Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G3051342 - Turismo e desenvolvemento territorial (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeografía
  • Áreas: Xeografía Humana
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SANTOS SOLLA, XOSE MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Entender a componente espacial do turismo. Ademais dun fenómeno económico ou cultural, o turismo é unha actividade cunhas implicacións territoriais moi evidentes na medida na que modifica estruturas previas e moitas veces dá lugar a novas lóxicas espaciais.
    O estudante deberá coñecer algunhas nocións básicas dos estudos turísticos. Despois desta introdución centraremos o obxecto de análise na identificación das diferentes tipoloxías de implantación turística sobre o territorio coa finalidade de comprender distintas formas de transformación e modificación deses territorios.
    Finalmente mudaremos o foco para os instrumentos e ferramentas existentes para a ordenación dos espazos turísticos. O alumno/a deberá coñecelos e valoralos posto que son fundamentais nos procesos de ordenación e xestión dos destinos turísticos, independentemente da súa natureza.

    Contidos
    1.-Nocións básicas de turismo
    2.-Tipoloxías de espazos turísticos
    2.1 Turismo urbano
    2.2 Turismo no espazo rural
    2.3 Turismo de litoral
    3.-Instrumentos para a xestión de destinos turísticos


    Bibliografía básica e complementaria
    BLANQUER, D. (Dir), (2002): Ordenación y gestión del territorio turístico. Valencia: Tirant lo Blanc
    BOYER, M. (2003): História do turismo de massa. Bauru: EDUSC
    CALLIZO, J. (1991): Aproximación a la geografía del turismo. Madrid: Síntesis
    HALL, M. (2001): Planejamento turístico. São Paulo: ed. Contexto
    IVARS, J. (2002): Planificación turística de los espacios regionales en España. Madrid: Síntesis
    JIMÉNEZ, A. (1993): Turismo, estructura y desarrollo. México: McGraw Hill
    MOLINA, S. (1997): Turismo, metodología para su planificación. México: Trillas
    SHARPLEY, R. e TELFER, D. (Ed), (2002): Tourism and Development. Clevedon: Channel View
    URRY, J. (2002): The Tourist Gaze. Londres: Sage. 2ª ed.
    VERA, J., (Coord.), (2011): Análisis Territorial del Turismo y Planificación de Destinos Turísticos. Valencia: Tirant Lo Blanch

    Competencias
    -Entender a importancia da variable territorial nos estudos turísticos
    -Comprender que o turismo é moito máis que un conxunto de empresas e que esta actividade ten unhas implicacións territorias evidentes
    -Coñecer a existencia de múltiples tipoloxías de espazos turísticos e a complexidade e diferenza dos mesmos
    -Valorar o papel que pode e debe desenvolver a xeografía na xestión dos destinos turísticos
    -Saber utilizar as distintas ferramentas e instrumentos de planificación na xestión dos destinos turísticos

    Metodoloxía da ensinanza
    A impartición da parte teórica da materia inevitablemente terá que ser baseándose na tradicional clase maxistral, aínda que en todo momento se fomentará e valorará a participación activa do alumnado. Procuraranse desenvolver clases nas que se combine a transmisión de coñecementos co apoio das tecnoloxías da información e comunicación que faciliten ese proceso de adquisición e fixación de saberes.
    Polo que respecta ás aulas interactivas o seu contido estará centrado fundamentalmente na análise de textos e nos estudos de caso que sirvan para reforzar e fixar os coñecementos adquiridos na parte expositiva da materia. A participación activa do estudantado será moi importante.

    Sistema de evaluación
    O exame terá un valor do 60%
    Os traballos a realizar nas clases interactivas valerá o 30%. O profesor valorará con puntuación negativa cada práctica que non se entregue.
    A participación activa, a colaboración e a dinamización no desenvolvemento das aulas o 10%
    Será obrigatoria a asistencia ás titorías presenciais segundo o formato que se concrete na aula.

    Será necesario que nos dous primeiros items a nota mínima que se alcance en cadansua valoración sexa dun 3’5 sobre 10. No caso de suspender a materia a nota das partes aprobadas, se as houbese, non se gardará para a seguinte convocatoria. A ponderación será a mesma na proba ordinaria que na extraordinaria

    Proporase unha saída de campo, dependendo do financiamento existente, que será obrigatoria e que sumará como parte do 30% das aulas interactivas, restando valor no caso de non xustificar a inasistencia.

    En caso de dispensa solicitada oficialmente por un estudante será igualmente obrigatoria a entrega das prácticas previa consulta de datas co profesor. Os criterios de avaliación serán os mesmos incorporando o 10% de participación activa ao valor do exame escrito.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    - 32 horas teóricas presencias na aula.
    -16 horas de docencia interactiva con presencia na aula
    -3 horas de titorías presencias no despacho do profesor
    - 3 horas semanais (media) para estudo, lecturas e traballo coas fontes e interpretación de resultados, traballo de campo e titoría do traballo persoal.

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Ler a bibliografía básica.
    - Ler os artigos indicados que se correspondan coas prácticas marcadas.
    - Identificar claramente as dúbidas e consultalas.
    - Ler de xeito habitual os xornais, especialmente algúns artigos relacionados coa materia e comentalos.
    - Utilizar dicionarios de termos xeográficos para dominar a linguaxe específica e para acostumarse á precisión e á concreción.
    -Asistir asiduamente ás clases. Lémbrase que é unha obrigación