Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G3051224 - Xeografía Económica (Dinámicas naturais e antrópicas no Territorio) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeografía, Xeografía
  • Áreas: Xeografía Humana, Análise Xeográfica Rexional
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VILLARINO PEREZ, MONTSERRAT.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo global da materia é a comprensión das interrelacións da actividade económica e o territorio, e de como desas interrelacións se deriva a organización espacial dende o ponto de vista económico.
    A Xeografía Económica sérvenos para entender e interpretar o proceso de configuración do mundo actual. Para iso analízanse a organización rexional, as redes de fluxos, os centros de poder e as relacións de dominio e de dependencia.
    Faise un especial fincapé no fenómeno da globalización, atendendo tanto aos impulsores do devandito fenómeno como aos contrastes mundiais que resultan del.
    Contidos
    Tema 1. Concepto e obxecto da Xeografía Económica.
    -Definición de Xeografía Económica
    -Obxecto de estudo
    -Evolución ao longo da historia. Os distintos enfoques
    -O espacio xeográfico e o espacio económico
    -As fontes

    Tema 2. A organización da actividade económica.
    -Desexos, Béns, Axentes e Operacións económicas
    -Os sistemas económicos
    -A noción de Circuito Económico e o seu funcionamento
    -O Circuito Económico no espacio

    Tema 3. O sistema productivo.
    -Os sectores productivos. As diferentes clasificacións e a súa evolución
    -Os factores de producción
    -Os cambios na división internacional do traballo
    -Técnica e tecnoloxía. Tipos de técnicas i evolución das mesmas.
    -Cambios na relevancia dos factores de producción

    Tema 4. A lóxica espacial do sistema capitalista.
    -Singularidades do sistema capitalista
    -Capitalismo mercantil
    -Capitalismo industrial ou competitivo
    -Modelo productivo fordista
    -Capitalismo global

    Tema 5. A globalización económica.
    -O proceso de formación do Sistema Mundo: evolución histórica
    -Os cambios na organización territorial
    -O proceso de globalización actual
    -Os principais impulsores da globalización económica: as empresas multinacionais e as organizacións supranacionais
    -Os principais contrastes: demográficos e xeopolíticos
    -Estructura do Sistema Mundo

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica e complementaria
    ALBÁN D´ENTREMONT (1997): Geografía económica. Ed. Cátedra. Madrid.
    ALBET, A. y BENEJAM, P. (2001): Una Geografía Humana renovada. Lugares y regiones en un mundo global. Vicens Vives. Barcelona.
    AZCÁRATE, B, AZCÁRATE, Mª V. y SÁNCHEZ, J. (2008): Grandes espacios geográficos. El mundo desarrollado. UNED. Madrid.
    AZCÁRATE, B, AZCÁRATE, Mª V. y SÁNCHEZ, J. (2009): Grandes espacios geográficos. Subdesarrollo y países emergentes. UNED. Madrid.
    BRAUDEL, F. (2006): La dinámica del capitalismo. Fondo de Cultura económica. México.
    BUTLER, J.H. (1986): Geografía económica. Aspectos espaciales y ecológicos de la actividad económica. Ed. Limusa. Méjico.
    CASTELLS, M (2000): La era de la información. La sociedad red. Alianza Editorial. Madrid.
    CLAVAL,P. (1980): Geografía económica. Ed. Oikos-Tau. Barcelona.
    DOLLFUS, O. (1995): La nouvelle carte du monde. PUF. París.
    DOLLFUS, O. (1999): La mundialización. Ediciones Bellaterra. Barcelona.
    DUBY, G. (1987): Atlas histórico mundial. Editorial Debate.Barcelona.
    GROU, P. (1990): Atlas mundial des multinationales. RECLUS. París.
    MÉNDEZ,R. (1997): Geografía económica. La lógica espacial del capitalismo global. Ariel Geografía. Madrid.
    MÉNDEZ, R. y CARAVACA, I. (1996): Organización industrial y territorio. Editorial Síntesis. Madrid.
    MANDADO, E. (1991): Galicia ante el reto tecnológico. Universidade de Vigo
    MONDE DIPLOMATIQUE (2006): L´Atlas. Armand Colin. París.
    PNUD: Informe sobre desarrollo humano, varios años.
    SÁNCHEZ HERNÁNDEZ, J.L. (2003): Naturaleza, localización y sociedad. Tres enfoques para la geografía económica. Ed. Universidad de Salamanca.
    ROMERO, J (coord..) (2007): Geografía humana : procesos, riesgos e incertidumbres en un mundo globalizado. Ariel Geografía. Barcelona.
    VIDAL VILLA,J.Mª (1990): Hacia una economía mundial. Norte/Sur: frente a frente. Ed. Plaza&Janés. Barcelona.
    ZÁRATE MARTÍN, M. A. y RUBIO BENITO, Mª T. (2005): Geografía Humana. Sociedad, Economía y Territorio. Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid.
    Diccionarios de termos xeográficos
    Organización das Nacións Unidas. www.un.org
    UE. http://europa.eu/index_es.htm.
    Organización Mundial do Comercio. www.wto.org
    Banco Mundial. www.worldbank.org
    Instituto Nacional de Estadística. www.ine.es
    Instituto Galego de Estatística. www.ige.es
    Instituto de Comercio Exterior (ICEX). www.icex.es
    Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento. www.undp.org

    Competencias
    Acadar claridade de conceptos.

    Acadar un coñecemento básico para interpretar o territorio entendido como un sistema.

    Coñecer as relacións entre Xeografía e Economía.

    Coñecer os distintos enfoques da Xeografía Económica.

    Coñecementos básicos do sistema económico capitalista, da súa evolución e da organización territorial resultante do mesmo.

    Comprensión do proceso de globalización e das súas consecuencias nos trazos e organización do mundo actual.

    Coñecemento das fontes de información da Xeografía Económica o do tratamento dos datos obtidos das devanditas fontes.

    Saber analizar, resumir e facer valoración de textos de contido económico ou xeografico.

    Saber elaborar e presentar un traballo, e expor os seus resultados.

    Metodoloxía da ensinanza
    Desenvolveranse clases expositivas (explicación dos conceptos do programa polo profesor) e clases interactivas.

    As segundas constarán de análises de textos, debates a partir de temas propostos polo profesor e visualización e comentario de materiais audiovisuais.

    De cada clase interactiva, os alumnos deberán entregar un pequeno informe.

    Cada aluno deberá entregar (como moi tarde o día do exame oficial) un traballo sobre un tema concreto que elixirá nas tres primeiras semanas de clase, a partir dunha listaxe que o docente facilitará o primeiro día de clase.

    Farase unha saida de campo.
    Sistema de evaluación
    A cualificación final virá dada por un exame, que suporá o 60 % da mesma. O 30 % da cualificación virá dado polo aproveitamento das clases interactivas, así como os informes das mesmas e da saída de campo e o traballo da asignatura. E o 10% restante por asistencia e participación activa nas aulas.

    Os criterios para a evaluación da convocatoria extraordinaria de xullo serán os mesmos que para a ordinaria.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O das clases presenciais e interactivas, e tres horas semanais (promedio) para estudo, realización de traballos e tutorías para o seguimento.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Utilizar os manuais recomendados
    Utilizar diccionarios de termos xeográficos para dominar a linguaxe específica e para adquirir o hábito da concreción e exactitude ao manexar
    conceptos
    Ler os textos seleccionados
    Ler a prensa de forma habitual, e especialmente os artigos relacionados coa materia