G3051325 - Xeografía de España (Dinámicas naturais e antrópicas no Territorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Xeografía
- Áreas: Análise Xeográfica Rexional
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia ten por obxectivo a análise xeográfica de España.
Pártese da explicación dos elementos fundamentais do territorio español, tanto na súa vertente física como humana, para transitar cara a contidos que pertencen aos debates actuais máis intensos que se producen na disciplina xeográfica.
Para comezar estúdanse as cuestións básicas do medio físico (relevo, climas, vexetación, etc.), así como os aspectos máis relevantes da xeografía humana (poboación, actividades económicas e xeografía urbana). Con posterioridade, nas últimas aulas formúlanse asuntos de ordenación territorial, xeografía política e cultural que recibiron notábel atención nas investigacións xeográficas dos últimos anos.
Contidos1. Características xerais de España. A súa diversidade xeográfica.
2. As grandes unidades morfoestruturais.
3. Os dominios climáticos e as formacións vexetais.
4. As augas continentais e os reximes hidrolóxicos. Demanda e dispoñibilidade de auga.
5. A poboación.
6. As actividades agrarias e gandeiras.
7. Os recursos enerxéticos e mineiros. O proceso de industrialización.
8. Os servizos.
9. Sistema urbano, grandes áreas metropolitanas e espazos internos das cidades.
10. Ordenación territorial e urbanística: da procura do artellamento de España e a corrección dos desequilibrios á xestión post-boom inmobiliario.
11. Xeopolítica e diversidade cultural e lingüística.
Bibliografía básica e complementaria- BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
BEL, G. (2010): España, capital París. Origen y apoteosis del Estado radial: del Madrid sede cortesana a la "capital total". Barcelona: Destino.
BOSQUE MAUREL, J. (2012): España en el tercer milenio: una imagen geográfica de una sociedad moderna en cambio. Granada: Universidad de Granada.
GIL OLCINA, A. & GÓMEZ MENDOZA, J. (2001). Geografía de España. Barcelona: Ariel.
LOYER, B. (2006): Géopolitique de l'Espagne. Paris: Armand Colin.
MATA, R. (2007): Auge inmibiliario y evolución de los usos del suelo en España. Por una nueva cultura del territorio. Madrid: Universidad Autónoma de Madrid.
MÉNDEZ, R. & MOLINERO, F. (coords) (1993): Geografía de España. Barcelona: Ariel.
ROMERO, J. (2009): Geopolítica y gobierno del territorio en España. València: Tirant lo Blanc.
- ATLAS:
Atlas Nacional de España. Instituto Geográfico Nacional
Atlas de la población española. Universidad de Cantabria
Atlas de la España rural. Ministerio de Agricultura, Pesca y alimentación
Atlas de los paisajes de España. Ministerio de Medio Ambiente
Competencias- Demostrar competencia no uso preciso dos principais conceptos de xeografía de España.
- Aprofundar no coñecemento dos contidos da materia.
- Procurarase que o alumnado coñeza e empregue o mapa de España, combinando as escalas espaciais e temporais.
Metodoloxía da ensinanza O temario desenvolverase da forma máis equilibrada posíbel, dependendo da extensión de cada un dos temas. Nas aulas interactivas realizaranse comentarios de textos, mapas temáticos, vídeos, etc.
Sistema de evaluaciónPara superar esta materia será precisa a realización dos traballos prácticos nas aulas interactivas e aprobar o exame final.
Como criterio complementario para a avaliación terase en conta a asistencia á aula.
A nota final calcularase a partir das seguintes porcentaxes:
- Exame final: 80% do total.
- Prácticas realizadas nas aulas interactivas: 20% do total.
Os criterios de avaliación serán os mesmos tanto na proba ordinaria como na extraordinaria.
Tempo de estudo e traballo persoalO que corresponda ao módulo ECTS como consta na memroia do Grao de Xeografía e Ordenación do Territorio.
Recomendacións para o estudo da materiaEmprego continuo do atlas.
Consulta da bibliografía.
Asistencia á aula.