Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G3051421 - Instrumentos de Ordenación Territorial e Ambiental (Ordenación do Territorio) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeografía
  • Áreas: Xeografía Humana
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PRECEDO LEDO, ANDRES JOSE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Obxectivos da materia

    Esta materia ten como obxectivo principal achegar aos alumnos os coñecementos metodolóxicos necesarios para a redacción dun plan de ordenación do territorio dende un enfoque multidisciplinar e cun enfoque sistémico, co fin de facilitar a visión integradora do territorio.

    Polo seu contido inscríbese dentro das materias que posúen un carácter profesionalizante, de aí que se centre na dimensión práctica, mediante a aplicación dos coñecementos adquiridos ao longo do grado na ampla temática relacionada coa análise, a interpretación e a planificación do territorio.

    Obxectivos específicos

    1. Esta materia ten unha orientación fundamentalmente aplicada , xa que ten como obxetivo a aprendizaxe da metodoloxía para a redacción de plans e proxectos de ordenación do territorio.
    2. A partir dos coñecementos teóricos adquiridos na asignatura de Fundamentos de Ordenación do Territorio, o alumno deberá aplicar pos principios xerais á un estudio de caso..
    3. Asemesmo deberá adquirir a visión propositiva do análise territorial, dando o paso da evacuación da situación propia da metodoloxía de análise, á elaboración de propostas que aporten solucións viables a resolución dos problemas identificados.
    4. Tamén deberá desenvolver os contidos das devanditas propostas mediante a súa representación gráfica e cartográfica, tanto a escalas de panificación como a escalas locais de intervención urbana e territorial.
    5. Esta tarefa esixe o manexo práctico das escalas adecuadas a dimensión do problema que constitúe o obxeto de traballo do alumno. E que poderá ser de ámbito rexional, subrexional, metropolitano e comarcal.
    6. A comprensión do territorio, a análise sistémica, a avaliación estratéxica, a priorización das propostas e o deseño dos seus contidos, constitúen compoñentes esenciais que o alumno terá que desenvolver.
    7. En consecuencia, o curso ten unha orientación fundamentalmente práctica, sendo a finalidade última do mesmo a redacción dun proxecto de ordenación do territorio.



    Contidos
    Contidos

    Teóricos:
    1.-A lectura do territorio dende unha perspectiva sistémica.
    2.-A visión estratéxica nos análises territoriais.
    3.-O sistema urbano como estrutura que articula o desenvolvemento integrado do territorio.
    4.-As áreas metropolitanas e as rexións urbanas como escalas de intervención territorial.
    5.-A comarca: un espazo intermedio de ordenación do territorio.
    4.- Metodoloxías de planificación e intervención territorial.
    Estudo de casos
    1. Os modelos de planificación do territorio en Europa:estudo de casos.
    2.-Unha revisión das políticas e plans de ordenación do territorio en España dende unha perspectiva aplicada.
    3.-Unha síntese dos instrumentos de ordenación do territorio a nivel estatal e das Comunidades Autónomas.
    5.-Análise dos instrumentos das Comunidades Autónomas dende o punto de vista da súa capacidade para resolver os problemas fundamentais dos respectivos territorios, atendendo a súa especificidade.
    6.- Estudo especial dos instrumentos de ordenación do territorio no Sistema Territorial do Norte de España.
    7.-Estudo especial do sistema territorial de Galicia e das propostas de planificación territorial.
    8.-Estudo de proxectos territoriais.
    Práctico: Elaboración de un proxecto de planificación territorial.Tamén realizarase unha salida de campo co fín de aplicar os coñecementos teóricos a realidade galega.


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografia Básica:

    Bielza de Ory,V.-Introdución a la planificación territorial estratégica.( 2009) Prensas Univesitarias de Zragoza. Universidad de Zaragoza.
    Bielza de Ory, Vicente, Escolano,S, Gorría,A y Ibarra,P..-De la ordenación a la planificación territorial estratégica en el ámbito regional-comarcal.(2010) Prensas Universitarias de Zaragoza. ,Universidad de Zaragoza.

    .
    Bibliografía Complementaria

    -Deyon, P. et Frémont, A. (2000): La France et l´amenagement de son territoire (1945-2015). Dexia, Éditions Locais de France. Paris
    -Folch, R. (Coord.) (2003): El territorio como sistema. Conceptos y herramientas de ordenación. Diputaciò de Barcelona. Barcelona.
    -Hildebrand Scheid, A. (1996): Políticas de Ordenación del Territorio en Europa. Universidad de Sevilla y Consejería de Obras Públicas y Transporte de la Junta de Andalucía. Sevilla.
    -Mazón, T. (1997): Introducción a la planificación urbana. Ed. Aguaclara. Alicante.
    -Moya González, L. (Ed..) (1994): La práctica del planeamiento urbanístico. Ed.. Síntesis. Madrid.
    Precedo Ledo, A (1996).-Ciudad y Desarrollo Urbano. Ed Sínteiis.Madrid.
    Precedo Ledo,A (2004).-Nuevas realidades territoriales para el siglo XXI. Ed Sínteiis.Madrid,
    -Pujadas, R. y Font, J. (1998): Ordenación y planificación territorial. Ed. Síntesis. Madrid.
    -Rodríguez González, F. (Ed.) (1999): Manual de Desarrollo Local. Ed. Trea. Gijón.
    -Tarroja, A. y Camagni, R. (Coords.) (2006): Una nueva cultura del territorio. Criterios sociais y ambientales en las políticas y el gobierno del territorio. Ed.. Diputaciò de Barcelona. Barcelona.

    Competencias
    Competencias

    1.- Comprender o territorio dende unha perspectiva sistémica e cunha visión estratéxica.
    2.- Completar a mentalidade analítica cunha visión propositiva.
    3.- Aprender a identificar e priorizar os problemas de cara a búsqueda de solucciós.
    4.- Concretar as propostas mediante o deseño de actuación no territorio.
    5. Manexar a cartografía e a planimetría máis representativa da Ordenación Territorial nas súas diferentes escalas
    6. Saber diferenciar os documentos e obxectivos da Ordenación a escala supralocal do planeamento urbanístico
    7. Desenvolver a análise crítica dos documentos de Ordenación e Planificación territorial. Aprender a sintetizar os principais obxectivos contidos nos mesmos.
    8. Manexar as lendas e as gamas de cores necesarias para poder confeccionar algún mapa ou plano inicial dun documento de Ordenación.
    9. Aplicar os soportes tecnolóxicos aprendidos (SIG) a elaboración da información dun documento de planificación territorial.
    10. Utilizar distintos exemplos de provisión de servizos públicos e equipamentos á poboación como práctica ordenadora concreta.


    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía seguida ten un carácter eminentemente práctico e aplicado. Tendo isto en conta, a ordenación dos contidos, a programación dos traballos prácticos e a sesións de titorías está pensada para que o alumno poda ir desenvolvendo dun xeito progresivo o seu proxecto final, sendo así que dito proxecto deberá constituír unha demostración práctica do grado de madurez acadado polo alumno no que atinxe ós contidos teóricos, ós obxectivos específicos e as competencias.
    Simultanearánse sesións teóricas, interactivas e prácticas, estando as primeiras preferentemente adicadas ó estudo de casos e as segundas ó desenvolvemento das competencias requeridas..

    Sistema de evaluación
    Sistema de avaliación da aprendizaxe.

    • Dado que o curso ten um caráter prático, a avaliación do rendimento acadêmico do aluno faráse principalmente a partir dos seguintes critérios.

    • A) Examen de coñecementos (40% da cualificación final).
    • B) Práctica de diseño territorial:10%
    • C) Avaliación do proxecto 40% dá cualificación final: 20% pola realización e 20% pola exposición e defensa).
    • D) Participación: 10%

    • - Valorarase a asistencia a clase. Para liberar a materia mediante evaluación continuada haberá que alcanzar un 85% na asistencia a clase.

    • Para aprobar a materia é necesario acadar un mínimo de aprobado en cada un dos criterios de avaliación sinalados.

    • Os criterios para a avaliación do proxecto final son os do apartado de obxectivos específicos e das competencias, co fin de comprobar si o alumno acadou o rendemento esperado co programa.
    • Faise constar que estes criterios de avaliación son aplicables nas duas convocatórias previstas




    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

    A materia ten unha carga de traballo persoal de 150 horas (6 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais.


    Recomendacións para o estudo da materia
    • Se recomenda acordar co profesor ó comezo do curso o tema do proxecto final, co fin de ir aplicando ó mesmo os sucesivos coñecementos derivados das clases teóricas, dos estudos de caso e das prácticas, seguindo a programación do curso. Dita programación e gradual e está pensada para ir levando ó alumno ata o obxetivo final do programa: a redacción do proxecto