G3051109 - Cartografía Básica (Teoría, métodos e técnicas instrumentais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 22.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 26.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Xeografía
- Áreas: Xeografía Física
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Descriptor A
A elaboración, lectura e interpretación de documentación gráfica (Cartografía) atópase na base da ciencia Xeográfica. De modo sintético, o alumno deberá dominar o máis esencial do contido e interpretación dos mapas, coma representación reducida da superficie da Terra, do territorio, da paisaxe, así como a elaboración de croquis xeográficos, mediante a aplicación dos métodos da disciplina xeográfica aprendidos na ensinanza teórica noutras materias da mesma. O seu contido versará sobre aa Historia da Cartografía. Cartografía básica: fontes documentais e tipos de mapas. Proxeccións cartográficas. Sistemas de xeorreferenciación. Coordenadas xeográficas. Coordenadas UTM. Escala e resolución espacial. O mapa topográfico: elementos, simboloxía. Lectura e interpretación. Fundamentos da cartografía dixital.
2. Obxectivos da materia
O-1. Coñecer e traballar con Cartografía Básica Oficial, producida por diferentes organismos especialmente polo IGN
O-2. Coñecer os sistemas de xeorreferenciación máis comúns , especialmente os vixentes oficialmente no sistema cartográfico de España
O-3. Dominar as cuestións referentes á escala e resolución dos mapas
O-4 Elaboración de documentos gráficos
O-5 Elaboración de documentos escritos
3. Contexto dentro do módulo e da titulación
A Cartografía Básica representa un dos contidos de carácter técnico máis importante dentro do módulo II, ao ser onde os alumnos adquiren os coñecementos necesarios para a lectura, interpretación e manexo da cartografía básica ou topográfica oficial. Constitúe a base técnica tanto para outras materias do mesmo Módulo (Fundamentos de SIG, SIG e Análisis Espacial e Cartografía Avanzada) como para prácticamente o resto das materias da titulación.
O coñecemento das fontes de información cartográfica representan un conxunto de competencias e destrezas fundamentais para o alumno de Xeografía E Ordeación do Territorio. Se ben a Cartografía Básica e as materias do módulo técnico no que se integra non corresponden ao que se podería denominar como “coñecementos teóricos”, senon como instrumentos e ferramentas que deberán aplicarse ao longo da Titulación e indispensables na capacitación profesional, sen embargo exixe coñecementos previos (de Xeografía Física, de Xeografía Humana) para comprender algúns dos diferentes temas ou unidades de estudo que integran ista materia.
ContidosA. Teóricos
1. Introducción. Historia da Cartografía
2. Superficies de referencia en Cartografía
3. Elipsoides e datums
4. Sistemas de Coordenadas: Coordenadas xeográficas
5. Sistemas de Coordenadas: Coordenadas UTM
6. Datum vertical
7. Topografía. Pendentes e Orientacións
8. Análise de redes e cuncas fluviais
9. Información planimétrica. elementos antrópicos
9. Análise territorial con Cartografía Básica
B. Prácticos
1. Cálculos de coordenadas xeográficas e UTM
2. Realización de exercicios de escalas e cálculo de pendentes
3. Elaboración de cortes topográficos
4. Exercicios con redes fluviais
4. Interpretación e manexo de Cartografía Básica a distintas escalas
Bibliografía básica e complementariaARANAZ DEL RÍO, F. (1995): Tu amigo el mapa. Instituto Geográfico Nacional. Madrid.
ARCHAMBAULT, M.; LHÉNAFF, R y VANNEY, J.R. (1971): Documents et méthode pour le commentaire de cartes. Masson. Paris.
CORTIZO ÁLVAREZ, T. (1998): Los gráficos en geografía. Ed. Tria-Ka.
FRAILE GILPÉREZ, L. (1986): Lectura de planos. Penthalon.
JOLY, F. (1982): La cartografía. Oikos Tau. Barcelona.
LE FUR, A. (2000): Practiques de la Cartographie. Ed. Armand Colin. Paris.
LIZET, B.; de RAVIGNAN, F. (1987): Comprendre un paysage. INRA. Paris, 147 pp.: 23-50.
LORENZO MARTÍNEZ, R (2001): Cartografía. Ed Dossat.
MARTÍN LÓPEZ, J. (1999): Cartografía. Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos en Cartografía.
MONNOMONIER, M. (1993) Comment faire mentir les cartes. Flammarion. Paris.
PETERS, A. (1991): La Nueva Cartografía. Ed. Teide. Barcelona, 132 pp.: 7-87.
PUYOL, R. y ESTÉBANEZ, J. (1978): Análisis e interpretación del mapa topográfico. Tebar Flores. Madrid.
ROBINSON, A.; SALE, R.; MORRISON, J.; MUEHRCKE, Ph. (1987): Elementos de Cartografía. Ed. Omega. Barcelona, 543 pp.: 3-105.
TRICART, J.; ROCHEFORT, M.; RIMBERT, S. (1967): Initiation aux travaux pratiques de Géographie. SEDES. Paris, 255 pp.: 5-76.
VÁZQUEZ MAURE, F. y MARTÍN LÓPEZ, J. (1989): Lectura de mapas. IGN. Madrid.
CompetenciasA. Competencias específicas:
CE-1 Capacidade para extraer dos mapas topográficos información analítica de interese xeográfico
CE-2 Manexo de técnicas interpretativas dos mapas topográficos
CE-3 Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CE-4 Ordear e sintetizar información
CE-5 Elaboración dun documento zeográfico con apoyatura cartográfica
B. Competencias transversais:
CT-1 Aprendizaxe autónomo
CT-2 Capacidade de xestión da información
CT-3 Actitude sistemática de coidado e precisión no traballo
Metodoloxía da ensinanza 1. Clases expositivas nas que se fará a explicación dos contidos teóricos.
2. Clases interactiva na que as actividades serán prácticas e relacionadas cos contidos teóricos da materia. Consistirán esencialmente no manexo de Cartografía Básica, e na aplicación de distintas técnicas de análise cartográfico.
3. A materia inclúe unha saída de campo a realizar nas datas oficiais. Se non existiese disponibilidade orzamentaria non se realizará.
Sistema de evaluaciónTerase en conta a asistencia a clase e exisirase un mínimo do 80 % de asistencia ás clases programadas no Horario para poder superar a materia
Criterios de evaluación:
- Examen escrito teórico práctico nas datas oficiais (20%)
- Prácticas encargadas nas clases interactivas e saída de campo (10%)
- Elaboración dun Traballo de curso consistente nun informe de análise territorial mediante Cartografía Básica do IGN, no que deben aplicarse todos os coñecementos teóricos e técnicos, así como as ferramentas utilizadas durante o curso.
(70%)
Na convocatoria de xulio aplicaranse os mesmos criterios que na convocatoria ordinaria
Tempo de estudo e traballo persoalA asignatura consta de 6 créditos repartidos equilibradamente entre teoría, práctica e actividad académicamente dirixida non presencial na aula. O alumno deberá adicar a parte alícuota do total de créditos do curso, e en función das súas necesidades personais para un coñecemento axeitado da materia
Recomendacións para o estudo da materia1. Seguimento da docencia da asignatura, tanto desde o punto de vista teórico (estudio, manexo de bibliografía) como práctico (elaboración de traballos).
2. Realización das actividades que se programen.
3. A materia atópase no entorno do Campus Virtual da USC (https://cv.usc.es/)