Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G3051201 - Lexislación Medioambiental e da Ordenación Territorial (Formación básica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
  • Áreas: Dereito Administrativo
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARRIDO JUNCAL, ANDREA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O estudio e coñecemento da materia, dada a amplitude da materia e a ausencia de coñecementos xurídicos dos estudiantes, pretende achegar un coñecemento do manexo da normativa existente e dos axentes xurídicos que facilite o futuro traballo profesional dos alumnos. Neste sentido, a materia quere que os estudantes comprendan a existencia dun ordenamento xurídico ambiental e territorial complexo con diferentes fontes de producción normativa (internacional, comunitaria, estatal, autonómica e local) e a súa ordenación competencial ou xerárquica. Tamén a presenza dunha pluralidade de Administracións na protección ambiental e territorial. Os estudiantes deberán achegarse ao coñecemento das diversas técnicas de protección ambiental e territorial que usan os poderes públicos para protexer o ambiente na normativa sectorial (planificación, técnicas preventivas, instrumentos económicos, responsabilidade ambiental, instrumentos voluntarios).
    A percepción desa complexidade do ordenamento ambiental, realizada no primeiro bloque de temas do programa, permite un estudio sectorial dalgúns problemas ambientais onde se pode percibir esa combinación de fontes normativas, axentes competentes e técnicas de protección. De forma complementaria quere ofrecerse aos estudantes unha formación complementaria xurídica máis xeral para que no seu traballo profesional, e como cidadáns, saiban relacionarse coas Administracións públicas (procedemento administrativo, cómputo de prazos, tramitación de queixas e recursos...).
    Contidos
    1.Sistema de fontes e réxime competencial da ordenación do territorio e o medio: Dereito da UE, Constitución, Estatuto e normativa de ordenación do territorio e medio.
    • 1.1. Competencias exclusivas, concorrentes e compartidas.
    • 1.2. A supletoriedade da lexislación estatal
    2.A planificación territorial e ambiental.
    • 2.1.Tipos de plans,: caracterización normativa e efectos xurídicos.
    • 2.2.Elaboración e aprobación dos plans.
    • 2.3. Efectos da aprobación dos plans. Vixencia, revisión e modificación.
    • 2.4. A relación entre os planes territoriais, urbanísticos e ambientais.
    • 2.5. A avaliación ambiental estratéxica de plans e programas
    3. O dominio público: Usos e técnicas de protección.
    4. A expropiación forzosa con finalidades de protección ambiental ou territorial
    5.Técnicas xurídicas de protección do medio e a ordenación do territorio
    • 5.1.As medidas de limitación: autorizacións ambientais, comprobacións previas e outras técnicas de intervención previa. O control operativo de actividades. A inspección.
    • 5.2. As técnicas de fomento. Os instrumentos económicos de protección ambiental e territorial.
    • 5.3. Os sistemas de responsabilidade.
    4.Ordenación xurídica dos recursos naturais.

    Bibliografía básica e complementaria
    Lasagabaster,I. (dir.), Derecho Ambiental, IVAP, Oñati, última edición
    Lozano Cutanda, B., Derecho Ambiental Administrativo, Dickinson,última ediciión.
    LOPEZ RAMÓN, F., Introducción al Derecho urbanístico, Madrid, Marcial Pons, 3º
    ed., 2009
    Ortiz Garcia, M., La gestión eficiente de la zona costera: los parques marinos, Tirant, 2003
    Dossier de normas, noticias, estatísticas e documentos de elaboración propia

    Competencias
    Nesta materia o/a alumno/a adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias do Dereito, se ben adaptadas á formación dos estudiantes. As competencias que se traballarán son:
    Xerais
    Utilizar Tecnoloxías da Información e Comunicacións na aprendizaxe
    Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
    Traballar de forma autónoma e con iniciativa
    Comunicar efícazmente as súas ideas e defendelas
    Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados
    Específicas
    Recoñecer as leis das diferentes esferas para atinxir a sostibilidade
    Coñecer a lexislación ambiental a nivel local, rexional e global
    Coñecer os factores sociais que interveñen nas solucións ambientais
    Compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible
    Asumir con responsabilidade ética o seu papel de enxeñeiro nun contexto profesional
    Metodoloxía da ensinanza
    Realizarase unha combinación de leccións maxistrais para explicar a teoría, intercalando supostos prácticos, comentarios de normas e de noticias da actualidade para ilustrar os contidos teóricos e titorías obrigatorias.
    Para o seguemento das clases facilítaselle aos estudiantes o primeiro día de clase un dossier cunha selección de normas, noticias, documentación e estatísticas que se utilizan como material de apoio á docencia teórica.
    Sistema de evaluación
    A avaliación dos alumnos levarase a cabo a través dos seguintes instrumentos:
    -Resolución de casos prácticos, exposicións orais ou outras actividades programadas pola profesora, que terán un valor que non superará o 10% da puntación total.
    -A realización dun exame, cuxo valor complementará a puntuación obtida cos demais instrumentos ata o 100% da puntuación total.
    A efectos da normativa de permanencia da USC só terá a consideración de actividade avaliable o exame da materia.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Presuponse que os alumnos que se matriculen da materia han de ter capacidade para aplicar pensamento lóxico e crítico e para comunicar eficazmente as súas ideas. Non obstante non son precisos máis coñecementos instrumentais que o manexo a nivel de usuario de ferramentas informáticas e de búsqueda de datos (Word, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web).