G3051442 - Recursos edáficos (Materias optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 32.00
- Clase Interactiva Seminario: 16.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
- Centro: Facultade de Xeografía e Historia
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO solo é unha parte esencial dos ecosistemas, realiza funcións ambientais e produtivas imprescindibles para a vida na terra e constitúe un recurso non renovable que precisa ser protexido e conservado e, polo tanto, ser tido en conta nos procesos de xestión ambiental e ordenación do territorio.
Ao longo do curso se pretende que os estudantes adquiran coñecementos básicos sobre:
- A composición, organización e propiedades do solo, os diferentes tipos de solos do mundo, os factores e procesos que gobernan a súa formación, distribución e evolución, así como o seu papel no medio ambiente e na ordenación e uso dos recursos.
- Os aspectos metodolóxicos máis importantes para a caracterización dos solos e a súa interpretación.
- As ferramentas máis importantes para á utilización da información de solos para a súa aplicación aos estudios de xestión ambiental e ordenación do territorio proporcionando nocións básicas sobre cartografía e avaliación dos solos.
De forma xeneral se pretende espertar o interese dos estudantes pola ciencia do solo, o seu carácter aplicado e inculcar a necesidade de compromiso co autoaprendizaxe.
ContidosPROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
I. A NATUREZA DO SOLO
1. A ciencia do solo. Desenvolvemento histórico e relación con outras ciencias.
2. Concepto de solo. O solo como sistema. Funcións produtivas e ambientais do solo. Ameazas.
3. Organización do solo. Da edafosfera á microestrutura. Pedion, perfil e horizontes. Nomenclatura dos horizontes do solo
4. Compoñentes do solo. Natureza, composición, propiedades e métodos de estudio. Fase sólida: compoñentes minerais e orgánicos. Fase líquida: a auga do solo. Fase gasosa: a atmosfera do solo. A biota do solo
II. PROPIEDADES DO SOLO
1. Propiedades físicas. Color. Textura. Estrutura. Densidade. Porosidade. Permeabilidade. Temperatura.
2. Propiedades físico-químicas. Fundamentos da reactividade do solo. Reaccións de disolución-precipitación. Interaccións superficiais: Cambio iónico y retención de ións. Reaccións ácido-base: pH e acidez do solo. Procesos de oxidación-redución
III. A FORMACIÓN DO SOLO: FACTORES E PROCESOS
1. Factores de formación. Influencia na formación e características do solo dos factores ambientais: material de partida, clima, relevo, organismos e tempo. A influencia humana.
2. Procesos de edafoxénese. Meteorización, empardecemento e rubefacción. Descomposición da materia orgánica: humificación e mineralización. Condicións redutoras e alternancia de condicións de oxidación redución. Maduración. Edafoturbación. Eluviación e iluviación de arxila. Podzolización. Acumulación secundaria de xeso e carbonato cálcico. Salinización e sodificación. Formación de horizontes densos e cementados
IV. CLASIFICACIÓN DE SOLOS
1. A clasificación de solos. Principios e problemática. Evolución histórica da clasificación de solos. Tipos de clasificacións de solos.
2. Clasificacións modernas. Base Referencial Mundial do Recurso Solo (FAO, IUSS, ISRIC). Taxonomía de Solos (USDA).
2. A Base Referencial Mundial do Recurso Solo. Estrutura e regras de uso. Horizontes, propiedades e materiais de diagnose. Grupos de referencia e unidades de segundo nivel.
V. TIPOLOXÍA E DISTRIBUCION DE SOLOS
1. Grupos de referencia da Base Referencial Mundial do Recurso Solo. Descrición, distribución, manexo e uso
- Solos con capas orgánicas grosas: Histosols
- Solos con forte influencia humana: Antrosols, Tecnosols.
- Solos con enraizamento limitado: Criosols, Leptosols
- Solos influenciados pola auga: Vertisols, Fluvisols, Solonetz, Solonchaks, Gleysols
- Solos regulados pola química do Fe/Al: Andosols, Podzols, Plintosols, Nitisols, Ferralsols
- Solos con capa de auga estancada: Planosols, Stagnosols
- Solos con acumulación de materia orgánica e alta saturación en bases: Chernozems, Kastanozems, Phaeozems.
- Solos con acumulación de sales menos solubles que o xeso ou substancias non salinas: Gipsisols, Calcisols, Durisols
- Solos con subsolo enriquecido en arxila: Albeluvisols, Alisols, Acrisols, Luvisols, Lixisols
- Solos relativamente xoves ou con pouco ou sen desenvolvemento do perfil: Umbrisols, Arenosols, Cambisols, Regosols.
2. Ordes da Taxonomía de Solos: Entisols. Inceptisols. Vertisols. Aridisols. Mollisols. Alfisols. Ultisols. Spodosols. Oxisols. Equivalencia coa Base Referencial Mundial do Recurso Solo.
VI. O SOLO E A ORDENACION DO TERRITORIO. CARTOGRAFÍA E AVALIACIÓN DOS RECURSOS EDÁFICOS.
1. Cartografía de solos. Unidades cartográficas. Tipos de mapas de solos.
2. Avaliación de solos. A necesidade de avaliar os solos: funcións ecolóxicas, podutivas e aspectos socio-económicos. Parámetros intrínsecos e extrínsecos para a avaliación. Tipos de sistemas de avaliación de solos: metodoloxía e obxectivos.
3. Exemplos de sistemas de avaliación: Clases Agrolóxicas do USDA. Soil Fertility Capability Classification. O Esquema FAO de Avaliación de Terras. Sistemas de avaliación para fines non agronómicos.
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS
A docencia interactiva ten como obxectivo fundamental capacitar aos estudantes para a coñecemento das técnicas básicas de caracterización morfolóxica e físico-química dos solos, a interpretación e valoración das súas propiedades e o uso da información de solos para a súa aplicación á interpretación do medio físico e a ordenación do territorio. Para o seu desenvolvemento se porá especial énfase nos solos máis representativos da cobertura edafolóxica de Galicia.
Laboratorio / Seminarios
- Morfoloxía de solos. Recoñecemento e descrición de un solo. Preparación de mostras para análise.
- Técnicas básicas de caracterización de solos: determinación do pH, contido en materia orgánica, análise granulométrica e capacidade de intercambio de catións.
- Interpretación de datos xerais de solos.
- Interpretación e clasificación de solos.
- Os mapas de solos. Información e uso
- Manexo de sistemas de avaliación de solos.
- Posta en común do traballo teórico-práctico.
Práctica de campo: 1 xornada de campo. 6 horas. Orientada á interpretación dos factores de formación, a morfoloxía, as propiedades e os procesos de edafoxénese de diferentes tipos de solos de Galicia.
Traballo teórico-práctico: Traballo en grupo (máximo 4 persoas) orientado á aplicación dos coñecementos adquiridos ao longo do curso. Consistirá na interpretación e avaliación dos recursos edáficos dun territorio utilizando a información de gabinete dispoñible e incluíndo a descrición de alomenos dous perfiles edáficos.
TITORÍAS: Resolución de problemas e dúbidas dos estudantes
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica
- DRIESSEN PM, DECKERS, JA. SPAARGAREN, OC AND NACHTERGAELE FO (Eds.). 2001. Lecture Notes on the Major Soils of the World. World Soil Resources Reports 94. Food and Agriculture Organization of the United Nations, Rome. http://www.isric.org/Isric/Webdocs/Docs/Major_Soils_of_the_World/start.pdf ftp://ftp.fao.org/agl/agll/docs/wsrr94e.pdf
- IUSS Grupo de trabajo WRB. 2007. Base Referencial Mundial del Recurso Suelo. Un marco conceptual para la clasificación, correlación y comunicación internacional. Informes sobre Recursos Mundiales de Suelos 103. FAO, Roma. http://www.fao.org/docrep/011/a0510s/a0510s00.HTM
- PORTA, J., LÓPEZ-ACEVEDO, M., POCH, R.M. 2008. Introducción a la Edafología. Uso y protección del suelo. Mundi-Prensa.
Bibliografía complementaria
- EUROPEAN SOIL BUREAU NEWORK. 2005. Soil Atlas of Europe. European Comission, Office for Official Publications of the European Communities, Louxemburg. http://eusoils.jrc.ec.europa.eu/projects/soil_atlas/Download.cfm
- GERRARD, J. 2000. Fundamentals of Soils. Routledge. London.
- INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL. 2006. Geología, Geomorfología y Edafología. Monografías del Atlas Nacional de España. Centro Nacional de Información Geográfica. Madrid.
- JUMA, N.G. 1999. The Pedosphere and its Dynamics. A Systemes Approach to Soil Science. Vol1. Salman Productions, Edmonton.
- MACÍAS, F. & CALVO, R. 2001. Atlas de Galicia. Solos. Consellería de Presidencia, Xunta de Galicia.
- PORTA, J., LÓPEZ-ACEVEDO, M. 2005. Agenda de campo de suelos. Información de suelos para la agricultura y el medio ambiente. Mundi-Prensa.
- PORTA, J., LÓPEZ-ACEVEDO, M., ROQUERO, C. 2003. Edafología. Para la agricultura y el medio ambiente. Mundi-Prensa.
CompetenciasDisciplinares
- Coñecemento básico dos conceptos, a metodoloxía, as ferramentas e a terminoloxía científica propia da ciencia do solo e disciplinas relacionadas.
- Coñecemento da diversidade de solos do mundo, os factores e procesos que determinan a súa formación e as causas da súa distribución.
- Capacidade para comprender e aplicar a información de solos a estudios do medio físico, xestión ambiental e a ordenación do territorio.
- Manexo de bibliografía especializada.
- Adquirir destrezas para o traballo de campo, integración de información experimental con coñecementos teóricos e para a elaboración de informes.
Transversais
- Capacidade de análise e síntese e resolución de problemas.
- Traballo en equipo.
- Razoamento crítico e aprendizaxe autónomo.
- Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos á práctica.
- Comunicación oral e escrita.
- Adaptarse a novas situacións.
- Sensibilidade cara os temas medioambientais
Metodoloxía da ensinanza Nas clases expositivas, nas que se presentaran os aspectos básicos da materia, utilizaranse medios audiovisuais e facilitarase aos estudantes, a través do campus virtual da USC, o material básico para o seguimento das clases teóricas así como material complementario (textos, gráficos e táboas de uso habitual na materia) para fomentar a participación e a discusión durante a clase. Tamén se empregarán recursos informáticos por medio de enlaces a páxinas web con abundante información edafolóxica.
As clases interactivas se centrarán no traballo persoal dos estudantes baixo a tutela e dirección do profesorado para tratar aspectos da materia que non se poden contemplar nas clases teóricas e abordar a resolución de problemas e aspectos aplicados da ciencia do solo. No traballo de campo e no laboratorio o traballo persoal do estudante orientarase á fomentar a capacidade de observación e descrición, o coñecemento dos procesos de manipulación de mostras de solo e das técnicas de análise e a valoración e interpretación dos resultados.
Sistema de evaluaciónPara a avaliación terase en conta a asistencia e participación nas actividades presenciais (10% da cualificación final), a calidade e orixinalidade dunha memoria individual sobre as actividades interactivas realizadas ao longo do curso (20% da cualificación final) e dun traballo teórico-práctico en grupo (20% da cualificación final) e se realizará un exame final sobre os contidos teórico prácticos da materia (50% da cualificación final)
a) Exame final (50% da cualificación final). Constará de cuestións sobre o programa de teoría (70% da cualificación do exame) e sobre as actividades interactivas (30% da cualificación do exame).
b) Traballo teórico-práctico (20% da cualificación final). Os estudantes deberán presentar unha memoria do traballo realizado. Para a súa avaliación se terá en conta a calidade e orixinalidade da memoria e a súa presentación na aula.
c) Memoria das actividades interactivas (20% da cualificación final). Os estudantes deberán presentar un informe individual sobre as actividades realizadas durante as clases interactivas (incluirá as activades realizadas, os resultados obtidos e a súa interpretación). Se valorará a calidade da memoria, a claridade na presentación dos resultados e a súa correcta interpretación.
d) Asistencia a clases teóricas e prácticas (10% da cualificación final). Se valorará en función de controles de asistencia, participación activa e aproveitamento nas actividades presenciais.
Para superar a materia é obrigatorio ter realizadas as actividades correspondentes aos criterios de avaliación a), b) e c), acadando en cada un deles unha puntuación de alomenos 1/3 do seu valor. A cualificación final, que sairá da suma das puntuacións de cada un dos criterios de avaliación, deberá ser alomenos de 5,0
Non se poderá superar a materia sen ter entregada a memoria do traballo teórico-práctico. No caso de non ter asistido a alomenos a metade das clases interactivas se deberá realizar e aprobar un exame práctico que incluirá cuestións e problemas sobre a materia impartida. O seu valor suporá un 20% da cualificación final.
Para poder superar a materia na segunda opción (xullo) haberá que realizar as probas non superadas na primeira opción (exame final, exame práctico de selo caso) e presentar o traballo teórico-práctico e/ou a memoria das actividades interactivas de non telo feito con anterioridade ou non ter acadada a puntuación mínima.
As cualificacións do traballo terórico-práctico e da memoria das actividades interactivas, en caso de ter superada a puntuación mínima, conservaranse ata o final do seguinte curso académico.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial na aula:
- Docencia teórica en aula: 32 h (en horario 28)
- Prácticas de campo: 6h
- Laboratorio / Seminarios: 10h
- Titorías: 3h
- Realización de exames: 3h
Traballo persoal:
- Estudio individual e preparación do exame final: 50h
- Elaboración de memorias de prácticas e seminarios: 10h
- Elaboración do traballo teórico-práctico: 20h
- Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 13h
- Asistencia a charlas ou outras actividades recomendadas: 3h
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia e a participación activa nas actividades docentes, expositivas e interactivas.
Co obxectivo de fomentar a participación nas clases, se recomenda a realización das actividades que se plantexen ao longo do curso e, en especial, o traballo coa información subministrada a través do Campus Virtual, antes das clases expositivas e interactivas.
Uso de bibliografía especializada, non só dos libros de texto, senón de artigos de investigación e de divulgación científica.
Distribuír o traballo persoal (estudio, realización de traballos, lecturas, etc.) ao longo do semestre.
Uso das horas de titorías para resolver calquera dúbida que xurda durante o estudio da materia, ao longo do curso.