Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G3051441 - Sistemas de transportes: Mobilidade e accesibilidade (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeografía
  • Áreas: Xeografía Humana
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PAZOS OTON, MIGUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Comprender a diversidade e complexidade dos sistemas de transporte na actualidade e a súa importancia nos ámbitos económico, social e ambiental, así como as relacións co territorio
    - Coñecer os fundamentos teóricos do estudo xeográfico do tarnsporte e a mobilidade
    - Comprender a evolución histórica do transporte e o papel dos diferentes modos e sistemas de transporte, así como o papel das terminais
    - Analizar a implicacións entre transporte, mobilidade e territorio a través das diferentes escalas xeográficas, así como as problemáticas concretas do transporte en espazos rurais e urbanos
    Contidos
    1. Transporte, mobilidade e accesibilidade. Definición e cuestións teóricas
    1.1. Transporte, mobilidade e accesibilidade. Definicións
    1.2. Transporte e mobilidade de persoas, mercadorías, información e capitais
    1.3. A Xeografía do Transporte e a Mobilidade
    1.4. A compresión espazo-temporal e o papel da mobilidade
    1.5. Novas tecnoloxías e mobilidade
    1.6. O “mobility turn”. O novo paradigma da mobilidade nas Ciencias Sociais
    1.7. Sistemas de transportes, mobilidade e accesibilidade: un campo de estudos interdisciplinar

    2. Evolución dos estudos de transporte e mobilidade ao longo do tempo
    2.1. Era pre-industrial (ata 1800)
    2.2. Revolución industrial (1800-1870)
    2.3. Os sistemas de transportes modernos (1870-1920)
    2.4. A era fordista (1920-1970)
    2.5. A era postfordista (1970 en adiante)

    3. Os modos e sistemas de transporte
    3.1. Transporte por estrada
    3.2. Transporte por ferrocarril
    3.3. Tuberías, gasoductos e oleoductos
    3.4. Transporte marítimo
    3.5. Transporte aéreo
    3.6. Competición modal
    3.7. Intermodalidade. Sistemas integrados de transporte. Autoridades e consorcios de transporte.

    4. As terminais de transporte
    4.1. Concepto de terminal de transporte
    4.2. Terminais de pasaxeiros. Concepto. Localizacións absolutas e relativa. Planificación, deseño, arquitectura e imaxe nas terminais de pasaxeiros. Intermodalidade. Custos, xestión e explotación. Tipos de terminais de pasaxeiros. Seguridade. Casos de estudo.
    4.3. Terminais de mercadorías. Concepto. Localizacións absolutas e relativa. Planificación das terminais de mercadorías. Intermodalidade. Custos, xestión e explotación. Tipos de terminais de mercadorías. Seguridade. Casos de estudo.

    5. Transporte e mobilidade internacional e rexional
    5.1. Transporte, globalización e comercio internacional
    5.2. Transporte rexional
    5.3. Xeografía da mobilidade de persoas a través das diferentes escalas: da internacional ao rexional
    5.4. Xeografía da loxística e a distribución a través das diferentes escalas: da internacional ao rexional

    6. Transporte urbano
    6.1. O papel do transporte na vida urbana
    6.2. Tendencias e patróns da mobilidade urbana. O reparto modal urbano
    6.3. Os desprazamentos pendularies diarios. Os commuters
    6.4. Principais problemas do transporte e a mobilidade urbana
    6.5. Principais solucións do transporte e a mobilidade urbana

    7. Transporte rural: o problema da accesibilidade
    7.1. Conceptos básicos
    7.2. Problemas e solucións do transporte rural nos países desenvolvidos de altas densidades
    7.3. Problemas e solucións do transporte rural nos países desenvolvidos de baixas densidades
    7.4. Problemas e solucións do transporte rural nos países en vías de desenvolvemento


    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    COMISIÓN EUROPEA (2011): Libro Blanco. Hoja de ruta hacia un espacio único europeo de transporte: por una política de transportes competitiva y sostenible. Disponible en: http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=COM:2011:0144:FIN:ES:PDF

    CRESSWELL, T. (2006): On the move. Mobility in the modern Western World. Routledge. New York.

    DENNIS, K. y URRY, J. (2009): After the car. Polity Press. Cambridge.

    HOYLE, B. e KNOWLES, R. (1999): Modern Transport Geography. Wiley. Chichester, UK.

    URRY, J. (2007): Mobilities. Polity. Cambridge.

    RODRIGUE, J.P.; COMTOIS, C. E SLACK, B. (2006): The Geography of Transport Systems. Routledge. New York.



    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

    ADAMS, J., 2000. The social implications of hypermobility. Proceedings of the Workshop on The Economic and Social Implications of Sustainable Transportation, Ottawa, pp. 95–134. Available at: http://www1.oecd.org/env/docs/epocppct993.pdf

    BLASCO, A. (2001): Turismo y transporte. Madrid: Síntesis.

    DÍAZ, L.; PLAT, D.; POCHET, P. (2008): Caminar y nada más. Movilidad diaria y pobreza en las ciudades subsaharianas. Scripta Nova. Revista Electrónica de Geografía y Ciencias sociales. Barcelona: Universidad de Barcelona, 15 de marzo de 2008, vol. XII, núm. 261http://www.ub.es/geocrit/sn/sn-261.htm

    ELLIOT, A. e URRY, J. (2010): Mobile lives. Routledge.

    FAWCETT, P. (2009): Rural Transport – A Guide. ICENI

    GARCÍA PALOMARES, J.C. y GUTIÉRREZ PUEBLA, J.C. (2007): Pautas de la movilidad en el área metropolitana de Madrid. Cuadernos de Geografía, nº 81-82, págs. 7-29. http://www.uv.es/cuadernosgeo/CG81_82_007_030.pdf

    GIAMPINO, A. (2010): ¿Metrópolis dispersas? http://www.aq.upm.es/Departamentos/Urbanismo/publicaciones/ciur72.html

    GUTIÉRREZ PUEBLA, J. (1998): Redes, espacio y tiempo. Anales de Geografía da la Universidad Complutense, págs. 65-86.http://revistas.ucm.es/ghi/02119803/articulos/AGUC9898110065A.PDF

    GUTIÉRREZ PUEBLA, J. (1998): Transporte, movilidad y turismo en los centros históricos. Ería, nº 47, págs. 241-248.

    HJORTHOL, R.J., 2002. The relation between daily travel and use of the home computer. Transportation Research Part A 36, 437 –452.

    MIRALLES i GUASCH, C. (2002): Transporte y territorio urbano: del paradigma de la causalidad al de la dialéctica. Documents d'anàlisi geogràfica, nº 41, págs. 107-120 http://ddd.uab.es/pub/dag/02121573n41p107.pdf

    MIRALLES i GUASCH, C. e CEBOLLADA, À. (2009): Movilidad cotidiana y sostenibilidad: una interpretación desde la geografía humana. Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, nº 50, págs. 193-216. http://age.ieg.csic.es/boletin/50/08%20MIRALLES.pdf

    PAZOS OTÓN, M. (2003): El estudio geográfico de la movilidad: un análisis histórico-evolutivo. Xeográfica, volume 3, páxinas 101-119. Departamento de Xeografía. Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela.

    POZUETA ECHÁVARRI, J. e OJAUGUREN MÉNDEZ, S. (2005): Situación y perspectivas de la movilidad en las ciudades. Visión general y el caso de Madrid. Cuadernos de Investigación Urbanística, nº 45. Universidad Politécnica de Madrid.http://www.aq.upm.es/Departamentos/Urbanismo/publicaciones/ciur45.html

    RIBALAYGUA BATALLA, C. (2005): Alta velocidad ferroviaria y ciudad: estrategias de incorporación de las nuevas estaciones periféricas francesas y españolas. Cuadernos de Investigación Urbanística, nº 44. Universidad Politécnica de Madrid.http://www.aq.upm.es/Departamentos/Urbanismo/publicaciones/ciur44.html


    Competencias
    - Comprender a diferenciación entre os conceptos de transporte, mobilidade e accesibilidade

    - Valorar o papel estructurante do transporte e a mobilidade no territorio

    - Coñecer a importancia que teñen as variables persoais e outro tipo de variables na utilización dos diferentes modos de transporte

    - Comprender como inflúen as diferentes escalas territoriais na organización dos sistemas de transporte

    - Analizar as variacións nas pautas de mobilidade e no reparto modal en función das características concretas dos diferentes territorios

    - Plantexarse a evolución futura dos sistemas de transportes en relación coa sustentabilidade

    Metodoloxía da ensinanza
    Desenvolveranse clases expositivas (explicación dos conceptos teóricos polo profesor) e clases interactivas.

    As segundas constarán de análises de textos, debates a partir de temas propostos polo profesor e visualización e comentario de materiais audiovisuais.

    De cada clase interactiva, os alunos deberán entregar ao profesor un pequeno informe.

    Cada alumno deberá entregar ao profesor (como moi tarde o día do exame oficial) un traballo sobre un tema concreto que elixirá coa supervisión do profesor nas tres primeiras semanas de clase, a partir dunha listaxe que o docente facilitará o primeiro día de clase.

    Haberá unha saída de campo que se desenvolverá no casco urbano de Santiago de Compostela, da que os alumnos deberán realizar un informe, que deberán entregar ao profesor.
    Sistema de evaluación
    A cualificación final virá dada por un exame, que suporá o 50 % da mesma. O restante 50 % da cualificación virá dado polo aproveitamento das clases interactivas, a saída de campo, os informes das mesmas e o traballo da asignatura.

    A saída de campo e o informe correspondente suporán o 25 % da cualificación total da parte interactiva.

    Estes criterios serán os mesmos na primeira edición da convocatoria que na segunda.

    A cualificación da parte interactiva da primeira edición da convocatoria (se o alumno non a supera a materia nela) pode gardarse para a segunda en caso de que o alumno o solicite ao profesor.

    O alumnado que falte a algunha clase interactiva poderá compensar a súa ausencia coa realización dun traballo que lle sexa encomendado polo profesor.




    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten unha carga de traballo persoal de 150 horas (6 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais.
    Recomendacións para o estudo da materia
    É recomendable facer un seguimento da actualidade, a través da prensa diaria ou outras fontes, no que atañe ás noticias relacionadas coa materia