Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Xeografía e Historia  »  Información da Materia

G3051443 - Paleoambiente e cambio climático (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 32.00
  • Clase Interactiva Seminario: 16.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Xeografía
  • Áreas: Xeografía Física
  • Centro: Facultade de Xeografía e Historia
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
ROYE , DOMINIC.NON
VALCARCEL DIAZ, MARCOS.SI
VALCARCEL DIAZ, MARCOS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    • Conseguir un coñecemento básico dos conceptos de Paleoambiente, Cambio Ambiental, Cuaternario, Pleistoceno e Holoceno.
    • Acadar o manexo da terminoloxía sobre o cambio climático.
    • Introducir ao alumno na comprensión das diferentes relacións que se producen entre os cambios globais e os procesos desencadeados.
    • Proporcionarlle ao alumno un coñecemento básico sobre o estudo dos cambios ambientais acaecidos no Cuaternario.
    • Establecer o papel que as actividades humanas xogaron nos cambios ambientais

    Contidos
    ACTIVIDADES EXPOSITIVA-INTERACTIVAS
    1.- Conceptos de cambio ambiental e paleoambiente, arquivos e sinais.
    2.- O período Cuaternario.
    3.- Técnicas de datación aplicadas o estudio do Cuaternario.
    4.- Escalas de cambios ambientais: causas e consecuencias globais.
    5.- O papel do home nos cambios ambientais.

    Bibliografía básica e complementaria
    ANDERSEN, B. G. & BORNS, H. W. (1992): The Ice Age World. Scandinavian University Press.
    BELL, M. & WALKER, M. C. J. (1992): Late quaternary environmental change. Phisical & human perspectives. Longman Scientific & Technical. Londres.
    BERGLUND, B.E. (1996). Palaeoecological events during the last 15000 years : regional syntheses of palaeoecological studies of Lakes and Mires in Europe. John Wiley & Sons, Chichester, Englad.
    FRENZEL, b. (1991). Evaluation of climate proxy data in relation to the European Holocene. Spècial Issue: ESF Project. Verlag, Stuttgart, Germany.
    MACKAY, A., BATTARBEE, R., BIRKS, J., OLDFIELD, F. (2005). Global change in the Holocene. Hodder Arnold, Londdon, England.
    ROBERTS, N. (1998). The Holocene. An environmental history. Blackwell Publishing, Oxford, England.
    WALKER, M. (2005). Quaternary dating methods. John Wiley & Sons, Chichester, England.
    WARNER, B.G. (1990). Methods in Quaternary Ecology. Geological Association of Canada Publications, Mississauga, Ontario, Canada.

    Competencias
    Xerais
    .-Capacidade de organización e planificación.
    .-Capacidade de razoamento crítico e autocrítico.
    .-Capacidade de análise e síntese.
    .-Capacidade de xestión da información: recompilación sistemática, organización, selección, e presentación de toda clase de información.
    .-Usar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.
    .-Capacitación para o traballo en equipos de carácter interdisciplinar. Habilidades nas relacións interpersoais. Creatividade. Toma de decisións. Xerar acordos en equipos interdisciplinares.
    . -Capacitación para a aprendizaxe autónoma. Iniciativa e espírito emprendedor.
    . -Dotar de capacidade para entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas.

    Específicas:
    .-Identificar os factores que interveñen na dinámica dos diferentes ambientes Pleistocénicos-Holocénicos en Galicia.
    .-Ser capaces de integrar os modelos locais e rexionais aos modelos globais de cambio climático.
    .-Coñecer as ferramentas propias para a análise dos medios cuaternarios.
    .-Desenvolver a capacidade de realizar un estudo do medio desde a óptica do paleoambiente.

    Metodoloxía da ensinanza
    O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posible, en función da extensión de cada tema, combinando a docencia expositiva coa interactiva (prácticas de aula e de campo). A parte teórica desenvolverase na clase, e tamén a través das actividades non presenciais.

    Estas actividades non presenciais consistirán na lectura e comentario crítico de textos que se citarán, facendo fincapé no estudo dos arquivos paleoambientais, e que o alumno entregará por escrito.

    Realizarase traballo de campo de acordo ao horario oficial da materia. A saida de campo terá lugar, en coordinación con outras asignaturas, si o orzamento o permite. O alumnado deberá entregar unha memoria escrita de dita actividade.

    Sistema de evaluación
    Ao inicio da materia entregarase ao alumnado un documento con cuestións abertas que terán que ir contestando ao longo das actividades, e entregar ao remate da materia para a súa avaliación. Así mesmo valorarase o aproveitamento das prácticas realizadas cos textos científicos e as actividades de campo desenroladas. Valoraráse moi positivamente a participación nas clases.

    Os requisitos para superar a materia serán os seguintes:

    1.-Proba obxectiva (50 % da nota).
    2.-Traballo de análise dos textos propostos (30 % da nota).
    3.-Memoria interpretativa das actividades de campo (20 % da nota).

    Non se poderá superar a materia se non se realizan todos os traballos propostos.

    Na convocatoria extraordinaria de xullo rexirán os mesmos criterios que para a ordinaria.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de asistencia ás aulas e de estudo e traballo persoal para superar a materia será aproximadamente o seguinte:

    - horas presenciais, repartidas entre horas expositivas e interactivas: 42
    - horas titorias: 3

    - Como media recoméndase 3 horas de estudo por cada hora de teoría.

    - estímase en 30 h o tempo adicado á elaboración da memoria de prácticas, preparación de traballos e cuestionario.

    Recomendacións para o estudo da materia
    1)Traballo continuado ó longo do período de aulas.

    2) Realización inmediata das actividades prácticas que se propoñan.