G3051329 - Cidade e desenvolvemento urbano (Dinámicas naturais e antrópicas no Territorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Xeografía, Xeografía
- Áreas: Xeografía Humana, Análise Xeográfica Rexional
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1. Achegarse á organización do espazo actual como resultado do proceso de urbanización. Comprender como as áreas urbanas son as hegemónicas nos territorios do presente.
2. Coñecer e distinguir os conceptos de cidade, urbanización, sistema urbano e morofoloxía urbana
3. Dominar a cartografía xeral e temática referida ás áreas urbanas, e expresada entre uns valores concretos de 1:2.000 a 1:50.000. Explicar os procesos e dinámicas máis relevantes que acontecen a estas escalas
4. Entender o protagonismo das cidades e sectores urbanos como centros da actividade económica. Os lugares centrais da industria e dos servizos.
5. Comprender a diversidade inherente á poboación urbana, a súa xuventude e a importancia das dinámicas migratorias na súa composición.
6. Interpretar a análise en morfoloxía urbana como un compendio de coñecementos sobre os usos do solo, a paisaxe urbana e os cambios no plano da cidade.
7. Coñecer a amplitude do significado de estructura urbana como a análise da cidade a partir do coñecemento das súas partes constitutivas. Unhas partes, áreas ou barrios, unidas funcionalmente no marco da realidade urbana ou metropolitana.
8. Manexar a dimensión que implica o concepto de cidade global, dentro dun proceso de urbanización estendido internacionalmente. As cidades e as grandes aglomeracións metropolitanas como puntos fortes dun sistema mundial intercomunicado.
Contidos1. Emprazamento da cidade
2. A Poboación urbana. Diversidade e segregación
3. Plano, usos do solo e paisaxe. Producto social?
4. Tipoloxías de áreas urbanas
5. Teorias sobre a estructura urbana
6. A mobilidade, o transporte e as telecomunicacións
7. Cales son o problemas da cidade?
8. A cidade do futuro: crecemento urbano versus sustentabilidade
9. Teorías e modelos da organización espacial das ciudades.
10. Caracteres y componentes dos sistemas urbanos.
Bibliografía básica e complementaria-Bastié, J. y Dézert, B. (1980): L´espace urbain. Ed.. Masson. Paris.
-Capel, Horacio y Buquets, Joan (2004): Barcelona : la construcción urbanística de una ciudad compacta. Ediciones del Serbal. Barcelona.
-Capel, Horacio (2001): Dibujar el mundo : Borges, la ciudad y la geografía del siglo XXI.Ediciones del Serbal.Barcelona.
-Capel, Horacio (1977): Capitalismo y morfología urbana en España. Ed. Del cordel. Barcelona.
-Chueca, F. (1987): Breve historia del urbanismo. Alianza Universidad. Madrid.
-Estébanez, J. (1991): Las Ciudades. Morfología y Estructura. Col. Geografía de España, Ed.. Síntesis. Madrid.
-Hall, P. (1996): Ciudades del mañana. Historia del urbanismo en el siglo XX. Ed. del Serbal. Barcelona.
-Knox, P.L. (1994): Urbanization. An introduction to Urban Geography. Prentice Hall Inc.. New Jersey.
-Pacione, M. (2001): Urban Geography, a global perspective. Ed.. Routledge. Londres.
-Salzano, E. (1998): Fondamenti di urbanística. Ed.. Laterza. Roma-Bari.
-Santos, Milton (2008): Manuel de Geografía Urbana. Universidade de Sao Paulo.
-Short, J.R. y Kim, Y.H. (1999): Globalization and The City. Longman Ltd. Harlow (Essex).
-Vinuesa Ángulo, J. y Vidal Domínguez, Mª.J. (1991): Los procesos de urbanización. Col. Espacios y Sociedades, Ed.. Síntesis. Madrid.
-Zárate Martín, A. (1991): El espacio interior de la ciudad. Col. Espacios y Sociedades, Ed.. Síntesis. Madrid.
-Zoido, F.; De la Vega, S.; Morales, G.; Mas, R. y Lois, R.C. (2000): Diccionario de Geografía urbana, urbanismo y Ordenación del Territorio. Ed.. Ariel. Barcelona.
Competencias1. Comprender a importancia da cidade e do proceso de urbanización na sociedade contemporánea
2. Posuír as capacidades necesarias para achegarse ao fenómeno urbano a diferentes escalas, desde o 1:500 ao nivel das cidades globais
3. Desenvolver con claridade a diferencia conceptual entre cidade, urbano, metrópoli, periurbano ou eixo de crecemento
4. Manexar a periodización da historia do urbanismo e das teorías das cidades para achegarse a súa configuración actual.
5. Ser capaz de distinguir os principais atributos de diferenciación da poboación e a economía urbanas na actualidade.
6. Achegarse ao concepto de segregación urbana, tanto na súa vertente de división social como de proceso espacial. Valorar a interrelación entre ambas variables.
7. Utilizar de xeito adecuado as expresións morfoloxía e estructura urbanas. Captar as súas diferencias de base.
8. Poder entender sen dificultade e utilizar documentos referidos aos usos do solo e o plano da cidade, os seus cambios, e a súa incidencia nas paisaxes, morfoloxía e estructura urbana
9. Interpretar as principais diferencias que separan ás cidades do Terceiro Mundo e dos países emerxentes do modelo urbano coñecido por nós
10. Asociar as transformacións urbanas contemporáneas como o reflexo dos cambios na sociedade contemporánea da globalización. A cidade e a urbanización como productos socoeconómicos.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos da materia serán expostos en clases teóricas, tamén serán obxecto de prácticas na aula e de traballos que se realizarán contando cos recursos (bibliográficos e informáticos) da universidade. Algúns deles exporanse diante dos compañeiros e deberán someterse a debate e discusión, que permita un mellor entendimento de certos procesos complexos desenvolvidos nas cidades e áreas urbanas.
Sistema de evaluaciónO rendemento académico será valorado de dúas formas complementarias, cun peso similar do 50% na cualificación final. Por unha banda, os contidos teóricos da materia serán obxecto dunha proba, un exame convencional para que os alumnos poñan de manifesto o seu nivel de coñecemento de todo o explicado. Por outra, realizaranse un conxunto de prácticas de aula e un traballo final sobre algúns dos aspectos (teoría e historia do urbanismo, morfoloxía e estructura urbanas, usos do solo, planeamento, etc.) abordados durante o curso. Este traballo poderá ser exposto nunha clase.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten unha carga de traballo persoal de 150 horas (6 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais.
Recomendacións para o estudo da materiaCon carácter xeral, recoméndase aos alumnos contemplar cada materia como aspecto particular dunha cuestión global, neste caso achegarse á importancia da cidade e o proceso de urbanización para comprender á sociedade actual. De feito, insistirase nos diferentes puntos de vista cos que se pode plantexar un achegamento ao fenómeno urbano, tanto desde un enfoque sociodemográfico como productivo, morfolóxico, estructural ou considerando aos espazos centrais da organización contemporánea do territorio como unha realidade doble, tanxible e virtual.