacidade para interpretar espacial e morfolóxicamente os planos dunha cidade
Competencias específicas:
Manexar correctamente a terminoloxía histórico-artística referida aos elementos que integran a arquitectura e o urbanismo
Aplicar os coñecementos sobre historia da arquitectura e do urbanismo ao encadramento histórico e estilístico de calquer edificio ou cidade
Extraer e interpretar toda a información histórico-artística dos planos, fotografías e outros medios gráficos empregados na representación da arquitectura e do urbanismo
Aplicar as posibilidades das tipoloxías como ferramienta de estudio na historia da arquitectura e o urbanismo
Metodoloxía da ensinanza Docencia expositiva ou teórica:
Desenvolvemento do programa de contidos teóricos a través, principalmente, da metodoloxía de clase maxistral participativa (30 horas).
Docencia interactiva ou práctica:
Clases prácticas presenciais baseadas na análise de diferentes exemplos de historia da arquitectura e do urbanismo; a través de planos, fotografías, vistas aereas e realidade virtual se aplicarán e validarán as pautas de análise explicadas nas clases teóricas.
As últimas clases interactivas do calendario consistirán na exposición e posta en común dun traballo no que se realizará un doble exercicio de análise urbanístico e arquitectónico:
a) Analizar desde o punto de vista morfolóxico fotografías aéreas ou planos de cinco cidades seleccionadas libremente entre todas as épocas abarcadas no temario
b) Analizar desde o punto de vista estilístico e tipolóxico planos e fotografías de cinco edificios seleccionados libremente entre os incluidos nalgún dos sectores das cidades anteriormente comentadas
Titorías presenciais:
Titorías personalizadas para solucionar dúbidas relacionadas coas explicacións teóricas ou cos exemplos analizados nas prácticas; tamén será o momento para abordar os posibles problemas relacionados coa realización do traballo.
Docencia virtual
Acceso aos recursos e ferramentas de comunicación da asignatura dispostas na USC Virtual.
Visita de campo
Visita a algunha cidade galega para analizar a evolución da morfoloxía urbana e unha serie de edificios representativos dos principais estilos arquitectónicos (5 horas)
Sistema de evaluaciónAvaliación continua combinada con proba ou examen final, para obter unha calificación final baseada en varios indicadores complementarios:
- Participación e aportación ao comentario dos casos analizados nas clases interactivas: 10% da nota final
- Realización e presentación do traballo: 40% da nota final
- Exame final da asignatura: 50% da nota final
Sistema de recuperación:
Excepcionalmente, en caso de imposibilidade de realizar as prácticas ou ben o traballo os estudiantes terán que realizar traballos de recensións de libros da bibliografía xeral e específica, a seleccionar no seu momento polo profesor en función da cantidade de traballo/horas a recuperar.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de estudio total: 100 horas
- Tempo de estudio da materia teórica: 50 horas
- Tempo adicado á preparación das clases interactivas e do traballo de curso: 45 horas
- Outras actividades en relación coa docencia interactiva e visita de campo: 5 horas
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia e participación nas clases expositivas e interactivas. Realización das diferentes prácticas semanais e do traballo de curso. Consulta da bibliografía. Acceso e consulta aos contenidos docentes na páxina web da USC Virtual