G3051321 - Xeomorfoloxía (Dinámicas naturais e antrópicas no Territorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Xeografía
- Áreas: Xeografía Física
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaIntroducir aos alumnos/as nos diferentes procesos xeomorfolóxicos.
*Proporcionarlle os fundamentos esenciais que lles permitan comprender a dinámica da superficie da Terra.
*Coñecer os principais conceptos xeomorfolóxicos.
*Comprender a importancia da xeomorfoloxía na construcción dos territorios.
ContidosContido teórico
1.- O obxecto de estudo da xeomorfoloxía: A dimensión dos procesos xeomorfolóxicos
2.- As formas do relevo.
3.- O cambio ambiental e as suas consecuencias.
4.- O control estrutural e litolóxico das formas do relevo. As accións biolóxicas e bioquímicas. Os procesos de fragmentación mecánicas das rochas. Os procesos de alteración química.
5.-Procesos zonais: glaciares e crionivais; os procesos xeomorfológicos nas rexións áridas.
6.- Procesos azonais: eólicos: fluviais; costeiros.
7.- Formas, procesos e dinámicas de ladeira. A mobilización de materiais sobre das ladeiras. Os movementos individuaius e en masa.
8.- Os grandes dominios morfoclimáticos:
9.- Dinámica xeomorfolóxica e planificación do territorio: Xeomorfoloxía aplicada.
Contido práctico
1.- Análisis das formas do terreo.
2.- Cartografía xeolóxica.
3.- Cartografía xeomorfolóxica.
4.- Análisis de depósitos.
5.- Saida de Campo nas datas do calendario oficial. Si non hay disponibilidade presupuestaria non se realizará
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
Gutierrez Elorza. M. (2008): Geomorfología. Ed. Prentice Hall. Madrid.
Pedraza Gilsanz, J. (1996): Geomorfología. Principios; Métodos y Aplicaciones. Ed. Rueda. Madrid.
Peña Monné, J.L. (ed.) (1991) Cartografía geomorfológica básica y aplicada. Geoforma Ediciones.
Martin Serrano, A., Salazar, A, Nozal, F & Suarez, A. (2004): Mapa Geomorfológico de España a escala 1:50.000. Guía para su elaboración. IGME. Madrid.
Competencias* Capacidade de que os alumnos/as sexan quen de comprender o territorio como algo dinámico e cambiante e non como simple escenario estático.
* Capacidade de ser quen de comprender a interacción de formas e procesos nun territorio concreto.
* Capacidade para entender as relacións entre o biótico e o abiótico.
* Capacidade de analizar os problemas ambientais que se inscríben nun contexto espacia concreto.
* Que o alumno/a sexa quen de interpretar e xestionar fontes de información cartográfica.
Metodoloxía da ensinanza As clases teóricas teñen por obxeto presentar de xeito sucinto os conceptos mediante:
1.- Explicacións apoidas en material gráfico (imaxes e videos).
2.- Estudio de casos a partires de materiais aportados aos alumnos/as.
3.- Traballo de campo Saida de Campo na data asignada no calendario oficial. (sempre que a USC facilte axudas para tal fin).
Presentaranse as liñas xerais de cada tema e proporcionaranse os recursos e referencias bibliográficas necesarias para que os/as alumnos/as sexan quen de completar os contidos da materia.
As clases interactivas serán adicadas á adquisición de habilidades no desenvolvimento instrumental.
As titorias centraranse en aclarar conceptos e orientar o traballo obrigatorio. En suma, en orientar ós/ás alumnos/as no seu ensino/aprendizaxe.
Traballo de Campo. Sempre que se poida contar con orzamento suficente farase unha saida de campo a.
USC Virtual
A asignatura terá aberta unha conta no entorno da USC Virtual.
Sistema de evaluaciónA avaliación estará en relación co sistema de ensinanza/aprendizaxe.
Un 30% da nota aportarao o traballo práctico que deberá facer cada alumno/a.
Un 60% sairá do examen final.
Un 10% virá dos traballos prácticos a desenvoltar na aula, no campo e no laboratorio.
A asistencia será obrigatoria e verificarase mediante un sistema de control de firmas.
Na convocatoria extraordinaria de xullo rexirán os mesmos criterios que para a ordinaria.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo de estudio debe de estar en relación á dificultade de aprendizaxe. recoméndase adicarlle a lo menos unha hora por cada hora de clase.