Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G3051226 - Cartografía Avanzada (Teoría, métodos e técnicas instrumentais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 22.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 26.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeografía
  • Áreas: Xeografía Física
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BLANCO CHAO, RAMON.NON
ROYE , DOMINIC.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo/CLIL_02HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Obter o coñecemento suficiente para interpretar adecuadamente os mapas temáticos.
    2. Fornecer ao alumno a linguaxe e as técnicas cartográficas esenciais para que sexa capaz de plasmar correctamente nun mapa os fenómentos xeográficos que teñen lugar no territorio.
    3. Mellorar o manexo dun Sistema de Información Xeográfica para a elaboración de mapas temáticos: ArcGis.

    Contidos
    A.Expositivos:

    1. O mapa como ferramenta de información e planificación.
    2. Tipos de mapas temáticos
    3. A linguaxe cartográfica. As variables visuais: forma, tamaño, cor, valor
    4. Formas de representación cartográfica
    5. Os geovisualizadores e a cartografía colaborativa



    B. Interactivos

    Elaboración de mapas nos que se representará a distribución espacial de diversos fenómenos xeográficos (poboacionais, económicos, ambientais, físicos, turísticos,....) utilizando o software ArcGis..

    Bibliografía básica e complementaria
    ALCALÁ, A. y otros (1995): Diccionario de Cartografía. Edi. de las Ciencias Sociales.

    ANDRE, A. (1980): L´expression graphique: cartes et diagrammes. Masson.

    BOBROWSKY, P.T. (Ed.) (2002): Geoenvironmental Mapping. Methods, Theory and Practice. Balkema. Amsterdam, 725 pp.

    BORDEN D. DENT (1990): Cartography. Thematic Map Design. W. Browm Publishers.

    CLITFORD, H. edit.(1996): Cartographic Design. Chichester-New York

    JOLY, F. (1982): La cartografía. Ariel Geografía. Barcelona

    LE FUR, A. (2000): Practiques de la Cartographie. Armand Colin Edit., Paris.

    LORENZO, R. y RODRÍGUEZ, R. (2007): Cartografía. Herramienta para el desarrollo sostenible. FEGAMP, Lalín.

    MONMONIER, M. (1993): Comment faire mentir les cartes. Du mauvais usage de la Géographie. Flammarion. Paris.

    ROBINSON, A. et al. (1987): Elementos de cartografía. Omega.

    ROULEAU, B. (1991): Methodes de la Cartographie. Presses du CNRS.


    Competencias
    A. A materia abarca un conxunto de leccións nas que se aborda o estudo e realización dos mapas como base e punto de partida para a interpretación e representación cartográfica dos feitos xeográficos.
    O alumno deberá aprender a manexar as ferramentas necesarias para a elaboración de cartografía temática

    B. Competencias específicas
    CE-1 Capacidade para extraer dos mapas topográficos información analítica de interese xeográfico
    CE-2 Manexo de técnicas interpretativas dos mapas topográficos
    CE-3 Coñecer, comprender e interpretar o territorio
    CE-4 Ordenar e sintetizar información
    CE-5 Elaboración dun documento xeográfico con apoyatura cartográfica

    C. Competencias transversais
    CT-1 Aprendizaxe autónoma
    CT-2 Capacidade de xestión da información
    CT-3 Actitude sistemática de coidado e precisión no traballo

    Metodoloxía da ensinanza
    O temario desenvolverase do xeito máis equilibrado posible en función da extensión de cada tema, combinando a docencia presencial coa non presencial.

    Dado o caracter práctico da materia, a metodoloxía baséase na explicación dos contidos teóricos de cara a súa aplicación na elaboración práctica de cartografía temática.
    Os alumnos elaboraran diversos mapas temáticos nos que se aplicarán os elementos e variables visuais explicados. Para iso requírese un coñecemento mínimo de ArcGis.


    Sistema de evaluación
    Criterios de evaluación:

    - Control de asistencia a clase: 20%
    - Elaboración e entrega dos diversos mapas temáticos encargados: 80%


    Na convocatoria de xulio aplicaranse os mesmos criterios que na convocatoria ordinaria

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia consta de 6 créditos repartidos equilibradamente entre teoría, práctica e actividade academicamente dirixida non presencial no aula. O alumno deberá dedicar a parte alícuota do total de créditos do curso, e en función das súas necesidades persoais para un coñecemento adecuado da materia
    Recomendacións para o estudo da materia
    1.Seguimento da docencia da materia, tanto desde o punto de vista teórico (estudo, manexo de bibliografía) como práctico (elaboración de traballos).
    2. Realización das actividades que se programen
    Observacións
    O alumno deberá de cursar previamente as seguintes materias:

    - Cartografía básica (1º Grao)
    - Fundamentos de SIG (2º Grao)