G3051228 - Xeodemografía (Dinámicas naturais e antrópicas no Territorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Xeografía
- Áreas: Xeografía Humana
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEstudar xeograficamente a poboación, atendendo á súa evolución e distribución espacial, á súa mobilidade (natural e migratoria) e á súa estrutura.
ContidosLección 1.- A Xeografía da Poboación: obxecto
Lección 2.- Fontes para o estudo da poboación
Lección 3.- Evolución da poboación mundial
Lección 4.- A distribución espacial da poboación mundial
Lección 5.- Movemento natural da poboación. A teoría da transición demográfica
Lección 6.- A mobilidade espacial da poboación. Os movementos habituais
Lección 7.- Os movementos migratorios
Lección 8.- Estrutura da poboación
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
ABELLÁN, A. et al.: La población del mundo. Madrid, Ed. Síntesis.
REQUES VELASCO, P.: Geodemografía. Santander, Universidad de Cantabria
RUBIO BENITO, Mª T.: Estado actual de la población. Teoría y práctica. Madrid, UNED
THUMERELLE, P.J.: Las poblaciones del mundo. Madrid, Ed. Cátedra.
Outra bibliografía:
DAVID, O.: La population mondiale: répartition, dynamique et mobilité. Paris, Armand Colin.
ENTREMONT, A. d': Diez temas de demografía. Madrid, Ed. Internacionales Universitarias.
GUILLON, M. e SZTOKMAN, N.: Géographie mondiale de la population. Paris, Ellipses.
HORNBY, W.F. & JONES, M.: An introduction to population geography. Cambridge, University Press
NOIN, D.: Géographie de la population. Paris, Masson.
PUYOL, R. et al.: Los grandes problemas actuales de la población. Madrid, Ed. Síntesis.
WOODS, R.: Population analysis in Geography. London, Longman.
Na aula facilitarase bibliografía específica para cada tema ou conxunto de temas.
CompetenciasO obxectivo principal é que o alumno que cursa o Grao de Xeografía obteña o coñecemento dos conceptos básicos da materia, das fontes de información e que aprenda a realizar e a empregar diferentes índices e taxas, que lle permitan afianzar os coñecementos teóricos e que poida aplicalos con posterioridade.
Metodoloxía da ensinanza O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posible en función da extensión de cada lección, combinando a docencia presencial (clases expositivas, interactivas e titorías) coa non presencial, orientada mediante bibliografía, todo iso complementado cunha parte práctica (gráficos, mapas, textos, elaboración de índices e taxas, manexo de estatísticas, etc.)
Sistema de evaluaciónA avaliación dependerá do rendemento mostrado polo alumno ao longo do curso en todas as actividades levadas a cabo máis a nota acadada no exame final (70%). Neste exame final será obrigatorio que o alumnado obteña unha nota mínima de 4/10 para que poida optar á suma avaliadora final. A ponderación será a mesma na proba ordinaria que na extraordinaria
Tempo de estudo e traballo persoalA asignatura consta de 6 créditos ECTS, repartidos equilibradamente entre clases expositivas, interactivas e titorías, con desenvolvemento de prácticas. O alumno deberá dedicar a cada unha destas actividades a parte alícuota do total de créditos do curso.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia á clase con participación. Consulta de bibliografía. Realización das actividades que se programen. Acudir ás titorías para resolver as dúbidas.